30 abr 2022

PROXECTO SOMOS

 



 PROXECTO SOMOS

 28 abril 2022

 

No noso centro temos alumnado de moitas partes do mundo.

Eso fai que teñamos unha riqueza cultural enorme, e hai que aproveitala.

O noso alumnado procedente doutras latitudes culturais amosa sempre interse por aprender a nosa lingua e medrar na nosa cultura. O alumnado autóctono atópase encantado de enriquecer as súas experiencias con noticias, información e vivencias interculturais.

Neste sentido salientamos que o día 28 de abril levouse a cabo unha sesión de intercambio de experiencias uinterculturais. Foi moi rico e interesante!!

Camiñamos xuntos na diversidade, na riqueza e no respecto.







 


CERTAMES LETRAS GALEGAS

 CERTAMES LETRAS GALEGAS 



 

O EQUIPO DE  DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO DO I.E.S. XOÁN   MONTES de LUGO CONVOCA OS

CERTAMES  DAS LETRAS GALEGAS

 O Equipo de  Dinamización da Lingua Galega do do I.E.S. Xoán Montes  convoca  CERTAMES DE NARRATIVA, POESÍA,  TEATRO, ENSAIO e ENCRUCILLADAS (INCLÚE SOPAS DE LETRAS E AUTODEFINIDOS….   rexido polas  seguintes  BASES

 

Primeira.Poderán participar todos os alumnas e alumnos deste centro.

 Segunda.- Os textos terán que ser orixinais, inéditos e en lingua galega. O tema é  libre. Os convocantes poderán reproducir os  TRABALLOS PRESENTADOS nas súas páxinas web, nas súas publicacións, carteis, blogs, etc ou noutros soportes propagandístico ou informativos, aparecendo sempre a  ou non segundo a lexislacion vixente. Os participantes renuncian a calquera dereito de autor sobre os traballo presentados.  A extensión máxima non excederá de 3 páxinas. O prazo de entrega de traballos  dende o día 2 AO 20  DE MAIO

 Terceira.- Cada participante poderá presentar como máximo dous traballos por modalidade.

 Cuarta.- Os textos serán enviados á dirección mail,

queque.sanchez@iesxoanmontes.gal

 Poderán ser entregadis directamente tamán a calquera membro do equipo EDLG.

 Quinta.- PODERÁNSE OUTORGAR ATA 4 PREMIOS por modalidade. Den non haber premiados/as nalgunha modalidade, os posibles premios correspondentes  sumaranse ás demais modalidades  Estes consistirán  epor  un  importe MATERIAL DIDÁCTICO, material escolar  funxible. Tamén poderá ser outorgado un diploma.

 Sexta.- O fallo do xurado será inapelable. A presentación ao certame presupón a aceptación plena das presentes bases.

  

 En Lugo, 2 DE MAIO DE 2022


27 abr 2022

mostra-exposición florencio delgado gurriarán

 

LETRAS GALEGAS 22

NAS EXCALEIRAS DO NOSO CENTRO PODEMOS VISITAR A EXPOPSICIÓN DE CARTELERÍA SOBRE A FIGURA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN PERSOA HOMENAXEADA NAS LETYRAS GALEGAS 22.

PAGA A PENA!!!!

26 abr 2022

MOSTRA, NAIS E PAÍS TAMÉN CONTAN

 

EDLG IES XOÁN MONTES
LUGO




MOSTRA, NAIS E PAIS TAMÉN CONTAN


CONTAN, BEN QUE CONTAN!!!!

Para mostra, un boton.

Gocen da lectura deste fermoso relato!!!

O BURRO E AS TEIPAS

 

Fai moito, moito tempo, cando os animais todavía falaban, había un burro labrego que tiña unha horta encantada na que medraban colleitas en abundancia. Por desgraza, era tal a súa sona que axiña atraeu o interese das teipas de media bisbarra, fartas de comer miñocas. Daquela as follas das patacas e das berzas comezaron a esmorecer; os repolos e mailas leitugas non pasaban da noite; as fabas, aínda nos paus, aparecían abertas e baleiras; e ata os allos, as cebolas, nabos e cenouras desaparecían terra abaixo deixando no seu canto moreas e moreas de teipoeiras.

