27 feb 2020

CERTAME DE SKETCHS


O EDLG DO IES XOÁN MONTES DE LUGO
CONVOCA

CERTAME DE SKETCHS,
microrelatos, monólogos, microteatro, etc., grabados en videos de ata 2 minutos de duración ou grabacións de audio da mesma duración, contando un conto, lenda, relato curto…, con motivo da celebración da semana da letras galegas, OU OUTRO MOTIVO DE FOMENTO E USO DO GALEGO, 
COAS SEGUINTES BASES
1. Convocatoria e participantes
O EDLG DO IES XOÁN MONTES DE LUGO convoca un CERTAME de SKETCHS, para alumnado de ESO e Bacharelato, matriculados no IES XOÁN MONTES.
2. Premios e condicións
Poderán outorgarse ata 3 premios DE DISTINTA CONTIA EN MATERIAL ESCOLAR
3. Presentación de bosquexos.
Cada Alumno/a O GRUPO DE ALUMNOS/AS  poderá presentar un  só TRABALLO,  que deberá ser orixinal, inédito e non premiado anteriormente. Cada bosquexo irá identificado co nome, apelidos e curso do autor/S.  A entrega dos mesmos efectuarase por correo electrónico, na dirección   ies.xoan.montes@edu.xunta,es.  indicando no asunto da mensaxe “CERTAME DE SKETCHS” Os convocantes reservanse o dereito de rexeitar aqueles bosquexos que atenten contra a dignidade persoal,  colectiva ou inciten a violencia, a xenofobia, ou calquera tipo de discriminación ou resulten vexatorios...
4. Prazo de presentación
O prazo de presentación será dende o día 2 ao 16 DE MARZO de 2020
5. Tema.
O tema versará sobre o uso e a promoción da lingua galega no centro educativo e na sociedade.
6. Técnica
As grabacións serán enviadas  ao  correo do Instituto en formato video ou audio.
7. Xurado e fallo do concurso
O xurado do Certame estará formado por tres  membros da comunidade educativa. O xurado procederá á elección dos proxectos premiados.
Calquera das dúas categorías do certame poderá quedar deserta. O fallo do Certame será inapelable.
 A  efectos do Certame o xurado valorará: a orixinalidade, calidade artística, dificultade de execución e fidelidade ao tema do Certame.

8. Dereitos de autor
Os traballos deberán respectar os dereitos de autor,polo tanto au final deberán aparecer, de se lo caso, os créditos das imaxes ou da música así como o nome do autor/a/s e o curso. Os convocantes poderán reproducir os  TRABALLOS PRESENTADOS nas súas páxinas web, nas súas publicacións, carteis, blogs, etc ou noutros soportes propagandístico ou informativos, aparecendo sempre  autoría. Os participantes renuncian a calquera dereito de autor sobre os traballo presentados.
9. Aceptación das bases.
A participación na presente convocatoria obriga  a   aceptación destas bases. Tanto os organizadores como o xurado poderán interpretar estas bases en todos aqueles aspectos non previstos nas mesmas. Calquera modificación destas bases será anunciada debidamente.
10. Entrega de premios
A data e hora de entrega de premios será comunicada na Web do centro e no blog do Edlg“As Trasnadas do Xoán”. nos taboleriros do Centro, etc





obradoiro de radio


EDLG XOÁN MONTES

OBRADOIRO DE RADIO EN GALEGO
 " EN GALEGO NA ONDA"

TEORÍA E PRAXE DUN PROGRAMA DE RADIO 
4 DE MARZO DE 2020, MÉRCORES

AS 11:30 hs NA AULA DE MÚSICA


COMO CREAR UNHA RADIO ESCOLAR EN CINCO PASOS

...NO AIRE, EN SÓ CINCO PASOS...

