30 mar 2017

A RAG TEN NOVO PRESIDENTE


O Pleno da Real Academia Galega, reunido o 28 de marzo, e en sesión extraordinaria, apoiou a candidatura á Presidencia da institución de Víctor Fernández Freixanes

O presidente da institución estará acompañado por unha comisión executiva integrada por Henrique Monteagudo e Andrés Torres Queiruga, que continúan como secretario e vicesecretario, e Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey, que ocuparán os cargos de tesoureira e arquiveira-bibliotecaria, respectivamente.

28 mar 2017

CERTAME POESÍA E PROSA LETRAS GALEGAS

O Departamento de Lingua Galega e o ENDL convocaron o tradicional certame de prosa e poesía das Letras Galegas.
Consulta as bases e PARTICIPA.
BASES CONCURSO PROSA
BASES CONCURSO POESÍA

GAÑADORES CONCURSO GRAFFITIS

Xa temos gañadores no concurso de graffitis: 

PRIMEIRO PREMIO



SEGUNDO PREMIO


23 mar 2017

21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA

No planta baixa do Centro, co gallo do día da poesía, podemos disfrutar dunha morea de versos: PoemARTE. Tamén podes lelos no blog PORTANONA. 




7 mar 2017

ENCONTRO DE MÚSICA EN GALEGO,”SON EN GALEGO”

NO TEMPO DE LECER DO VINDEIRO MÉRCORES 29 DE MARZO ACHÉGATE A AULA DE MÚSICA E PASA UN LECER DIFERENTE...
ESCOITANDO MÚSICA E POESÍA EN GALEGO

NON VEÑAS SÓ NON VEÑAS SOA NON VEÑAS SÓ NON VEÑAS SOA




I CERTAME DE DEBUXO E POESÍA "AVELINO DÍAZ"

Os concellos de Meira e Ritotorto coa colaboración da Asociación Cultural "Avelino Díaz" convocan o I CERTAME DE DEBUXO E POESÍA “AVELINO DÍAZ". 
Consulta as bases.
 O prazo de presentación de orixinais remata o 16 de marzo de 2017.

 A Asociación Cultural "Avelino Díaz" pretende poñer en valor a vida e a obra de Avelino Díaz Díaz, nacido en Santa Comba da Órrea - Riotorto, pero que pasou boa parte da súa nenez en Meira. O "Poeta de Meira" emigrou sendo adolescente a Buenos Aires, onde desenvolveu un intensa actividade xornalística e literaria. Nunca regresou á Terra, e precisamente por iso a súa obra é, se cadra, máis coñecida en América que en Galicia. A pesar diso, trátase dunha obra de calidade que sen dúbida merece unha investigación demorada, sobre todo se temos en conta que, á marxe dos seus catro volumes publicados, uns 850 poemas están pendentes de localización. Precisamente por iso, a Asociación Cultural "Avelino Díaz", formada por un importante número de colectivos de toda índole dos concellos de Riotorto e Meira, ademais de por persoas particulares, pretendía conseguir para el o Día das Letras de 2017, cando cumpriría 120 anos. Dado que iso non foi posible, a candidatura de Avelino será presentada de novo para o Día das Letras de 2018. (Información da páxina da asociación)

CENTENARIO DO PASAMENTO DE EDUARDO PONDAL


O mércores, 8 de marzo, cúmprense 100 anos da morte de Eduardo Pondal, o autor do himno galego.  
O himno galego foi o resultado da coordinación de Xosé Fontenla Leal. Primeiro pediu a letra a Curros Enríquez, a gran figura na Habana nese momento, e a música a Castro "Chané", pero ao non conseguilo coa premura que precisaba, escolleu o poema Os pinos de Pondal, estableceu contacto con Pascual Veiga e o resultado foi o que Fontenla Leal lle chamou o "Hino Rexional Galego", logo chamaríaselle o Hino a Galicia e xa definitivamente o Hino galego.


Os Pinos.
¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

Escóitao en YOUTUBE:











HIMNO GALEGO

Ler máis sobre Curros Enríquez.