O burro, que nunca imaxinara semellante cataclismo, orneaba espantado e facía canto podía por botar fóra aquela praga, empezando por ser educado:

—Por favor, marchade de aquí xa… De aquí xa… De aquí xa… De aquí xa…

Pero as teipas non lle fixeron caso, así que probou con argumentos, ameazas e xuramentos que, por suposto, fracasaron. Deseguido estivo un tempo ben quietiño diante dunha teipoeira, cun sacho en alto, agardando por algunha teipa ata que esgotou a paciencia e toleou, esmagando e espallando os restos da colleita. Despois mesmo tirou de petardos, trampas e mangueiras de auga que só serviron para empeora-la desfeita.

—Sementa diñeiro e perderás menos cartos, faime caso —berróulle don Raposo un día que pasaba pola beira do camiño.

—Si, ho! Para que veñas roubalo ti pola noite… Pensas que son parvo? —respostou o burro, pero calou a medio orneo, razonou e rematou nun murmurio—: De acordo, grazas polo consello.

O burro anicóuse na terra e chamou polas teipas para pedir unha tregua. Daquela a máis valente asomou a punta do fuciño por un burato seguro e preguntou:

—Que queres agora?

—Facer un trato. Marchade da miña horta e dareivos mancheas de cartos.

—Cartos? —dixo a teipa con abraio—. Para que queremos cartos?

—Nos non comemos cartos —engadiu outra que asomara media cabeza por un tobo máis afastado.

—Os ratos comen cartos —aclarou a primeira.

—Nos non somos ratos!!! Non somos ratos!!! Non somos ratos!!! —berraron outras moitas, todas a unha, agochadas polos recunchos da horta.

—Non queremos diñeiro, xa temos comida —sentenciou a teipa atrevida.

O burro ergueu as orellas, bufou coma un gato e cabeceou contrariado. Estaba afeito a traballar, pero non a pasar traballos negociando con outros.

—Xa podiades axudar un pouco, xa… Si, xa… Si, xa… Si, xa…

—Viñemos para quedar e temos fame. Que lle queres?

—Traballade, arredemo!!! —dixo o burro sen pensalo, pero logo deu en cavilar—: E se vos ofrezo comida a cambio de traballo?

—Madía leva, nos non somos preguiceiras. Cal é o trato?

—Pois mirade… Se removedes a terra por debaixo, eu fago os regos por enriba. Logo botarei a horta e vos arrincarede-las malas herbas no seu tempo. De seguro que todos saímos gañando.

—Pero que hai da comida?!!! Que hai da comida?!!! Que hai da comida?!!! —volveron berrar tódalas teipas.

—Pois… —O burro botou contas—. Mirade, a metade da colleita paréceme xusto. Que dicides? Hai trato?

As teipas calaron, sorriron e fuxiron en tropel cara ao seu tobo soterrado no centro da horta. Logo o burro escoitou o rumor dun debate breve e democrático que acabou en aplausos. Aínda non rematara cando a teipa atrevida xa estaba de volta:

—Unha cousiña, que garantía temos?

—Palabra de burro e non de raposo! —respondeu o burro case que ofendido—. Non é dabondo?!

—De acordo, de acordo. Cando empezamos?

—Pois xa… Pois xa… Pois xa… Para que perde-lo tempo? Arranxemos esta desfeita canto antes.

E así fixeron, con tanto xeito e de tal maneira que en menos dunha semana xa tiñan outra colleita, as teipas a vida resolta e o burro tempo libre para cumplir un dos seus soños de sempre: escribir catro contos e algún verso de vez en cando.

 

FIN

R. L. Expósito.


VIDEO HOMENAXE A FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN



CPR Plurilingüe San Pío X (Ourense)

IDEO 

E MAÍS SOBRE FLORENCIO...

 DOCUMENTACIÓN DE INTERESE SOBRE FLORENCIO DELGADO

PREMER

Florencio delgado...máis documentación de interese


neste enlace atopamos materias e documemnto de interese para coñecer a Florencio delgado e a súa traxectoria!!!!


VIDEOS E DEMAIS... 

CONVITE

 

REMITIMOS INFORMACIÓN,


Desde o EDLG do CIFP Politécnico de Lugo, convidámosvos a unha exposición e a un concerto:

 
Exposición: De amor e de amigo, as cantigas de Martín de Padrozelos
Do 20 ao 30 de abril de 2022

 

Concerto de A Quenlla: Trobador no Camiño, as cantigas de Martín de Padrozelos
O 28 de abril de 2022 ás 19:30 horas no salón de actos do CIFPPolitécnico de Lugo

A entrada é libre ata completar a capacidade.