18 feb 2020

PARA O DÍA DE ROSALÍA


                     Castellanos de Castilla de Rosalía de Castro
Castellanos de Castilla,
tratade ben ós galegos;
cando van, van como rosas;
cando vén, vén como negros.
Cando foi, iba sorrindo,
cando ven, viña morrendo;
a luciña dos meus ollos,
o amantiño do meu peito
Aquel máis que neve branco,
aquel de dozuras cheo,
aquel por quen eu vivía
e sen quen vivir non quero.
Foi a Castilla por pan
e saramagos lle deron;
déronlle fel por bebida.
peniñas por alimento.
Déronlle, en fin, canto amargo
ten a vida no seu seo…
¡Casteláns, casteláns,
tendes corazón de fero!
¡Ai!, no meu corazonciño
xa non pode haber contento,
que está de dolor ferido,
que está de loito cuberto.
Morreu aquel que eu quería
e para min non hai consolo:
so hai para min, Castilla,
a mala lei que che teño.
Permita Deus, casteláns,
casteláns que aborrezo,
que antes os galegos morran
que ir a pedirvos sustento.
Pois tan mal corazón tendes,
secos fillos do deserto,
que se amargo pan vos gañan,
dádesllo envolto en venero.
Aló van, malpocadiños,
todos de esperanzas cheos,
e volven, ¡ai!, sen ventura
cun caudal de desprezos.
REPORT THIS AD
Van probes e tornan probes,
van sans e tornan enfermos,
que anque eles son como rosas,
tratádelos como negros.
¡Casteláns de Castela,
tendes corazón de aceiro,
alma coma as penas dura,
e sen entrañas o peito!
En tros de palla sentados,
sen fundamentos, soberbios,
pensas que os nosos filliños
para servirvos naceron.
E nunca tan torpe idea,
tan criminal pensamento
coubo en máis fatuas cabezas
ni en máis fatuos sentimentos.
Que Castela e Casteláns,
todos nun montón, a eito,
non valen o que unha herbiña
destes nosos campos frescos.
Só pezoñosas charcas
detidas no ardente solo
tes, Castela, que humedezan
eses teus labios sedentos.
Que o mar deixoute esquecida
e lonxe de ti correron
as brandas augas que traen
de plantas sen sementeiros.
Nin árbores que dean sombra,
nin sombra que preste alento…
Chaira e sempre chaira,
deserto e sempre deserto…
Esto che tocou, coitada,
por herdanza no universo,
¡miserable fanfurriñeira!,
triste herdanza foi por certo.
En verdade non hai, Castela,
nada coma ti tan feo,
que aínda mellor que Castela
valera dicir inferno.
¿Por que aló fuches, meu ben?
¡Nunca tal houberas feito!
¡Trocar campiños floridos
por tristes campos sen rego!
¡Trocar tan claras fontiñas,
ríos tan murmuradores
por seco polbo que nunca
mollan as bágoas do ceo!
Mais, ¡ai!, de onda min te fuches
sen dó do meu sentimento,
e aló a vida che quitaron ,
aló a mortiña che deron.
Morriches, meu queridiño,
e para min non hai consolo,
que onde antes te vía, agora,
xa solo unta tomba vexo.
Triste como a mesma noite,
farto de dolor o peito,
pídolle a Deus que me mate,
porque xa vivir non quero.
Mais en tanto non me mata,
casteláns que aborrezo,
hei, para vergonza,
heivos de cantar xemendo:
¡Casteláns de Castela,
tratade ben ós galegos:
cando van, van como rosas;
cando vén, vén como negros!

DE CANTARES GALLEGOS

ROSALIA


A Xunta súmase á lembranza a Rosalía programada 

no marco da VI Semana Cultural De Convergências 

Portugal-Galiza

Volver


Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2020.- A VI Semana Cultural de Convergências Portugal-Galiza homenaxeará a Rosalía de Castro do 23 de febreiro ao 1 de marzo cun amplo programa de actividades culturais que se desenvolverán en Santiago, Padrón, Ponteareas e Braga. A iniciativa, na que colaboran a Xunta de Galicia, desde o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho, a formación bracarense Canto D'Aqui, os concellos de Santiago, Padrón e Ponteareas e a Fundación Rosalía de Castro, enmárcase nas accións de desenvolvemento da Lei 1/2014 para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á presentación este mediodía no Pazo de San Roque.


FONTE LINGUA.GAL

13 feb 2020

SAN VALENTIN EN GALEGO


EU EN TI

Eu xa te busquei
cando o mundo era unha pedra intaita.
Cando as cousas buscaban os seus nomes,
eu xa te buscaba.
Eu xa te procurei
no comezo dos mares e das chairas.
Cando Dios procuraba compañía
eu xa te procuraba.
Eu xa te chamei
cando soio a voz do vento soaba.
Cando o silenzo chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba.
Eu xa te namorei
cando o amor era unha folla branca.
Cando a lúa namoraba as outas cumes,
eu xa te namoraba.
Sempre,
dende a neve dos tempos,
eu, na túa ialma.

