27 feb 2021

INFORMACIÓN DE INTERESE, LETRAS GALEGAS

 A Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de abrir, no Portal da Lingua Galega, un novo espazo dedicado a Xela Arias, a escritora que será homenaxeada o Día das Letras 2021: https://www.lingua.gal/letras-galegas/contido_0059/2021-xela-arias. Ademais dunha biografía, atoparedes outros recursos didácticos que vos resultarán moi útiles para divulgar a figura e o legado da autora nas aulas.


Tamén vos poden interesar as actuacións que se están desenvolvendo no programa 21 días co galego e +, unha iniciativa promovida pola SXPL, que podedes seguir diariamente na Radio Galega (ás 13.00 h), ou a través do blog: 
https://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais/.

26 feb 2021

CERTAME DE SKETCHS

 


O EDLG DO IES XOÁN MONTES DE LUGO

CONVOCA


CERTAME DE SKETCHS,

microrelatos, monólogos, microteatro, etc., grabados en videos de ata 2 minutos de duración ou grabacións de audio da mesma duración, contando un conto, lenda, relato curto…, con motivo da celebración da semana da letras galegas, OU OUTRO MOTIVO DE FOMENTO E USO DO GALEGO, 

COAS SEGUINTES BASES

1. Convocatoria e participantes

O EDLG DO IES XOÁN MONTES DE LUGO convoca un CERTAME de SKETCHS, para alumnado de ESO e Bacharelato, matriculados no IES XOÁN MONTES.

2. Premios e condicións

Poderán outorgarse ata 3 premios DE DISTINTA CONTIA EN MATERIAL ESCOLAR

3. Presentación de bosquexos.

Cada Alumno/a O GRUPO DE ALUMNOS/AS  poderá presentar un  só TRABALLO,  que deberá ser orixinal, inédito e non premiado anteriormente. Cada bosquexo irá identificado co nome, apelidos e curso do autor/S.  A entrega dos mesmos efectuarase por correo electrónico, na dirección   queque.sanchez@iesxoanmontes.gal  indicando no asunto da mensaxe “CERTAME DE SKETCHS” Os convocantes reservanse o dereito de rexeitar aqueles bosquexos que atenten contra a dignidade persoal,  colectiva ou inciten a violencia, a xenofobia, ou calquera tipo de discriminación ou resulten vexatorios...

4. Prazo de presentación

O prazo de presentación será dende o día 1 ao 17 DE MARZO de 2021

5. Tema.

O tema versará sobre o uso e a promoción da lingua galega no centro educativo e na sociedade.

6. Técnica

As grabacións serán enviadas  ao  correo INDICADO en formato video ou audio.

7. Xurado e fallo do concurso

O xurado do Certame estará formado por tres  membros da comunidade educativa. O xurado procederá á elección dos proxectos premiados.

Calquera das dúas categorías do certame poderá quedar deserta. O fallo do Certame será inapelable.

 A  efectos do Certame o xurado valorará: a orixinalidade, calidade artística, dificultade de execución e fidelidade ao tema do Certame.


8. Dereitos de autor

Os traballos deberán respectar os dereitos de autor,polo tanto au final deberán aparecer, de se lo caso, os créditos das imaxes ou da música así como o nome do autor/a/s e o curso. Os convocantes poderán reproducir os  TRABALLOS PRESENTADOS nas súas páxinas web, nas súas publicacións, carteis, blogs, etc ou noutros soportes propagandístico ou informativos, aparecendo sempre  autoría. Os participantes renuncian a calquera dereito de autor sobre os traballo presentados.

9. Aceptación das bases.

A participación na presente convocatoria obriga  a   aceptación destas bases. Tanto os organizadores como o xurado poderán interpretar estas bases en todos aqueles aspectos non previstos nas mesmas. Calquera modificación destas bases será anunciada debidamente.