21 abr 2022

FELIZ DÍA DO LIBRO


23 de abril, día do libro




O ler fainos libres!!

Sé libre, le!!!!

 UN MUNDO SEN LIBROS?, NON SERÍA HUMANO!!!

VIVE MILLEIROS DE AVENTURAS, DISFRUTA!!! VIAXA COA MENTE POLOS RELATOS MÁIS EXÓTICOS, POLOS RINCÓNS MÁIS FERMOSOS...CONTRÚE AS TÚAS PROPIAS HISTORIAS!!!!!

ATRÉVETE A LER!!!!




20 abr 2022

MÁIS SOBRE FLORENCIO DELGADO....

 

2022 - Florencio Delgado Gurriarán

Florencio Delgado Gurriarán nace en Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903, no seo dunha familia acomodada. Sexto dos fillos do matrimonio, foi poeta, editor, corrector e tradutor, escribiu artigos de prensa e traballos de léxico. Foi tamén un extraordinario activista político e cultural, un dos principais intermediarios entre a Galicia exiliada en México e a Galicia interior e ponte de unión coa intelectualidade doutras orixes.

Os seus primeiros anos transcorren na casa familiar da aldea, na bocarribeira do Sil; unha paisaxe de terras de labor consagradas desde antigo ao cultivo das videiras, que vai ter unha presenza constante nos seus versos.

Aos seis anos marcha a Ourense e aos 10 a Palencia, onde estuda o bacharelato; son traslados forzosos, motivados polo traballo do seu pai, enxeñeiro agrónomo. En Valladolid cursa a carreira de Dereito. Daquela coñece o xornal A Nosa Terra e descobre que non é “un Robinsón do galeguismo”. Anteriormente lera a Rosalía, Curros e Cabanillas na biblioteca da casa corgomesa, lecturas que espertarían a súa vocación poética.

En 1928, cando o seu pai se asenta na Coruña, el retorna a Valdeorras e prepara as oposicións para rexistrador. Traballa nun bufete do Barco de Valdeorras, organiza festas e promove actividades culturais.

Nesa época comeza a publicar os primeiros versos en xornais e revistas como Heraldo de Galicia e A Nosa Terra. En 1934 sae do prelo o seu primeiro poemario, Bebedeira, unha obra de exaltación da terra natal próxima ao hilozoísmo de Amado Carballo, moi ben acollida pola crítica.

O seu compromiso con Galicia fai que se achegue aos labores en prol da lingua como membro das Irmandades da Fala, sexa socio protector do Seminario de Estudos Galegos e en 1933 ingrese no Partido Galeguista. Neste tempo relaciónase con Castelao, Alexandre Bóveda e Otero Pedrayo e con eles participa na campaña a prol do Estatuto de autonomía.

En 1936, co comezo da Guerra Civil, ten que marchar a Portugal e desde alí a Francia. Dous anos despois trasládase á Barcelona republicana; noméano secretario de propaganda do Partido Galeguista, publica poesía de combate e xestiona a saída de guerrilleiros por Portugal. En 1939, xa desde Francia, organiza a evacuación dos refuxiados a América e parte no buque Ipanema canda 997 exiliados máis, con destino a Veracruz.

En México participa activamente na vida cultural dos galegos emigrados e funda, con Illa Couto e Carlos Velo, a revista Saudade. En 1943, colabora no libro Cancioneiro da loita galega cunha serie de poemas asinados co pseudónimo de Nadel. Participa tamén na obra Poesía inglesa e francesa vertida ao galego (1949) con traducións do francés de Rimbaud, Mallarmé, Valéri e outros.

Nos anos cincuenta foi o promotor de iniciativas como o Padroado da Cultura Galega en México (creado en 1953) e editou, con Carlos Velo e Luis Soto, Vieiros, a revista máis importante do exilio galego. En 1963, publica o libro Galicia Infinda, no que inclúe unha serie de poemas con temática mexicana.

En 1968, despois de 32 anos, volve a Valdeorras. Regresa outra vez en 1976, con Celia, a súa muller, e, xa por último, en 1981. Desta vez, toma posesión como Membro de Mérito do Instituto de Estudos Valdeorreses e é recoñecido como membro correspondente da Real Academia Galega. Tamén neste mesmo ano aparece Cantarenas, que recolle poemas xa editados en Bebedeira e Galicia infinda a canda outros de recente creación dedicados ao viño. En 1986, publica O soño do guieiro, un libro en homenaxe a Castelao no que destacan os seus poemas de loita e compromiso.

O día 14 de maio de 1987, aos 84 anos, morre en Fair Oaks (California) na casa dunha das súas fillas. As súas cinzas repousan no cemiterio de Córgomo, á vista da súa amada Valdeorras, a onde sempre quixo volver.

En 2021, a Real Academia Galega acorda dedicarlle o Día das Letras Galegas 2022. A través da súa figura tamén se homenaxea, por primeira vez, a Galicia do exilio republicano en México.

19 abr 2022

CAMIÑOS DE CIENCIA....

 

Camiños de Ciencia, unha guía de viaxe para peregrinos curiosos

Guía de viaxe orientada ao turismo científico elaborada por Observer® (ObserverScienceTourism.com) para a Secretaría Xeral de Política Lingüística.



  • Camiños de Ciencia, unha guía de viaxe para peregrinos curiosos

Camiños de Ciencia é unha guía para coñecer a ciencia que hai detrás do patrimonio natural e cultural do Camiño. Trátase da primeira guía do Camiño con este tipo de abordaxe. Xeoloxía, botánica e zooloxía, pero tamén astronomía, medicina e química e, por suposto, arqueoloxía e historia explican o Camiño en todas as súas dimensións.

A guía, que segue o esquema das etapas oficiais dos Camiños Francés e mais de Inverno, transcorre por 31 municipios das catro provincias galegas e explica de maneira divulgativa e orixinal máis de 100 puntos de interese. Ademais de ofrecer información básica sobre a organización do Camiño e contidos de turismo científico, para aqueles peregrinos máis intrépidos recomenda desvíos na ruta para coñecer lugares asombrosos fóra do itinerario marcado.

No capítulo “O Camiño de Santiago, un destino de ciencia” que abre esta guía, atópase o contexto histórico preciso para conectar coa tradición xacobea. En “Informacións esenciais” recóllense aquelas consideracións imprescindibles antes de comezar calquera dos dous camiños abordados. Nos capítulos seguintes, o libro entra de cheo no Camiño Francés e no Camiño de Inverno. O último dos capítulos da guía está dedicado a Santiago, a meta común.

programación institucional letras galegas 22, documento de interese

 documento de interese ...

programación institucional letras galegas 22

https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=6740280&name=DLFE-23988.pdf





GALEGO NA BBC

 

 O GALEGO NA BBC,,,,

    FONTE E MÁIS....

LINGUA.GAL

18 abr 2022

CERTAME XACOBEO

 

Certame xacobeo, imos de camino

Relatos xacobeos

 

 

O EQUIPO DE  DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO DO I.E.S. XOÁN   MONTES CONVOCA O

 Certame xacobeo, imos de camino

Relatos xacobeos

 

Primeira.Poderán participar todos os alumnas e alumnos deste centro.

 

Segunda.- Os textos terán que ser orixinais, inéditos e en lingua galega. O tema é  O CAMIÑO DE SANTIAGO, OS CAMIÑOS DIVERSOS E TODO AQUELO QUE ESA CON ÉL RELACIONADO. Os convocantes poderán reproducir os  TRABALLOS PRESENTADOS nas súas páxinas web, nas súas publicacións, carteis, blogs, etc ou noutros soportes propagandístico ou informativos, aparecendo sempre a autoría segundom a lexislacion vixente. Os participantes renuncian a calquera dereito de autor sobre os traballo presentados.  

 Terceira.- Cada participante poderá presentar como máximo dous relatos.

 

Cuarta.- Os textos serán enviados á dirección msil, NO PRRAZO DE 19 AO 3O DE ABRIL, OU EN MÁN.

 

queque.sanchez@iesxoanmontes.gal

 

Quinta.- PODERÁNSE OUTORGAR ATA 4 PREMIOS.  En  consistirán  en   MATERIAL DIDÁCTICO, material escolar  funxible. Tamén poderá ser outorgado  outorgado un diploma.

 

Sexta.- O fallo do xurado será inapelable. A presentación ao certame presupón a aceptación plena das presentes bases.

 



 

 En Lugo, 19 de abril de 2022


4 abr 2022

O NOSO CENTRO EN GALEGO

 Ademais de polo número, poderemos coñecer as aulas dos grupos de referencia do noso centro polo nome de figuras da cultura galega, escritoras, pintoras....

para mostra...