27 oct 2021

CIENCIA EN GALEGO E OUTRAS CONVOCATORIAS DE INTERESE

        O Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) organiza a xornada Aproximación á vida e á obra de Florencio Delgado Gurriarán (código fprofe G2103016). Desenvolverase os xoves, do 28 de outubro ao 18 de novembro. A data límite de inscrición en https://www.edu.xunta.gal/fprofe/ é o 27 de outubro de 2021

        O 4 de novembro tamén podedes asistir aos Encontros para a Normalización Lingüística promovidos polo Consello da Cultura Galega (CCG) co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), que este ano volven ser presenciais e se van centrar na transmisión interxeracional do galego. Tedes o programa e toda a información nesta ligazón.

        Por outra banda, con motivo da conmemoración do Mes da Ciencia en Galego, a Institución Galega da Ciencia (Igaciencia), en colaboración coa SXPL, ofrécevos a posibilidade de ver a videoconferencia de Senén Barro Ameneiro, director do CiTIUS na Universidade de Santiago de Compostela: "Poden pensar as máquinas?". Podedes inscribir o voso centro (ata o 31 de outubro) ou seguir o webinario por streaming a través da canle de Youtube da entidade. Tedes máis información na páxina web lingua.gal/ciencia-en-galego do Portal da lingua galega, onde tamén podedes atopar outros materiais de interese relacionados con este ámbito. Así mesmo, no web http://igaciencia.eu/gl/node/370/ atoparedes outros interesantes relatorios.





16 oct 2021

"GALICIA NOMEADA"

 

Galicia Nomeada

    Galicia Nomeada é unha plataforma colaborativa para a recolleita, xeorreferenciación e difusión da microtoponimia galega e de toda a tradición oral asociada a ela. Esta ferramenta informática permite que o voluntariado cultural de Galicia (particulares, asociacións veciñais e culturais, comunidades de montes, centros de ensino, confrarías, entidades públicas e privadas...), desde un PC, tableta ou smartphone conectado a internet, poidan achegar os topónimos da súa aldea, parroquia ou concello, segundo unha metodoloxía predefinida.


MÁIS REFERENCIA:

GALICIA NOMEADA

MUSEOS QUE FALAN GALEGO

 

Servizos virtuais do Museo do Pobo Galego (MPG) e mais do Museo Pedagóxico Galego (Mupega). 


Estas entidades continúan ofrecéndolles aos centros visitas guiadas, exposicións, solicitudes en liña de préstamo de materiais etc. Temos máis información na seguinte ligazón:

 

http://www.museodopobo.gal/index.php/gl/nova/programa-escolar-para-infantil-e-primaria

https://mupega.edu.xunta.gal/es/visitas-e-actividades/recursos-dixitais-para-aula