10. Entrega de premios

A data e hora de entrega de premios será comunicada na Web do centro e no blog do Edlg“As Trasnadas do Xoán”. nos taboleriros do Centro, etc




21 feb 2021

ENCONTRO MÚSICA E POESÍA

 EDLG IES XOÁN MONTES


ENCONTRO DE MÚSICA E POESÍA

LUNS, 22 DE FEBREIRO DE 2021

ESPAZO VIRTUAL BLOG “AS TRASNADAS DO XOÁN”


MÚSICA E POESÍA

POESÍA E MÚSICA

TANTO MONTA, MONTA TANTO


Achegarse á poesía é achegarse á música, e acheagrse á música é achegarse  á poesía.

A pesía podería ser..

Unha Composición literaria,  expresión artística da beleza que emprega a palabra, o ritmo,  á medida e cadencia do verso.

E a música podería ser…

A Arte de combinar os sons nunha atendendo ás leis da harmonía, a melodía e o ritmo.


O que fai semellantes unha e outra, ademáis das definición citadas é: O RITMO


Ainda que haxa música sen letra cantada, esta é poesía polo ritmo, a harmonía….


Son formas de expresar a beleza mediante o ritmo, ambas teñen sons e ambas teñen silencios…

Palabras, sons, silencios… significado e ritmo, expresión, emoción, sentimentos, denuncia e reivindicación, grito desgarrador e nana entrañable, amor e paixón…


Unha sen outra non atopan o norte, unha coa outra, sempre da man, sempre falando do máis humano dos humanos.



Este ano o noso ENCONTRO DE MÚSICA E POESÍA TEN QUE SER VIRTUAL, POR MOR DA PANDEMIA. Anos atrás xuntabámonos e recitábamos música e poesía…este ano abro o caixon de correo,


queque.sanchez@iesxoanmontes.gal 


para que enviedes a vosa  peza musical preferida e  obra poética que máis sexa do voso gusto, así como todas aquelas reflexiós que teñades a ben compartir.


SAÚDE,

Queque

"Xeliña fala galego"

 

A RAG comparte "Xeliña fala galego" e reivindica a transmisión xeracional do idioma no Día da Lingua Materna



"Xeliña fala galego"

14 feb 2021

UNHA DE SAN VALENTÍN, UNHA DE ROSALÍA

 VAI DE AMOR....

EU EN TI

Eu xa te busquei                                                         
cando o mundo era unha pedra intaita.
Cando as cousas buscaban os seus nomes,
eu xa te buscaba.

Eu xa te procurei
no comezo dos mares e das chairas.
Cando Deus procuraba compañía
eu xa te procuraba.

Eu xa te chamei
cando soio a voz do vento soaba.
Cando o silenzo chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba.

Eu xa te namorei
cando o amor era unha folla branca.
Cando a lúa namoraba as outas cumes,
eu xa te namoraba.

Sempre,
dende a neve dos tempos,
eu, na túa ialma.

Celso Emilio Ferreiro (1991) O soño sulagado. Vigo. Edicións Xerais de Galicia.


VAI DE ROSALÍA...


¡PRA A HABANA!

I

Vendéronlle os bois,
vendéronlle as vacas,
o pote do caldo
i a manta da cama.
Vendéronlle o carro
i as leiras que tiña,
deixárono soio,
coa roupa vestida.
«María, eu son mozo,
pedir non me é dado,
eu vou polo mundo
pra ver de ganalo.
Galicia está probe,
i á Habana me vou...
¡Adeus, adeus, prendas
do meu corazón!»

Rosalía de Castro (1972) Follas Novas.Vigo. Edicións Castrelos.


 

 

 

 


2 feb 2021

ACTIVIDADES E CONVOCATORIAS EDLG

 

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

ALGUNHAS DATAS A TER EN CONTA

 

SEUO

 

+SEMANA DAS LETRAS GALEGAS DO 10 AO 14 DE MAIO... (CONVOCATORIAS PARA OS CONCURSOS LITERARIOS... DO 12 DE ABRIL AO 30 DE ABRIL)

 

+CERTAME DE GRAFITIS, "DEBUXA EN GALEGO" DO 5 AO 26 DE FEBREIRO


+LUNS, 22 DE FEBREIRO “ENCONTRO DE MÚSICA E POESÍA”

 

+CERTAME DE SKETCHS DO 1 AO 17 DE MARZO

 

