30 mar 2022

CERTAME DE CONTOS

 

CARTAME DE CONTOS, "COMO CHO CONTO"

 

 

CERTAME DE CONTOS "COMO CHO CONTO"

 

O EQUIPO DE  DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO DO I.E.S. XOÁN   MONTES CONVOCA O

CERTAME DE CONTOS 

 

COMO CHO CONTO

 

Primeira.Poderán participar todos os alumnas e alumnos deste centro.

 

Segunda.- Os textos terán que ser orixinais, inéditos e en lingua galega. O tema é  libre. Os convocantes poderán reproducir os  TRABALLOS PRESENTADOS nas súas páxinas web, nas súas publicacións, carteis, blogs, etc ou noutros soportes propagandístico ou informativos, aparecendo sempre a autoría segundom a lexislacion vixente. Os participantes renuncian a calquera dereito de autor sobre os traballo presentados.  A extensión máxima non excederá de 3 páxinas.

 

 Terceira.- Cada participante poderá presentar como máximo dous relatos.

 

Cuarta.- Os textos serán enviados á dirección msil, ATA O 19 DE ABRIL (prazo ampliado) 

queque.sanchez@iesxoanmontes.gal

 

Quinta.- PODERÁNSE OUTORGAR ATA 4 PREMIOS.  Estes consistirán  en  vales por  un  importe económico utilizable para  adquirir MATERIAL DIDÁCTICO, material escolar  funxible. Tamén  poderá ser outorgado un diploma.

 

Sexta.- O fallo do xurado será inapelable. A presentación ao certame presupón a aceptación plena das presentes bases.

 

 

 En Lugo, 28 de  marzo de 2022

26 mar 2022

DÍA DO TEATRO, OBRADOIRO ESCÉNICO

 

DÍA MUNDIAL DO TEATRO, OBRADOIRO ESCÉNICO

 O TEATRO DO MUNDO, O MUNDO DO TEATRO





 




IES XOÁN MONTES

EDLG

OBRADOIRO DE TEATRO,

TEATRO EN GALEGO

28 de marzo de 2022

 

Qué é o teatro?

 

 Poderíamos decir que é un xenero literario, que é a expresión máis característica da literatura clásica, que é o diálogo por excelencia….

O teatro é a representación do humano…toca de cheo toda a alma humana, toda a vida do ser humano…

O teatro é a plasmación práctica da conducta humana!!!

O teatro, con Calderón, o Mundo!!! O mundo é o propio terato!!!!

O teatro, é , e foi medio de reivindicación onde “decir sen decir” escapando a todo tipo de censuras e cortapisas…xa dende Grecia e ata os nosos días…

Ver teatro, ler teatro é CONTEMPLAR E CUESTIONAR O MUNDO, A REALIDADEE DESE MODO MOVER AS CONCIENCIAS CARA TRANSFORMALA.

Máns á obra!!!!!

 

    Catro liñas básicas sobre o teatro.

Pódese visitar a este efecto a páxina no CENTRO DRAMÁTICO GALEGO, onde atoparemos contIdos máis que interesantes.

Centro Dramático Galego (xunta.gal)

 

Ai etán a nosa disposición todo tipo de información sobre o teatro en galego, servizos, obras, formación e ademáis un apartado especialmente adicado ó Ensino!

 

E para saber máis:

gl.wikipedia.org/wiki/Teatro

gl.wikipedia.org/wiki/Novo_Teatro_Galego


e para ver teatro en Lugo estes días.... ai vai o menú....











 


19 mar 2022

O NOSO HIMMO, TAMÉN É POESÍA

 

O himno galego conxuga o poema Os pinos de Eduardo Pondal cunha composición musical de Pascual Veiga.

O nome de Galicia non figura no poema, sendo substituído por fogar de Breogán. Foi interpretado por primeira vez en 1907 na Habana, Cuba.




HIMNO GALEGO

Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
máis sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

referencia:

https://www.xunta.gal/o-himno-de-galicia

18 mar 2022

PARA TER EN CONTA....!!!!!