Celso Emilio Ferreiro (1991) O soño sulagado (Vigo: Edicións Xerais de Galicia)

12 feb 2020

DICCIONARIO PLURILINGÜE



RECURSO A TER EN CONTA

Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo acaba de publicar en Google Play, a tenda de aplicacións móbiles para os dispositivos con sistema operativo Android, o Dicionario Galnet, o maior dicionario plurilingüe do galego, unha obra con traducións e sinónimos para dez linguas: galego, portugués, catalán, vasco, español, inglés, alemán, latín, italiano e chinés. 
“A aplicación móbil para Android que se acaba de presentar no mercado de Google utiliza o repertorio léxico de WordNet, un proxecto internacional no que participa o SLI desde 2010 co obxectivo de  integrar o léxico galego nesta rede semántica interlingüística”, explica o profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución Xavier Gómez Guinovart, coordinador do equipo que desenvolveu o dicionario GalNet, unha obra que reúne 725.000 palabras, das que 70.000 corresponden a verbas en galego.
Desde o SLI fan fincapé en que a app para Android do Dicionario Galnet se pode descargar de balde nas tendas de Google e de Amazon e pode ser tamén consultada libremente nunha aplicación web completamente adaptada aos dispositivos móbiles. 

É o recurso que emprega o Google Translate como apoio no seu proceso de tradución

Como xa explicaba o profesor Gómez Guinovart  no Duvi en maio de  2016, o Galnet é unha rede léxico semántica para lingua galega, un recurso léxico-semántica para a lingua galega estándar para todas as aplicacións informáticas que traballan coa linguaxe. “Ten moitas utilidades, pero principalmente é un dicionario electrónico para que os programas que procesan linguaxe sexan capaces de deducir o significado das frases e actuar en consecuencia”. É, por exemplo, o recurso que emprega o Google Translate, como apoio no seu proceso de tradución en calquera das linguas que contan co seu WordNet. 
O director do Seminario de Lingüística Informática subliña neste senso que o tradutor de Google segue un modelo estatístico, de modo que almacena moitas traducións entre dúas linguas e, a partir de aí, deduce as regras que traducen entre unha e outra lingua. “Pero ás veces as inferencias estatísticas non chegan para producir unha tradución aceptable e necesita recorrer a recursos máis precisos como os dicionarios bilingües e, neste caso, o recurso multilingüe seleccionado é o WordNet, porque é o maior dicionario multilingüe tanto en número de linguas como en número de palabras e conceptos”. Ademais, polo formato propio de WordNet, pensado para ser manexado por ordenadores, permite unha utilización moi doada no ámbito da lingüística computacional ou do procesamento da linguaxe natural. Con todo, e a pesar de que está deseñado para ser empregado no eido da intelixencia artificial, “tamén ofrece moitas utilidades para a consulta lexicográfica directa dos seus contidos”.

Desenvolto no marco dun proxecto estatal

Esta ferramenta para a lingua galega desenvolveuse no marco do proxecto Skater (Scenario Knowledge Acquisition by Textual Reading), no que participaron tamén as universidades do País Vasco, Pompeu Fabra, Barcelona e Politécnica de Cataluña, baixo a coordinación desta última. Foi un traballo que contou cun financiamento estatal de tres anos de duración e un orzamento total de 400.000 euros e dentro do cal se desenvolveron tamén os WordNet do catalán, do euskera, do español e do portugués.

fonte duv
diario universidade de vigo (web)

10 feb 2020

ANIMÁDEVOS

ANIMÁDEVOS,  a participar nas actividaes do edlg,
ALUMNAS E ALUMNOS, PROFESORAS E PROFESORES...TODA  A COMUNIDADE EDUCATIVA...!!!!
ACÉPTANSE PROPOSTAS, SUXESTIÓNS, COLABORACIÓNS...

CONTACTO....Queque

6 feb 2020

MÚSICA E POESÍA EN GALEGO

EDLG XOÁN MONTES 2020

ENCONTRO DE POESÍA E MÚSICA EN GALEGO


19 DE FEBREIRO, MÉRCORES



AS 11:30 hs NA AULA DE MÚSICA




VERSOS Ó CLARINETE

DATAS A TER EN CONTA

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
ALGUNHAS DATAS A TER EN CONTA

SEUO

+SEMANA DAS LETRAS GALEGAS DO 11 AO 15 DE MAIO... (CONVOCATORIAS PARA OS CONCURSOS LITERARIOS... DO 1 DE ABRIL AO 27 DE ABRIL)

+CERTAME DE GRAFITIS, "DEBUXA EN GALEGO" DO 5 AO 20 DE FEBREIRO

+MERCORES 19 DE FEBREIRO “ENCONTRO DE MÚSICA E POESÍA”

