7 mar 2017

CENTENARIO DO PASAMENTO DE EDUARDO PONDAL


O mércores, 8 de marzo, cúmprense 100 anos da morte de Eduardo Pondal, o autor do himno galego.  
O himno galego foi o resultado da coordinación de Xosé Fontenla Leal. Primeiro pediu a letra a Curros Enríquez, a gran figura na Habana nese momento, e a música a Castro "Chané", pero ao non conseguilo coa premura que precisaba, escolleu o poema Os pinos de Pondal, estableceu contacto con Pascual Veiga e o resultado foi o que Fontenla Leal lle chamou o "Hino Rexional Galego", logo chamaríaselle o Hino a Galicia e xa definitivamente o Hino galego.


Os Pinos.
¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

Escóitao en YOUTUBE:











HIMNO GALEGO

Ler máis sobre Curros Enríquez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario