13 dic 2018

BO NADAL

Felices vacacións de Nadal e ventureiro ano 2019


DEUS NACE GALEGO 

PRIMEIRA PANXOLIÑA GALEGA
Deus nace galego, de 1637
Ay! Se nosso Deus galego se faze 
vamos a cantar á chozinha em que nace
Ay! Se a sua May é de Compostela,
vamos a cantar fermosa galega
Todo galeguinho toque charumbela
Que o menino bello é da nosa terra.
Façamoslle todos a dança galega
Que está desnudinho e chora e tembra 
Pois nace en Galiça, á falda da serra,
galego se faze é da nosa.







PANXOLIÑA DO NADAL
I
Hai un vento cheo de frío
apousado nos camiños.
E no ar un asubío
todo cheo de aloumiños.
pero un vento milagreiro
nascerá pol-o Nadal.
Brilará coma un luceiro
pra alomear o portal.
II
Xa nas ponlas dun carballo
nasceu un vento ventiño;
ten doces versos de orballo
e azas de paxariño.
Ten azas de paxariño
e craridades de día,
que llas deu Jesús Neniño
e Santa Virxe María.

Manuel María
Lugo, Nadal, 1951



23 nov 2018

SIMPOSIO MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ

A VINDEIRA SEMANA, E CONVOCADO CONXUNTAMENTE POLA RAG E A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN,
 TERÁ LUGAR UN SIMPOSIO SOBRE MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ. 
SERÁ NA SEDE DA RAG OS DÍAS 27 E 28 DE NOVEMBRO. inscricións antes do 27 de novembro.
AS PERSOAS INTERESADAS EN ISNCRIBIRSE O PODERÁN FACER MANDANDO UN CORREO A publicacions@academia.gal. 
prazas limitadas a 90 asistentes (por orde de inscrición) 
Máis información na web da RAG

21 nov 2018

en galego, tamén a ciencia

IX día da ciencia en galego
novembro18
máis información en cienciagengalego.org

17 oct 2018

FONTÁN, CIENTÍFICO GALEGO


A Real Academia Galega de Ciencias nomeou o matemático Domingo Fontán (1788-1866) Científico Galego 2018, tras cumprírense en 2017 dous séculos do momento en que iniciou a elaboración da Carta geométrica de Galicia, un mapa moderno e rigoroso do territorio galego que levantou mediante medicións xeodésicas e traballo de campo.
O mapa de Fontán foi un traballo sen precedentes en España, un fito na historia da cartografía peninsular e un símbolo para Galicia. A pretensión desta unidade didáctica elaborada por un equipo coordinado por Xosé A. Fraga Vázquez e Elena Vázquez Cendón é dar a coñecer a figura de Fontán e a importancia da súa obra.


Fonte.
lingua.gal


9 oct 2018

EQUIPO CURSO 18/19



O  Equipo de Dinamización da Lingua Galega está formado por:

PROFESORADO

Consuelo Burgo Fernández
Ana Rico Gómez
Anxos Vidal Suárez
América  García Fernández

ALUMNADO
+
Fabio Gacio Iglesias
COORDINADOR,


Enrique-Luís Sánchez Arias

Dende o EDLG queremos desexar a tódala comunidade educativa do IES Xoán Montes un bo e fructífero curso 2018-19. Lembramos tamén que estamos abertos a suxestións e colaboracións por parte de todos/as.
Saúde
Queque

28 jun 2018

E REMATOU O CURSO...

Ao remate deste curso 17-18, o EDLG do IES XOÁN MONTES quere agradecer a toda a comunidade educativa a súa colaboración e  participación nas actividades levadas a cabo. Aquí seguiremos para o vindeiro curso 18-19, e este blog seguirá a ser o noso enlace de comunicación básico.
De seguido podedes disfrutar, a modo de despedida, dos discursos de graduación dos noso alumnado de segundo de bacharelato.
Boas vacacións e saúde.
Queque
DISCURSO 2º BAC-B

22 may 2018

PREMIOS CONCURSOS E CERTAMES 2018


      O 18 de maio, e como peche dos actode celabración das Letras Galegas 18, levouse a cabo o acto de Entrega de premios de Concursos e Certames convocados polo EDLG para este curso académico. 
      Dende aquí parabéns e agradecementos  a tódolos participantes e colaboradores nos Certames e Concursos.




          PREMIOS DE CONCURSOS E CERTAMES 2018

+++

7 may 2018

REPRESENTACIÓN DA OBRA LAPATIANCORUM




Representarán a obra de Alberte Momán, LAPATIANCORUM

Será o mércores, 16 de maio, no recreo.

Agárdante na AULA DE MÚSICA

25 abr 2018

CONCURSO SKETCHS

Consulta as bases do concurso de SKETCHS que convoca o EDLG e anímate a participar.  

CERTAME ENCRUCILLADAS E OUTROS

Consulta as bases do certame de ENCRUCILLADAS, SOPA DE LETRAS, AUTODEFINICOS "DALLE Á LINGUA" que convoca a ANPA do Xoán Montes en colaboración co EDLG... E ANÍMATE A PARTICIPAR . 
Dalle á lingua, paga a pena!

11 abr 2018

PROGRAMA DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2018



LUNS 14 DE MAIO
ACTIVIDADE
“O LUGO LITERARIO”
A CARGO DE XOSÉ MANUEL GONZÁLEZ PÉREZ
·        4ª HORA, DE 12:00 a 12:50
·        AULA: 202
·        ALUMNADO: 4º DA ESO
MARTES 15 DE MAIO
CHARLA-COLOQUIO SOBRE MARÍA VICTORIA MORENO
MÁRQUEZ, VIDA E OBRA
A CARGO DE DARÍO XOHÁN CABANA
·        3ª HORA, DE 10:40 A 11:30
·        AULA: XIMNASIO DO CENTRO
·        ALUMNADO: 1º DE BAC
MÉRCORES 16 DE MAIO
CONFERENCIA
“HISTORIA DO CÓMIC”
A CARGO DE SENÉN OLANO
·        3ª HORA, DE 10:40 a 11:30
·        AULA:XIMMASIO DO CENTRO
·        ALUMNADO: 1º, 2º E 3º DA ESO
VENRES 18 DE MAIO
ENTREGA DE PREMIOS DE CONCURSOS E CERTAMES
·        3ª HORA, DE 10:40 A 11:30
·        ALUMNADO DE ESO E 1º DE BAC
·        XIMNASIO DO CENTRO


GAÑADORES DO CONCURSO DE GRAFITIS

Xa temos gañadores do concurso de grafitis....





4 abr 2018

BASES CONCURSOS LETRAS GALEGAS


   CERTAME DE CONTOS “COMO CHO CONTO”

Primeira.- Poderán participar todos os alumnos e alumnos deste centro.

Segunda.- Os textos terán que ser orixinais, inéditos e en lingua galega. O tema é  libre.  A extensión deberá ser de entre dúas e cinco páxinas, formato A4, mecanografadas, con letra Times Roman en corpo 12 con interliñado de 1,5.

 Terceira.- Cada participante poderá presentar como máximo dous relatos.

Cuarta.- Os textos entregaranse, por  separado, antes do día 3 de maio, XOVES, ata as 14:30., na Secretaría do Instituto. Cada  un irá dentro dun sobre grande,  en cuxo exterior figurará, ben  visible, un lema ou pseudónimo, que  en ningún caso coincidirá co nome ou apelidos do autor. No interior deste sobre grande, ademais do poema que se presenta a concurso irá tamén  un sobre  pequeno, en cuxa parte exterior consignarase así mesmo o lema ou pseudónimo antes aludido; no interior deste sobre pequeno irá unha folla cos datos do autor: nome, apelidos, curso e grupo.

Quinta.- Establécense tres  categorías : Primeiro  Ciclo da ESO,  Segundo Ciclo da ESO e  Bacharelato. En cada categoría poderán adxudicarse tres premios. Estes consistirán  en  valen por  un  importe económico utilizable para  adquirir libros, material escolar e funxible ou instrumentos de debuxo e pintura. Tamén será outorgado un diploma.

Sexta.- O fallo do xurado será inapelable. A presentación ao certame presupón a aceptación plena das presentes bases.
                                          CERTAME DE POESÍA


Primeira.- Poderán participar todos os alumnos e alumnos deste centro.

Segunda.- Os textos terán que ser orixinais, inéditos e en lingua galega.

 Terceira.- Cada participante poderá presentar como máximo dous poemas.

Cuarta.- Os textos entregaranse, por  separado, antes do día 3 de maio, XOVES, ata as 14:30., na Secretaría do Instituto. Cada  un irá dentro dun sobre grande,  en cuxo exterior figurará, ben  visible, un lema ou pseudónimo, que  en ningún caso coincidirá co nome ou apelidos do autor. No interior deste sobre grande, ademais do poema que se presenta a concurso irá tamén  un sobre  pequeno, en cuxa parte exterior consignarase así mesmo o lema ou pseudónimo antes aludido; no interior deste sobre pequeno irá unha folla cos datos do autor: nome, apelidos, curso e grupo.

Quinta.- Establécense tres  categorías : Primeiro  Ciclo da ESO,  Segundo Ciclo da ESO e  Bacharelato. En cada categoría poderán adxudicarse tres premios. Estes consistirán  en  vales por  un  importe económico utilizable para  adquirir libros, material escolar e funxible ou instrumentos de debuxo e pintura. Tamén será outorgado un diploma.

Sexta.- O fallo do xurado será inapelable. A presentación ao certame presupón a aceptación plena das presentes bases.



  CERTAME DE NARRATIVA

Primeira.- Poderán participar todos os alumnos e alumnos deste centro.

Segunda.- Os textos terán que ser orixinais, inéditos e en lingua galega. O tema é  libre.  A extensión deberá ser de entre dúas e cinco páxinas, formato A4, mecanografadas, con letra Times Roman en corpo 12 con interliñado de 1,5.

 Terceira.- Cada participante poderá presentar como máximo dous relatos.

Cuarta.- Os textos entregaranse, por  separado, antes do día 3 de maio, XOVES, ata as 14:30., na Secretaría do Instituto. Cada  un irá dentro dun sobre grande,  en cuxo exterior figurará, ben  visible, un lema ou pseudónimo, que  en ningún caso coincidirá co nome ou apelidos do autor. No interior deste sobre grande, ademais do poema que se presenta a concurso irá tamén  un sobre  pequeno, en cuxa parte exterior consignarase así mesmo o lema ou pseudónimo antes aludido; no interior deste sobre pequeno irá unha folla cos datos do autor: nome, apelidos, curso e grupo.

Quinta.- Establécense tres  categorías : Primeiro  Ciclo da ESO,  Segundo Ciclo da ESO e  Bacharelato. En cada categoría poderán adxudicarse tres premios. Estes consistirán  en  valen por  un  importe económico utilizable para  adquirir libros, material escolar e funxible ou instrumentos de debuxo e pintura. Tamén será outorgado un diploma.

Sexta.- O fallo do xurado será inapelable. A presentación ao certame presupón a aceptación plena das presentes bases.
                                                             En Lugo, 3  de abril de 2018.

27 feb 2018

DÍA DE ROSALIA, LEMBRANDO A ROSALIA NO SEU 181 ANIVERSARIO



A colección de retratos de Rosalía de Castro da RAG, agora na Rede 
O número de documentos conservados na Real Academia Galega dispoñibles en versión dixital a través de Galiciana segue a medrar. O Arquivo da institución ofrece no Arquivo Dixital de Galicia (https://arquivo.galiciana.gal) os retratos que conserva de Rosalía de Castro (1837-1885), escritora fundacional das nosas letras contemporáneas da que se celebrará o vindeiro 24 de febreiro o 181 aniversario do seu nacemento.


A maioría dos documentos incorporados son fotografías da autora en distintos momentos da súa vida, entre elas a realizada polo estudio coruñés de Sellier convertida nunha das imaxes máis coñecidas de Rosalía de Castro, na que aparece cun chapeu de plumas. O mesmo retrato, feito nos primeiros anos de década de 1880, pode verse nunha copia en forma de óvalo e noutra reprodución sobre o debuxo dunha tea.
Rosalía sendo aínda unha moza, no ano 1855, fotografada por Mr. Encausse et Cie -con estudio na rúa do Vilar de Santiago de Compostela-, un retrato realizado entre 1865 e 1875 ou a fotografía na que a escritora posa coa familia no exterior Casa da Matanza en xullo de 1884 son tamén parte das imaxes que incrementan desde hoxe os documentos da RAG dixitalizados dispoñibles a través de Galiciana.
A fotografía do retrato pintado por Ricardo Camino e unha tarxeta publicitaria de Ceregumil con debuxo e biografía de Rosalía datada entre 1910 e 1920 completan a relación de documentos.
Fonte, R.A.G