 

ENCONTRO MÚSICA E POESÍA

 EDLG IES XOÁN MONTES











ENCONTRO DE MÚSICA E POESÍA

LUNS, 28 DE MARZO DE 2022

ESPAZO VIRTUAL BLOG “AS TRASNADAS DO XOÁN”



MÚSICA E POESÍA

POESÍA E MÚSICA

TANTO MONTA, MONTA TANTO



Achegarse á poesía é achegarse á música, e acheagrse á música é achegarse  á poesía.

A pesía podería ser..

 

Unha Composición literaria,  expresión artística da beleza que emprega a palabra, o ritmo,  á medida e cadencia do verso.

E a música podería ser…

A Arte de combinar os sons nunha atendendo ás leis da harmonía, a melodía e o ritmo.



O que fai semellantes unha e outra, ademáis das definición citadas é: O RITMO



Ainda que haxa música sen letra cantada, esta é poesía polo ritmo, a harmonía….



Son formas de expresar a beleza mediante o ritmo, ambas teñen sons e ambas teñen silencios…

Palabras, sons, silencios… significado e ritmo, expresión, emoción, sentimentos, denuncia e reivindicación, grito desgarrador e nana entrañable, amor e paixón…



Unha sen outra non atopan o norte, unha coa outra, sempre da man, sempre falando do máis humano dos humanos.



Nestes tempos o noso ENCONTRO DE MÚSICA E POESÍA TEN QUE SER VIRTUAL, POR MOR DA PANDEMIA. Anos atrás xuntabámonos e recitábamos música e poesía…este ano abro o caixon de correo,



queque.sanchez@iesxoanmontes.gal 



para que enviedes a vosa  peza musical preferida e  obra poética que máis sexa do voso gusto, así como todas aquelas reflexiós que teñades a ben compartir.

SAÚDE,



DÍA DA POESÍA

 

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

 

DIA DA POESIA, 21 DE MARZO

 



foto, qq




A POESÍA É O GRAN MILAGRE DO MUNDO




Insinareiche sin berros.

O poeta é un mestre sin ira.

Levareite ó meu reino,

onde te agarda

a bandeira da espranza.

Non che amostraréi aquéla

triste, abatida sobre o mastro,

solitaria baixo unha chuvia cincenta.

Estóu arrepentido de pensar

que o máis brosmo e brután dos homes

non poida descalzarse

pra entrar no noso reino.

              

 (¡A poesía é o gran milagre do mundo!)



Eu faréi que olles a través das túas maos toscas

a luz da túa sangre.

Puliremos a túa frente de seixo

hasta case facela lúa.

Non che faréi erguer pesadas pedras,

nin subir o monte máis alto

onde cravada está

a bandeira do meu verso,

nin soster cos teus hombros as noites.

Todo esto xa o ten feito o poeta

por ti, pra ti e máis pra o mundo.

Eu asegúroche que quedarás enviso

fitando prás estrelas.

O xoto palpexar das túas maos

chegará a conocer as rosas invisibles na noite.

Sentirás o borboriño da propia sangre

i o silencio que todos levamos

cando digas:

os seos da miña amada…

Quedarás deslumbrado pola súa luz,

baixo da sombra verde no bosque.



                    (¡A poesía é o gran milagre do mundo!)



Faremos música do teu vocerío.

Eiquí estamos coa túa lingoaxe vulgar.

Nomearás calquera cousa

–árbol, cabalo, pedra…–

e veralos nacer coa súa vida máis íntima,

cos seus contornos máis puros.

Olla esa formiga,

ise argueiro mouro…

¿Qué delicados dedos de alfareiro

puideron modelar tan pequechiño corazón,

que latexa agora baixo dos altos árboles?

¿Non te decatas de que se movéu o silencio?

É esa noitarega

que nesgóu o bosque:

doces, xordas plumas,

abanador da noite.

                                                                   



 LUÍS PIMENTEL, Sombra do aire na herba, 1959.





Fonte: https://sites.google.com/site/luispimentelpoemas/

 

 

 

 

 

 


 

17 mar 2022

RAG E DÍA DA POESÍA

 

A Real Academia Galega réndelle homenaxe a Bernardino Graña nas vésperas do Día da Poesía


PARA SABER MÁIS....



15 mar 2022

O GALEGO ENTRA NOS CONTIDOS DE NETFLIX


A compañía estadounidense impulsa a presenza da lingua galega na plataforma de streaming mediante o subtitulado e a dobraxe dunha selección de títulos....


