20 dic 2012

QUE O APALPADOR VOS TRAIA UN AGASALLO

Non pode faltar no Nadal o Apalpador, o noso peculiar Papá Noel, que na noite do 24 vai apalpar as barrigas dos nenos, por ver se están mantidos, e déixalles como agasallo unha presa de castañas ou xoguetes de madeira.
 Aquí tedes a Cantiga do Apalpador, que gravou Malvela. Ana Senlle púxolle música a unha letra tradicional. O video está composto con imaxes do conto O Apalpador de Xoán G.
A letra é a seguinte:

Vaite logo, meu meniño
marcha agora para a camiña
 que vai vir o apalpador
a apalparche a barriguiña.
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.
Mañá é día de cachela,
que haberá gran nevarada
 e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
 para darvos o aguinaldo.

FELICITAR EN GALEGO



Queres felicitar en galego? Seguro que aquí atopas algunha postal que che guste.

19 dic 2012

O GALEGO, LINGUA MORTA?

O EDL do IES de Chapela elaborou este video, que merece a pena ver. Que o disfrutedes!




LECTURAS PARA O NADAL

Para o 1º ciclo
Vas ler no Nadal?
Que che parece ler en galego?
Aí van algunhas suxestións...
Están todos na biblioteca do Centro.
Para todos
Para 2º ciclo e BAC
Para 2º ciclo e BAC
Para 2º ciclo e BAC

DOA E RAZOA

O Nadal é para compartir!
Parece o lema dun anuncio publicitario, pero os alumnos de 4º ESO-B fixérono realidade.
A semana pasada puxeron en marcha unha campaña de recollida de alimentos para unha organización humanitaria. A campaña denomínase"Doa e razoa", porque ademais de recoller donativos, tamén incitan á reflexión persoal pedindo aos doadores que escriban nunha tarxeta as razóns polas que doan.
Noraboa, rapaces, pola iniciativa e grazas por sacrificar o voso tempo de lecer.