23 abr 2024

Visita á sede de Pull&Bear

Hoxe contamos ca colaboración de Nuria Fernández López, de 1º de bacharelato C, para relatarnos a experiencia da visita á sede de Pull&Bear en Narón:

O martes 6 de febreiro durante toda a mañá visitamos a sede de Pull&Bear en Narón (A Coruña). Dende 2016 Pull&Bear conta con unha nova sede central en Narón, que cumple cos estándares medioambientales máis exixentes. Así o acredita a súa certificación Ledd Oro, o maior recoñecemento de sostenibilidade de edificios e construccións.

A empresa Pull&Bear está engolbada no sector do comercio ao por maior é ao por menor. En canto a súa forma xurídica sería unha Sociedade Anónima. Pull&Bear pertence ao grupo Iditex que o forman sete marcas comerciais: Zara, Zara Home, Pull&Bear, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius e Oysho.

As coleccións de Pull&Bear teñen o fin de vestir a homes e mulleres xóvenes de mentalidade tendo en conta que a idade xa non é unha barreira no momento de elixir o noso vestuario.

En canto a parte de recursos humanos de Pull&Bear, os horarios son de 10:00 a 22:00. Esta empresa conta con 12.501 empleados. Para poder formar parte da empresa de pull, búscase xente que teña ganas de aprender cousas novas é tamén iniciativa e actitude. A cultura corporativa de Pull&Bear baséase no traballo en equipo, a comunicación aberta é un bó nivel de esixencia. A maior parte do equipo directivo comenzou traballando nas tendes e familiarizándose coa marca. Pull&Bear está dividida en varias seccións nas que podes traballar; nas plataformas online, departamente de sostenibilidade, nas oficinas, no departamente tecnolóxico, na área de loxística, nos equipos de producto ou en tenda. No grupo de Inditex hay 182 nacionaloidades participantes.

Foto de Beatriz López CC BY-SA

Actualmente a tecnoloxía está moi presente nos nosos días e Pull&Bear ten que estar ao día. A tecnoloxía é unha parte fundamental desde negocio, que lles permite acelerar e innovar na forma na que traballan.

Dende 2016, Pull&Bear conta coa sede central de Narón , que compre todos os estándares medioambientais máis esixentes. O parking inclúe prazas reservadas a bicicletas e coches eléctricos, tamén crearon un un amplo espacio de xardín para o uso dos empleados que se rega con auga reciclada e por último restaurouse a parcela anexa a sede utilizando especies autóctonas para dar continuidade aos hábitats esixentes da zona.

O diseño de este edificio permite o aforro enerxético é a calidade do ambiente interior garantízase con diversos sistemas e accións que permiten optimizar a calidade do aire nas oficinas.

En 1991 é cando nace a cadea de Pull&Bear e ao ano seguinte empezan a abrir tendas en Portugal. Tres anos despois en 1995 chegan a países como Malta e Grecia onde se afianzan rápidamente en ambos mercados. Dous anos despois chegan a Israel, é un ano despois esta marca únese a Xdye, que ofrece prendas deportivas é tecnolóxicas, e neste mesmo ano ábrense as primeiras tendas en Chipre. A partir do ano 2000 empezar a parecer tiendas por varias cidades e países e é no 2012 cando deciden crear unha línea masculina.

Foto de Beatriz López CC BY-SA

Foi en 2018 cando Pull&Bear lanzou a súa primeira colección cápsula Join Life, cunha etiqueta utilizada por Inditex para identificar os artículos producidos usando materiais e procesos máis sostenibles. E por últimno no ano 2019 Pull convertiuse en partner do Primavera Sound, que é un festival de músical internacionalmente coñecido.

Para eles o cliente é o centro do seu modelo de negocio, que está basado na innovación é flexibilidade. A forma de eles de entender a moda ten as bases na creatividade e no diseño de calidade e unha resposta áxil cara as demandas de mercado.

Entre as claves do éxito de Inditex a principal estratexia é priorizar as ventas sobre as ganancias e en canto a súa política de promocións internas, para os seus empleados, ten un gran papel.

Un aspecto importante sería o nome, xa que Pull&Bear significa en inglés, Pull (tira) e Bear (aguanta). A idea de atopar un nome silábico que tiña que ser fácil de recordar para a xente. Aínda que tamén podemos relacionar o nome coa idea das súas prendas e telas que son resistentes ao estirarse.

Nuria Fernández López (1º de bacharelato C)


22 abr 2024

Charla de Aresa (programa Empresa familiar nas aulas)

Hoxe contamos coa colaboración de Elena Pérez López, de 1º bacharelato C, para relatar a experiencia do pasado 15 de xaneiro:

A charla foi impartida por Carlota López, a vicedirectora da empresa Aresa. Nela explicounos que a empresa ARESA é unha empresa familiar, que quere dicir que a propiedade da empresa pertence a familia e vai de xeración en xeración. Explicou que o que caracteríza a este tipo de empresas son os valores que transmiten dunha xeracións a outras. Xeralmente, transmiten cercanía co cliente, mellora do emprendemento, liderazgo, esforzo e contratos de longa duración cos seus empleados. Ademais destes, ARESA conta cun gran compromiso cos proovedores e clientes, dalle moita importancia á tradición familiar e á innovación a través da sostenibilidad do medio ambiente.

