19 mar 2021

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

 

DIA DA POESIA, 21 DE MARZO


A POESÍA É O GRAN MILAGRE DO MUNDO



Insinareiche sin berros.

O poeta é un mestre sin ira.

Levareite ó meu reino,

onde te agarda

a bandeira da espranza.

Non che amostraréi aquéla

triste, abatida sobre o mastro,

solitaria baixo unha chuvia cincenta.

Estóu arrepentido de pensar

que o máis brosmo e brután dos homes

non poida descalzarse

pra entrar no noso reino.

              

 (¡A poesía é o gran milagre do mundo!)



Eu faréi que olles a través das túas maos toscas

a luz da túa sangre.

Puliremos a túa frente de seixo

hasta case facela lúa.

Non che faréi erguer pesadas pedras,

nin subir o monte máis alto

onde cravada está

a bandeira do meu verso,

nin soster cos teus hombros as noites.

Todo esto xa o ten feito o poeta

por ti, pra ti e máis pra o mundo.

Eu asegúroche que quedarás enviso

fitando prás estrelas.

O xoto palpexar das túas maos

chegará a conocer as rosas invisibles na noite.

Sentirás o borboriño da propia sangre

i o silencio que todos levamos

cando digas:

os seos da miña amada…

Quedarás deslumbrado pola súa luz,

baixo da sombra verde no bosque.



                    (¡A poesía é o gran milagre do mundo!)



Faremos música do teu vocerío.

Eiquí estamos coa túa lingoaxe vulgar.

Nomearás calquera cousa

–árbol, cabalo, pedra…–

e veralos nacer coa súa vida máis íntima,

cos seus contornos máis puros.

Olla esa formiga,

ise argueiro mouro…

¿Qué delicados dedos de alfareiro

puideron modelar tan pequechiño corazón,

que latexa agora baixo dos altos árboles?

¿Non te decatas de que se movéu o silencio?

É esa noitarega

que nesgóu o bosque:

doces, xordas plumas,

abanador da noite.

                                                                   



 LUÍS PIMENTEL, Sombra do aire na herba, 1959.





Fonte: https://sites.google.com/site/luispimentelpoemas/

DÍA MUNDIAL DO TEATRO, OBRADOIRO ESCÉNICO

 

 IES XOÁN MONTES

EDLG

            OBRADOIRO ESCÉNICO

 


FUNCIÓN EN LIÑA, 26 DE MARZO

                               27 de marzo, DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Por razón  da PANDEMIA este ano o OBRADOIRO ESCÉNICO PASA A SER VIRTUAL.

No seguinte enlace poderemos atopar esta interesante actividade promovida polo CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

 http://www.edu.xunta.gal/portal/node/33159

O charco de Ulises en liña para centros educativos










 

 

14 mar 2021

CARTAME DE CONTOS, "COMO CHO CONTO"

 


CERTAME DE CONTOS "COMO CHO CONTO"

 

O EQUIPO DE  DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO DO I.E.S. XOÁN   MONTES CONVOCA O

CERTAME DE CONTOS 

 

COMO CHO CONTO

 

Primeira.Poderán participar todos os alumnas e alumnos deste centro.

 

Segunda.- Os textos terán que ser orixinais, inéditos e en lingua galega. O tema é  libre. Os convocantes poderán reproducir os  TRABALLOS PRESENTADOS nas súas páxinas web, nas súas publicacións, carteis, blogs, etc ou noutros soportes propagandístico ou informativos, aparecendo sempre a autoría segundom a lexislacion vixente. Os participantes renuncian a calquera dereito de autor sobre os traballo presentados.  A extensión máxima non excederá de 3 páxinas.

 

 Terceira.- Cada participante poderá presentar como máximo dous relatos.

 

Cuarta.- Os textos serán enviados á dirección msil,

 

queque.sanchez@iesxoanmontes.gal

 

Quinta.- PODERÁNSE OUTORGAR ATA 4 PREMIOS.  Estes consistirán  en  vales por  un  importe económico utilizable para  adquirir MATERIAL DIDÁCTICO, material escolar  funxible. Tamén será outorgado un diploma.

 

Sexta.- O fallo do xurado será inapelable. A presentación ao certame presupón a aceptación plena das presentes bases.

 

 

 En Lugo, 15 de marzo de 2021

7 mar 2021

RAG, XELA ARIAS, MULLER

 RAG, XELA ARIAS, MULLER.... 



"O meu compromiso comigo está en escribir desde min. E eu son muller, miope e galega"

OBRADOIRO DE RADIO, EN GALEGO NA ONDA

 

EDLG XOÁN MONTES

 

 

OBRADOIRO DE RADIO EN GALEGO

 " EN GALEGO NA ONDA"

 

TEORÍA E PRAXE DUN PROGRAMA DE RADIO

8 DE MARZO, LUNS

 

(ESTE ANO, POLA PANDEMIA…..

