19 ene 2016

CONCURSO "FALO, ESCOITO, LEO E ESCRIBO EN GALEGO"


O EDLG convoca un concurso dirixido ao alumnado de todos os niveis. Concederase ao final de curso un premio, aínda por decidir, ao alumno que demostrara ter falado, escoitado, lido e escrito máis en galego. 
Os criterios que o os membros do EDLG aplicarán para a elección do gañador van ser:
  • Calidade e número das producións escritas publicadas no blog e na revista do centro.
  • Número de libros lidos en galego.
  • Producións orais en galego  publicadas na radio-blog Radio Trasnadas.

13 ene 2016

CONCURSO RECITADO DE POESÍA "ROSALÍA SEMPRE VIVA"

A casa-museo Manuel María convoca o concurso de recitado de poesía "Rosalía sempre viva".

DESTINATARIOS: Alumnado de ESO e BAC


PROBA: Recitado dunha única poesía escollida libremente de entre a obra en galego de Rosalía de Castro ou Manuel María.
Valorarase a autenticidade e naturalidade do recitado, ton, timbre, ritmo, pausas, dicción, inflexión da voz e expresividade. Tamén se valorará a súa memorización e o seu nivel de dificultade.

FASE LOCAL
SELECCIÓN DO ALUMNADO NO CENTRO:
5 de febreiro, ás 11:30, na aula 10. 
2 alumnos por nivel (ESO e BAC). 
Premio: un diploma e un vale de 20 euros para gastar nunha libraría, para cada un dos seleccionados.

FASE FINAL
Casa Museo Manuel María Sábado, 27 de febreiro
Premio: 1 tablet e 1 diploma