O fundador desta empresa foi Álvaro Rodríguez Eiras no 1971 e a día de hoxe traballa nela a segunda xeración. É unha SL de Galicia que se dedica a fabricar e distribuir piensos, fertilizantes e semillas para a agricultura e a gandaría polo noroeste de España. Este grupo está composto por diferentes compañías, ARESA, que importa e envasa os fertilizantes (ten dúas marcas: FERTIMON e AGROLAND); Cecoagro, que fabrica e distribúe os piensos; Todocampo, que é unha pequena cadea de tendas de produtos agrícolas; e Uman, que se dedíca á promoción, venda e aluguer de inmobles. Esta última, forma parte da campaña de diversificación dos beneficios do grupo ARESA.

A parte disto, goza dunha participación empresarial do 30% no grupo SOAGA (que lideran outras tres familias). Este outro grupo adícase tamén á distribución de produtos agrícolas e gandeiros, e conta cunha facturación de 266 millóns de euros e 150 traballadores.

En canto ás cifras, esta empresa no 2023 tivo unha facturación de 50 millóns de euros. Conta con 15.000 m2 de superifcie entre todas as súas fábricas, ten 3 centros de produción e neles traballan 75 empleados directos e 25 indirectos, como poden ser os transportistas ou os proveedores.

Carlota López tamén nos falou sobre a organización da empresa. O primeiro pilar é o consello de administradores (liderado pola familia) que deseña a estratexia da empresa, despois está o director xeral que neste caso é alguén externo á familia, e que se ocupa do día a día e leva o área das vendas.

Por outra parte temos ao director comercial que se responsabiliza das vendas dos fertilizantes, pienso e semillas; ao director de produción de ARESA, Cecoagro e Todocampo, que se encarga da loxística, as fábricas e o mantemento destas. Ademáis, están os directores xurídicos, administrativos, laborais e de contabilidade e o director técnico e de innovación de Lugo e de Foz, que leva a cabo proxectos sostibles para o medio ambiente.

Por último, contounos os diferentes retos que tiña a empresa, centrados todos para a mellora desta. Algúns deles eran a continuidade xeneracional, a internacionalización da empresa e chegar a ofrecer nun futuro novos produtos e servizos para os seus clientes.

En concusión, foi unha actividade moi interesante e últil para aprender novas cousas sobre a xestión das empresas e poder aplicar os coñecementos dados nas clases de Economía. Por outra parte, permitiunos coñecer mellor a unha das empresas máis importantes da nosa cidade e tivemos a oportunidade de poder falar coa vicedirectora desta e preguntarlle as n
osas dúbidas.


Elena Pérez López (1º bacharelato C)

15 abr 2024

A Camiseta de 4º

Unha das moitas actividades feitas para obter cartos para a excursión de 4º ESO de este curso consistiu na venda de camisetas cun debuxo alusivo á excursión. As profesoras responsables da organización e desenvolvemento das actividades (a vicedirectora, Ana Mª Cadórniga – Cuca - e a secretaria do centro, María Rancaño) propuxeron a organización dun concurso de deseño para elixir o mellor debuxo para ilustrar a viaxe deste curso. Este foi o resultado.

Eu, como profesor de Plástica, propuxen aos meus alumnos de 3º e 4º o exercicio do debuxo para a camiseta.

Despois da deliberación do xurado, foi elixido como deseño ganador o de Lúa Muíño Rega, de 4º ESO B. Aquí tedes o debuxo base, o debuxo coloreado e a camiseta estampada. 





















E aquí tedes unha boa mostra de outros deseños:



Senén Olano.- Profesor de PLÁSTICA



1 abr 2024

Colleita 2023-24

No mundo da enoloxía (a técnica, algúns din que a arte, que atinxe á creación e mantemento das viñas e a elaboración e coidado dos viños) teñen moita importancia as colleitas de cada ano, aló por setembro ou outubro, segundo a climatoloxía e o sol anual de cada viña. Cada colleita é diferente e de diferente calidade; tanto da que a uva sexa da mesma viña, cada ano ten unha calidade diferente en función de tódolos factores que interveñen. Hai anos mediocres, outros bos, algúns moi bos e, de cando en vez, algún excelente.

A colleita de artistas deste curso no I.E.S. Xoán Montes foi excelente.

En outro artigo, falando de O LIBRO DE ARTISTA mencionei a unha artista, Lúa Muíño Rega. Neste artigo falarei de outras tres artistas que pululan, este curso, entre nós.

Temos outras tres artistas neste curso, o que fai que, no tocante a arte, este fora un curso moi especial e salientable:

- Martina Oliveri López de 3º ESO-A

- Celia Mosquera González de 3º ESO-B

- Ainara Castro Vera de 4º ESO-A

Tódolos debuxos e pinturas que aparecen neste artigo os podedes ver, e outros máis, en O MURO DAS IDEAS, a carón da aula de Debuxo.