PARA SABER MÁIS...


 NETFLIX EN GALEGO

14 mar 2022

NOVAS DA ACADEMIA GALEGA

 

NOVAS DA ACADEMIA GALEGA 


DE INTERESE...DIA DA POESÍA...ENTRE OUTRAS!!!! EMISIÓNS EN DIRECTO PARA ESTA SEMANA!!!

6 mar 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, CELEBRAMOS TOD@S

PARABÉNS PARA TODAS AS MULLERES E HOMES, QUE SEGUIMOS A REIVINDICAR A IGUALDADE E OS DEREITOS.

DÍA 8 DE MARZO,  EN PÉ DE IGUALDADE!!!



5 mar 2022

CERTAME DE SKETCHS

 O EDLG DO IES XOÁN MONTES DE LUGO

CONVOCA

CERTAME DE SKETCHS,

microrelatos, monólogos, microteatro, etc., grabados en videos de ata 2 minutos de duración ou grabacións de audio da mesma duración, contando un conto, lenda, relato curto…, con motivo da celebración da semana da letras galegas, OU OUTRO MOTIVO DE FOMENTO E USO DO GALEGO, 

COAS SEGUINTES BASES

1. Convocatoria e participantes

O EDLG DO IES XOÁN MONTES DE LUGO convoca un CERTAME de SKETCHS, para alumnado de ESO e Bacharelato, matriculados no IES XOÁN MONTES.

2. Premios e condicións

Poderán outorgarse ata 3 premios DE DISTINTA CONTIA EN MATERIAL ESCOLAR

3. Presentación de bosquexos.

Cada Alumno/a O GRUPO DE ALUMNOS/AS  poderá presentar un  só TRABALLO,  que deberá ser orixinal, inédito e non premiado anteriormente. Cada bosquexo irá identificado co nome, apelidos e curso do autor/S.  A entrega dos mesmos efectuarase por correo electrónico, na dirección   queque.sanchez@iesxoanmontes.gal  indicando no asunto da mensaxe “CERTAME DE SKETCHS” Os convocantes reservanse o dereito de rexeitar aqueles bosquexos que atenten contra a dignidade persoal,  colectiva ou inciten a violencia, a xenofobia, ou calquera tipo de discriminación ou resulten vexatorios...

4. Prazo de presentación

O prazo de presentación será dende o día 7 ao 21 DE MARZO de 2022

5. Tema.

O tema versará sobre o uso e a promoción da lingua galega no centro educativo e na sociedade.

6. Técnica

As grabacións serán enviadas  ao  correo INDICADO en formato video ou audio, ou por outro medio ao efecto.

7. Xurado e fallo do concurso

O xurado do Certame estará formado por tres  membros da comunidade educativa. O xurado procederá á elección dos proxectos premiados.

Calquera das dúas categorías do certame poderá quedar deserta. O fallo do Certame será inapelable.

 A  efectos do Certame o xurado valorará: a orixinalidade, calidade artística, dificultade de execución e fidelidade ao tema do Certame.


8. Dereitos de autor

Os traballos deberán respectar os dereitos de autor,polo tanto au final deberán aparecer, de se lo caso, os créditos das imaxes ou da música así como o nome do autor/a/s e o curso. Os convocantes poderán, se se considera oportuno e é factible a todos os niveis,  reproducir os  TRABALLOS PRESENTADOS nas súas páxinas web, nas súas publicacións, carteis, blogs, etc ou noutros soportes propagandístico ou informativos, aparecendo sempre  autoría, SEGUNDO A LEXISLACIÓN VIXENTE. Os participantes renuncian a calquera dereito de autor sobre os traballo presentados.

9. Aceptación das bases.

A participación na presente convocatoria obriga  a   aceptación destas bases. Tanto os organizadores como o xurado poderán interpretar estas bases en todos aqueles aspectos non previstos nas mesmas. Calquera modificación destas bases será anunciada debidamente.

10. Entrega de premios

A data e hora de entrega de premios será comunicada na Web do centro e no blog do Edlg“As Trasnadas do Xoán”. nos taboleriros do Centro, etc