27 feb 2018

DÍA DE ROSALIA, LEMBRANDO A ROSALIA NO SEU 181 ANIVERSARIO



A colección de retratos de Rosalía de Castro da RAG, agora na Rede 
O número de documentos conservados na Real Academia Galega dispoñibles en versión dixital a través de Galiciana segue a medrar. O Arquivo da institución ofrece no Arquivo Dixital de Galicia (https://arquivo.galiciana.gal) os retratos que conserva de Rosalía de Castro (1837-1885), escritora fundacional das nosas letras contemporáneas da que se celebrará o vindeiro 24 de febreiro o 181 aniversario do seu nacemento.


A maioría dos documentos incorporados son fotografías da autora en distintos momentos da súa vida, entre elas a realizada polo estudio coruñés de Sellier convertida nunha das imaxes máis coñecidas de Rosalía de Castro, na que aparece cun chapeu de plumas. O mesmo retrato, feito nos primeiros anos de década de 1880, pode verse nunha copia en forma de óvalo e noutra reprodución sobre o debuxo dunha tea.
Rosalía sendo aínda unha moza, no ano 1855, fotografada por Mr. Encausse et Cie -con estudio na rúa do Vilar de Santiago de Compostela-, un retrato realizado entre 1865 e 1875 ou a fotografía na que a escritora posa coa familia no exterior Casa da Matanza en xullo de 1884 son tamén parte das imaxes que incrementan desde hoxe os documentos da RAG dixitalizados dispoñibles a través de Galiciana.
A fotografía do retrato pintado por Ricardo Camino e unha tarxeta publicitaria de Ceregumil con debuxo e biografía de Rosalía datada entre 1910 e 1920 completan a relación de documentos.
Fonte, R.A.G

26 feb 2018

CERTAME DE GRAFFITIS


BASES DO CERTAME 

1. Convocatoria e participantes
O ENDL DO IES XOÁN MONTES DE LUGO convoca un CERTAME de graffitis,
que comprende dúas categorías:
- Categoría A, dirixida ao alumnado DOS CURSOS 1º, 2º E 3ºde Educación Secundaria Obrigatoria matriculados no IES XOÁN MONTES
- Categoría B, alumnado de 4º DA ESO e Bacharelato, matriculados no IES XOÁN MONTES

2. Premios e condicións
Outorgaranse dous premios por categoría
- O primeiro premio de cada categoria será de 25 euros en material escolar
- O segundo premio de cada categoria será de 15 euros en material escolar

3. Presentación de bosquexos.
Cada alumno/a  poderá presentar un  só Graffiti,  que deberá ser orixinal, inédito e non premiado anteriormente. Cada bosquexo irá identificado co nome, apelidos e curso do autor/a. A entrega dos mesmos efectuarase por correo electrónico, no enderezo  ies.xoan.montes@edu.xunta,esindicando no asunto da mensaxe “CERTAME DE GRAFFITI”. Os convocantes resérvanse o dereito de rexeitar aqueles bosquexos que atenten contra á dignidade persoal, colectiva ou inciten á violencia, á xenofobia, ou calquera tipo de discriminación ou resulten vexatorios.

4. Prazo de presentación
O prazo de presentación será dende o día 26 de febreiro ao día 19 de marzo de 2018.

5. Tema.
O tema versará sobre o uso e a promoción da lingua galega no centro educativo e na sociedade.

6. Técnica
A técnica utilizada para a realización do graffiti será calquera que o autor/a considere oportuna e que poida ser reproducida en tañaño A3 ou maior. Logo de ser dixitalizada, enviarase por correo electrónico ao devandito enderezo mail. (Os primeiros e segundos permios de cada categoría serán reproducidos en maior tamaño e expostos nos corredores do Centro). Aqueles traballos non premiados poderán, de ser o caso, expostos en tamaño A3 nos corredores do centro xunto aos premiados.)

7. Xurado e fallo do concurso
O xurado do Certame estará formado por tres  membros da comunidade educativa. O xurado procederá á elección dos proxectos premiados.
Calquera das dúas categorías do certame poderá quedar deserta.
O fallo do Certame será inapelable.
A efectos do Certame o xurado valorará: a orixinalidade, calidade artística, dificultade de execución e fidelidade ao tema do Certame.

8. Dereitos de autor
Os convocantes poderán reproducir os graffitis
nas súas páxinas web, nas súas publicacións, carteis, blogs, etc
ou noutros soportes propagandístico ou informativos, aparecendo sempre a autoría.
Os participantes renuncian a calquera dereito de autor sobre os traballos presentados.

9. Aceptación das bases.
A participación na presente convocatoria obriga
 a aceptación destas bases. Tanto os
organizadores como o xurado poderán interpretar estas bases en todos aqueles aspectos non previstos nas mesmas. Calquera modificación destas bases será
anunciada debidamente.

10. Entrega de premios
A data e hora de entrega de premios será comunicada na Web do centro e no blog do ENDL “As Trasnadas do Xoán”.

15 feb 2018