+CERTAME DE CONTOS DO 15 A0 26 DE MARZO


+ LUNS, 8 DE MARZO OBRADOIRO DE RADIO


+LUNS  26 DE ABRIL OBRADOIRO ESCÉNICO E TEATRO EN GALEGO

 

+MOSTRA DE CONTOS, "NAIS E  PAÍS TAMÉN CONTAN", DO 10 AO 14 DE MAIO

 

+MOSTRA SOBRE TOPONIMIA E ONOMÁSTICA “A LINGUA E O HOME,” DO 10 AO 14 DE MAIO

 

+MOSTRA “CAMIÑO DE SANTIAGO E LINGUA” DO 10 AO 14 DE MAIO

 

+MOSTRA DE FOTOGRAFÍA “ A IMAXE TAMÉN FALA” DO 12 AO 23 DE ABRIL.

+REVISTA DIXITAL "Á SOMBRA DA MURALLA"

 

DEBIDO A ACTUAL SITUACIÓN PANDÉMICA, ESTAS ACTIVIDADES PODERÁN VARIAR, SER SUPRIMIDAS OU RECONVERTIRSE, DE SELO CASO, A FORMATO ONLINE, SER REALIZADAS DE XEITO VIRTUAL, ETC

 

 





IES XOÁN MONTES

EDLG

CERTAME DE GRAFFITIS

 

BASES DO CERTAME 

 

1. Convocatoria e participantes

O EDLG DO IES XOÁN MONTES DE LUGO convoca un CERTAME de gratfitis,

PARA ALUMNAS E ALUMNOS matriculados no IES XOÁN MONTES

2. Premios e condicións

PODERANSE OUTORGAR ATA CATRO PREMIOS.

3. Presentación de bosquexos.

Cada alumno/a  poderá presentar un  só Graffiti,  que deberá ser orixinal, inédito e non premiado anteriormente. Cada bosquexo irá identificado co nome, apelidos e curso do autor/a. A entrega dos mesmos efectuarase por correo electrónico, no enderezo  

queque.sanchez@iesxoanmontes.gal. 

indicando no asunto da mensaxe “CERTAME DE GRAFFITI”. Os convocantes resérvanse o dereito de rexeitar aqueles bosquexos que atenten contra á dignidade persoal, colectiva ou inciten á violencia, á xenofobia, ou calquera tipo de discriminación ou resulten vexatorios.

4. Prazo de presentación

O prazo de presentación será dende o día 5 ao 26 de febreiro de 2021.

 

5.Tema.

O tema versará sobre o uso e a promoción da lingua galega no centro educativo e na sociedade.

6. Técnica

A técnica utilizada para a realización do graffiti será calquera que o autor/a considere oportuna e que poida ser reproducida en tañaño, A4 A3 ou maior. Logo de ser dixitalizada, enviarase por correo electrónico ao devandito enderezo mail. OS TRABALLOS PRESENTADOS POSERÁN ser expostos no blog AS TRASNADAS DO XOAN OU OUTROS MEDIOS DIXITAIS).

7. Xurado e fallo do certame

O xurado do Certame estará formado por tres  membros da comunidade educativa. O xurado procederá á elección dos proxectos premiados.

Os premios do certame poderán quedar desertos.

O fallo do Certame será inapelable.

A efectos do Certame o xurado valorará: a orixinalidade, calidade artística, dificultade de execución e fidelidade ao tema do Certame.

 8. Dereitos de autor

Os convocantes poderán reproducir os graffitis

nas súas páxinas web, nas súas publicacións, carteis, blogs, etc, ou noutros soportes propagandístico ou informativos, aparecendo sempre a autoría, se así o permite a lexislación sobre protección de datos vixente.

Os participantes renuncian a calquera dereito de autor sobre os traballos presentados.

 

9. Aceptación das bases.

A participación na presente convocatoria obriga

 a aceptación destas bases. Tanto os

organizadores como o xurado poderán interpretar estas bases en todos aqueles aspectos non previstos nas mesmas. Calquera modificación destas bases será

anunciada debidamente.

 10. Entrega de premios

A data e hora de entrega de premios será comunicada na Web do centro ou no blog do EDLG “As Trasnadas do Xoán”.