+CERTAME DE SKETCHS DO 2 AO 16 DE MARZO

+CERTAME DE CONTOS DO 17 A0 27 DE MARZO

+MÉRCORES 4 DE MARZO OBRADOIRO DE RADIO

+MÉRCORES 15 DE ABRIL OBRADOIRO ESCÉNICO E TEATRO EN GALEGO

+MOSTRA DE CONTOS, "NAIS E  PAÍS TAMÉN CONTAN", DO 11 AO 15 DE MAIO

+MOSTRA SOBRE TOPONIMIA E ONOMÁSTICA “A LINGUA E O HOME,” DO 11 AO 15 DE MAIO

+MOSTRA “CAMIÑO DE SANTIAGO E LINGUA” DO 11 AO 15 DE MAIO

+MOSTRA DE FOTOGRAFÍA “ A IMAXE TAMÉN FALA” DO 1 AO 29 DE ABRIL.

+REVISTA DIXITAL "Á SOMBRA DA MURALLA"

AS CONVOCATORIAS E ANUNCIOS DE ACTIVIDADES CONCRETAS, DESTAS OU DOUTRAS QUE XURDAN. COLGARANSE NESTE BLOG E NO TABOLEIRO DO VESTÍBULO DO CENTRO.
DE CAMBIAR ALGUNHA DATA  OU ACTIVIDADE AVISAREMOS POR ESTAS CANLES


4 feb 2020

CERTAME DE GRAFITIS


IES XOÁN MONTES
EDLG
CERTAME DE GRAFITIS

BASES DO CERTAME 

1. Convocatoria e participantes
O EDLG DO IES XOÁN MONTES DE LUGO convoca un CERTAME de graffitis,
PARA ALUMNAS E ALUMNOS matriculados no IES XOÁN MONTES
2. Premios e condicións
PODERANSE OUTORGAR ATA CATRO PREMIOS.
3. Presentación de bosquexos.
Cada alumno/a  poderá presentar un  só Graffiti,  que deberá ser orixinal, inédito e non premiado anteriormente. Cada bosquexo irá identificado co nome, apelidos e curso do autor/a. A entrega dos mesmos efectuarase por correo electrónico, no enderezo  ies.xoan.montes@edu.xunta,es. indicando no asunto da mensaxe “CERTAME DE GRAFFITI”. Os convocantes resérvanse o dereito de rexeitar aqueles bosquexos que atenten contra á dignidade persoal, colectiva ou inciten á violencia, á xenofobia, ou calquera tipo de discriminación ou resulten vexatorios.
4. Prazo de presentación
O prazo de presentación será dende o día 5 ao 28 de febreiro de 20205. Tema.
O tema versará sobre o uso e a promoción da lingua galega no centro educativo e na sociedade.
6. Técnica
A técnica utilizada para a realización do graffiti será calquera que o autor/a considere oportuna e que poida ser reproducida en tañaño, A4 A3 ou maior. Logo de ser dixitalizada, enviarase por correo electrónico ao devandito enderezo mail. (Os primeiros e segundos permios de cada categoría serán reproducidos en maior tamaño e expostos nos corredores do Centro). Aqueles traballos non premiados poderán, de ser o caso, expostos en tamaño A4 nos corredores do centro xunto aos premiados.)
7. Xurado e fallo do concurso
O xurado do Certame estará formado por tres  membros da comunidade educativa. O xurado procederá á elección dos proxectos premiados.
Calquera das dúas categorías do certame poderá quedar deserta.
O fallo do Certame será inapelable.
A efectos do Certame o xurado valorará: a orixinalidade, calidade artística, dificultade de execución e fidelidade ao tema do Certame.
 8. Dereitos de autor
Os convocantes poderán reproducir os graffitis
nas súas páxinas web, nas súas publicacións, carteis, blogs, etc
ou noutros soportes propagandístico ou informativos, aparecendo sempre a autoría.
Os participantes renuncian a calquera dereito de autor sobre os traballos presentados.
 9. Aceptación das bases.
A participación na presente convocatoria obriga
 a aceptación destas bases. Tanto os
organizadores como o xurado poderán interpretar estas bases en todos aqueles aspectos non previstos nas mesmas. Calquera modificación destas bases será
anunciada debidamente.
 10. Entrega de premios
A data e hora de entrega de premios será comunicada na Web do centro e no blog do EDLG “As Trasnadas do Xoán”.