 

NO NOSO ESPAZO WEB BLOG

 AS TRASNADAS DO XOÁN )

 

 

COMO CREAR UNHA RADIO ESCOLAR EN CINCO PASOS

 

...NO AIRE, EN SÓ CINCO PASOS...

 

 




TEORÍA E PRAXE DUN PROGRAMA DE RADIO

 

COMO FACER UN PROGRAMA DE RADIO ESCOLAR EN SÓ CINCHO PASOS

1.  Coñecer os medios de comunicación.

 Antes de comezar unha radio escolar debedes realizar un achegamento ao proceso da comunicación e aos medios informativos. Para iso, repasade a teoría para ter claro que son os medios de comunicación, os tipos que hai e, sobre todo, achegádevos a eles de forma práctica, para comprender as súas características e diferenzas e descubrir as claves propias da radio: – Lede os xornais, impresos ou dixitais, para ver como se contan as noticias e analizar como se estrutura un texto informativo. – Seguide un informativo, un programa de entrevistas ou unha reportaxe en televisión e descubride as claves da linguaxe audiovisual. – Escoitade programas de radio de diversos tipos, debullando as características de cada un, a participación de invitados, as entrevistas, a intervención telefónica dos oíntes e todos os recursos que conforman un programa de radio.

 2. Investigar os tipos de programa que podedes realizar. Analizade os tipos de programas que existen nunha radio xeneralista, como se estruturan e que formatos utiliza cada un. Entre outros que poidades desagregar, destacan os seguintes: – Informativos – Programas de análises/debate da actualidade – Espazos musicais – Programas culturais sobre todo tipo de temas: cinema, literatura, teatro, temas sociais, medio ambiente, educación etc. – Programas deportivos – Concursos ou espazos de entretemento – Espazos dramáticos ou novelados. En esta ligazón podes ver algúns tipos de programas e exemplos de cada un.

3. Escoller os temas que centrarán os programas. Podes organizar a radio escolar en varios grupos e cada un deles terá que elixir o tipo de programa e o tema que tratará. Para empezar, unha boa solución é que cada programa sexa monotemático, de forma que se poida transmitir a información, profundar no asunto escollido e completalo con entrevistas, reportaxes, debates ou calquera outro recurso de interese para os alumnos. Desta maneira resultaravos moito máis sinxelo estruturar os contidos.Tamén podes aproveitar a radio para traballar temas da túa materia, repasar o aprendido, afianzar coñecementos e profundar en diversos aspectos da materia. Podedes facer un programa cultural sobre a I Guerra Mundial, un espazo de microrrelatos para traballar a lectoescritura, un informativo en inglés, un concurso radiofónico sobre xeografía…

4. Crear o guion ou escaleta. É importante que cada grupo escriba o guion do seu programa de forma clara e concreta. O recomendable é estruturalo en seccións de 5 minutos e comezar por un programa curto, por exemplo, de 15 minutos. Dependendo da idade dos alumnos, o guion pode ser máis ou menos complicado e estar máis ou menos pautado. Tamén é esencial que os alumnos se preparen o guion antes da gravación, ensaien, fagan probas de voz e aprendan a pronunciar e falar de forma clara e pausada. Podedes poñer en práctica estes consellos para pasar da redacción á locución.

 5. Gravar e emitir. Cando todo estea listo, só faltará preparar a gravación e/ou emisión do voso programa. Nun estudo de radio hai moita tecnoloxía e dispositivos que permiten a gravación, o uso de cuñas e elementos musicais ou a entrada de intervencións en directo por teléfono. Pero grazas ás TIC, na radio escolar poden reproducirse con imaxinación e poucos medios. Basta con utilizar un móbil, unha tableta ou un computador e varios micrófonos para rexistrar os sons.  

    Logo colgar…e xa, emitido!!!!

 

Cfr. https://www.aulaplaneta.com/2016/02/22/recursos-tic/como-crear-una...

EN CONCRETO, PARA O GUIÓN, ESTAS SON AS PAUTAS:

 

1. Que dicir?.

2. Relación lóxica de puntos a tratar.

3. O comezo debe interesar.

4. Escribir para o oínte, visualizándoo.

5. Dicir en voz alta o que se vai a escribir.

6. Empregar unha linguaxe conversacional, de uso cotiá

7. Empregar frases curtas.

8. Non abusar da puntuación

9. Mecanografiar a dobre espazo, con amplas marxes e párrafos separados.

 

 

Podedes mandar os vosos traballos,tanto escritos como gravados, a partir do 8 e marzo, á dirección:

queque.sanchez@iesxoanmontes.gal

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, A LOITA CONTINÚA

 


DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, CELEBRAMOS TOD@S

PARABÉNS PARA TODAS AS MULLERES E HOMES, QUE SEGUIMOS A REIVINDICAR A IGUALDADE E OS DEREITOS.

DÍA 8 DE MARZO,  EN PÉ DE IGUALDADE!!!