26 feb 2018

CERTAME DE GRAFFITIS


BASES DO CERTAME 

1. Convocatoria e participantes
O ENDL DO IES XOÁN MONTES DE LUGO convoca un CERTAME de graffitis,
que comprende dúas categorías:
- Categoría A, dirixida ao alumnado DOS CURSOS 1º, 2º E 3ºde Educación Secundaria Obrigatoria matriculados no IES XOÁN MONTES
- Categoría B, alumnado de 4º DA ESO e Bacharelato, matriculados no IES XOÁN MONTES

2. Premios e condicións
Outorgaranse dous premios por categoría
- O primeiro premio de cada categoria será de 25 euros en material escolar
- O segundo premio de cada categoria será de 15 euros en material escolar

3. Presentación de bosquexos.
Cada alumno/a  poderá presentar un  só Graffiti,  que deberá ser orixinal, inédito e non premiado anteriormente. Cada bosquexo irá identificado co nome, apelidos e curso do autor/a. A entrega dos mesmos efectuarase por correo electrónico, no enderezo  ies.xoan.montes@edu.xunta,esindicando no asunto da mensaxe “CERTAME DE GRAFFITI”. Os convocantes resérvanse o dereito de rexeitar aqueles bosquexos que atenten contra á dignidade persoal, colectiva ou inciten á violencia, á xenofobia, ou calquera tipo de discriminación ou resulten vexatorios.

4. Prazo de presentación
O prazo de presentación será dende o día 26 de febreiro ao día 19 de marzo de 2018.

5. Tema.
O tema versará sobre o uso e a promoción da lingua galega no centro educativo e na sociedade.

6. Técnica
A técnica utilizada para a realización do graffiti será calquera que o autor/a considere oportuna e que poida ser reproducida en tañaño A3 ou maior. Logo de ser dixitalizada, enviarase por correo electrónico ao devandito enderezo mail. (Os primeiros e segundos permios de cada categoría serán reproducidos en maior tamaño e expostos nos corredores do Centro). Aqueles traballos non premiados poderán, de ser o caso, expostos en tamaño A3 nos corredores do centro xunto aos premiados.)

7. Xurado e fallo do concurso
O xurado do Certame estará formado por tres  membros da comunidade educativa. O xurado procederá á elección dos proxectos premiados.
Calquera das dúas categorías do certame poderá quedar deserta.
O fallo do Certame será inapelable.
A efectos do Certame o xurado valorará: a orixinalidade, calidade artística, dificultade de execución e fidelidade ao tema do Certame.

8. Dereitos de autor
Os convocantes poderán reproducir os graffitis
nas súas páxinas web, nas súas publicacións, carteis, blogs, etc
ou noutros soportes propagandístico ou informativos, aparecendo sempre a autoría.
Os participantes renuncian a calquera dereito de autor sobre os traballos presentados.

9. Aceptación das bases.
A participación na presente convocatoria obriga
 a aceptación destas bases. Tanto os
organizadores como o xurado poderán interpretar estas bases en todos aqueles aspectos non previstos nas mesmas. Calquera modificación destas bases será
anunciada debidamente.

10. Entrega de premios
A data e hora de entrega de premios será comunicada na Web do centro e no blog do ENDL “As Trasnadas do Xoán”.

15 feb 2018

9 ene 2018

MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ


O Día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado á escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005). A decisión adoptouse no Pleno ordinario da Real Academia Galega celebrado esta mañá na Coruña, no que tamén se nomeou académica de honra a Marina Mayoral e académicos e académicas correspondentes a Takekazu Asaka, Marcos Bagno, Olga Castro, Helena González, Kirsty Hooper, Helena Villar Janeiro e Helena Zernova. Licenciada en Filoloxía Románica en Madrid, María Victoria Moreno chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, como profesora e axiña asumiu a cidadanía en galego, idioma no que enriqueceu as nosas Letras tanto na narrativa -nomeadamente a infantil e xuvenil- como nos estudos literarios, no ensaio, na poesía e na didáctica da lingua e da literatura galegas.María Víctoria Moreno Márquez. 
"Eu non son alófona porque o que practico, se é que escribo, podería definirse coma unha amorosa autofonía (…). A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor", declaraba María Victoria Moreno, en 1993, no congreso "Poetas alófonos en lingua galega". Dúas décadas atrás, a autora publicara Mar adiante(Edicións do Castro, 1973), o seu primeiro libro en galego (ilustrado por ela mesma), un ano despois de gañar con Crarisa e o luceiro o segundo premio do Concurso Nacional de Contos Infantís do Facho. Con esta primeira novela, a profesora de orixe estremeña convertíase nunha das voces pioneiras da narración en galego destinada ao público máis novo, ao que dedicaría tamén boa parte da súa produción literaria posterior con notable recoñecemento tanto da crítica como do público.
Outro título destacado na súa traxectoria, Anagnórise (Galaxia, 1989), é un dos maiores éxitos da literatura xuvenil na nosa lingua: a novela foi incluída na listaxe de honra do IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) en 1990 e chegaron a se editar en poucos anos vinte edicións. Pero o seu libro preferido era Leonardo e os fontaneiros (Galaxia, 1986), co que gañou o terceiro premio O Barco de Vapor de 1985. Con Gedellas de seda e liño(1999), outra das historias nas que demostra a súa capacidade de chegar ao público adolescente, entrou na prestixiosa listaxe internacional de White Ravens 2002. Un par de anos despois sairía do prelo Diario da luz e a sombra (Xerais, 2004), onde reflectiu a experiencia da enfermidade que acabou pouco despois coa súa vida, o 21 de novembro de 2005.
María Victoria Moreno soubo tamén transmitir a paixón pola lingua e a literatura como profesora, tanto nas clases de lingua galega semiclandestinas que impartía gratuitamente nos anos 70 en Pontevedra (Asociación de Amigos da Cultura, 1971-1974), Vilagarcía de Arousa (1973-1975) ou Ourense (Ateneo, 1974-1975) como nas oficiais de Lingua e literatura españolas que deu durante décadas no ensino secundario. Polas primeiras, en concreto as impartidas no Ateneo de Ourense, a Policía de Pontevedra chegou a retirarlle o pasaporte a comezos de 1975 por entender que esta institución estaba gobernada por dirixentes subversivos.
No instituto de Lugo orientou as inquedanzas lingüísticas e literarias dun dos seus alumnos, Xesús Rábade Paredes, promovendo a edición do seu primeiro libro de poemas, que lle prologou. Tras un par de anos nesta cidade e mais un tempo en Vilalonga (Sanxenxo), volveu a Pontevedra, onde seguiu engaiolando a xeracións de rapaces e rapazas, primeiro no instituto Valle-Inclán e despois no Torrente Ballester, ao que lle legou a súa biblioteca persoal.
No eido educativo asinou, ademais, libros de texto que aínda hoxe se consultan: foi coautora de Literatura [galega]. Século XX, para COU (Galaxia, 1985), e de Literarura [galega], para 3º de BUP (Galaxia, 1987). As linguas de España e Verso e prosa (Xunta de Galicia, 1991) son outros exemplos do seu traballo rigoroso no eido da didáctica. E tamén cómpre lembrar que foi mestra de mestres en cursos como os que impartiu sobre literatura galega para docentes a comezos dos 80.
A tradución é outro terreo no que María Victoria Moreno realizou achegas destacadas. Verteu obras desde o catalán, idioma co que dialogaba como filóloga e poeta, e realizou as traducións aos castelán da antoloxía bilingüe Os novísimos da poesía galega (Akal, 1973), escolma que preparou e prologou ela mesa con poemas de Margarita Ledo, Darío Xohán Cabana, Fiz Vergara Vilariño ou Xesús Rábade. Cómpre tamén lembrar outras facetas da autora, como a de libreira en Pontevedra, onde abriu xunto a outros intelectuais, en 1968, a libraría Xuntanza, unha trincheira máis para promover a literatura e espallar os libros. No eido editorial, foi ademais codirectora da colección infantil de Galaxia, Árbore, desde o seu inicio.
Fonte
R.A.G

María Victoria Moreno (pop art).png
WIKIPEDIA