Martina Oliveri López

A Martina gústanlle os retratos en escorzo, as expresións melancólicas ou intensas.


Celia Mosquera González

Celia ten alma de manga. O seu é o cómic, a creación de personaxes estraños, convulsos.


Ainara Castro Vera

Ainara é unha artista do retrato. Retratos a lapis ou a cor. Realistas, minuciosos e delicados.


Senén Olano.- Profesor de PLÁSTICA

O Libro do Artista

O libro de artista é, en si mesmo, unha obra de arte que pode ter forma de libro ou de libreta de debuxo e pintura. Non hai unha forma nin un criterio concreto; cada libro de artista é coma o artista que o fai quere que sexa.

Ao longo da historia recente da arte, da arte moderna e contemporánea, moitos artistas, coñecidos ou non, gustaron de facer libros de artista, onde ían plasmando ideas segundo aparecían, ou debuxos e apuntamentos do natural das súas viaxes.

Un libro de artista tamén pode ser un libro ilustrado, con textos (propios ou de outro autor) e debuxos inspirados neles.

Aquí podedes ver algúns exemplos:




Neste curso 2023-24 temos a sorte de ter no centro un bo grupo de artistas. Entre eles está Lúa Muíño Rega, de 4º ESO-B e ten un moi bo exemplo de libro de artista. Aquí vos deixo algunhas imaxes das súas fermosas páxinas que tamén podedes ver en O MURO DAS IDEAS.


Senén Olano.- Profesor de PLÁSTICA

17 mar 2024

Lucía Domínguez Pereira, un talento do relato curto

No mundo da literatura galega, onde as palabras tecen historias que enriquecen o noso patrimonio cultural, emerxen novos talentos que prometen seguir enriquecendo este legado. É con gran orgullo e admiración que hoxe nos centramos nunha desas voces prometedoras, unha alumna do noso instituto: Lucía Domínguez Pereira. 

Recentemente foi galardoada cun recoñecemento para xóvenes escritores da nosa comunidade no XXIX Certame de Trapero Pardo, de relato curto.

Na entrevista que segue, mergullámonos na mente desta xoven escritora para descubrir non só o proceso creativo detrás da súa obra premiada, senón tamén as súas inspiracións, os seus retos e, o máis importante, o que este recoñecemento significa para ela e os seus soños futuros no mundo da literatura.

Dámoslle as grazas a Bruno Formoso, titor da noxa xove escritora, pola súa presenza na recollida do premio e por facerlle esta pequena entrevista. E, por suposto, grazas a Lucía por prestarse a contestar as preguntas e por pasear o nome do noso instituto nestas actividades creativas.

1. Como chegaches a interesarte pola escrita de relatos breves? Foi este certame o que che levou a escribir, ou máis ben foi ao revés (xa tiñas esa inquedanza e logo descubriches este certame)?

Máis ben foi ao revés. Polo de agora non escribo textos de grande extensión, senón que me gusta máis condensar as miñas historias entre seis e dez follas. Teño esa afección desde pequena, e cando fai tres anos un profesor de galego me deu as bases deste certame non dubidei en presentarme. Sentinme satisfeita cando o meu profesor de galego deste ano mo dixo, e por unha parte tomeimo como unha recompensa porque tiven que dedicarlle tempo á historia. Pasei algúns días buscando información na rede sobre unha vila que quedara arrasada pola auga dun encoro e que me pareceu moi peculiar (decidín ambientar o relato alí). Aínda así, tamén penso que a medida que escribía víñanme moitas ideas á cabeza e por iso paseino moi ben escribindo. Á fin ao cabo, como o tema é libre, ninguén impón restricións sobre o que os participantes do certame podemos facer no papel.

2. A que idade comezaches a interesarte pola escrita e a que persoas destacarías como apoios ou guías importantes para chegar ao punto no que agora estás?

Como dixen antes, a escrita interesoume desde pequena. Cando tiña oito ou nove anos presenteime algún ano aos concursos de poesía da Biblioteca Municipal de Lugo porque tamén me gustaba facer poemas, e unha vez participei nun certame a nivel galego que tamén era de contos (non acadei ningún premio). Supoño que iso, sumado ao incentivo dos meus pais e profesores (que sempre que me din que me presente a todo canto poida, e por iso lles estou agradecida) animoume a escribir ata agora.

Creo que non me atopo en ningún punto da miña traxectoria, simplemente fago o que me gusta todo o mellor que podo. Quizais nun futuro, e iso espero, si poda converter a miña afección en algo maior.


3. Hai algunha escritora ou escritor famoso que sexa unha inspiración para ti?

Por suposto, e podería nomear a moitos. Por exemplo, encántame Jordi Sierra i Fabra non só pola amplitude e variedade da súa obra, senón pola súa capacidade narrativa para calquera contexto (ten libros de temática moi variada). Tamén os autores galegos (Ledicia Costas, por como combina o humor e o tráxico; Lois Pérez; Domingo Villar,...) ou clásicos variados (lin Agnes Grey de AnneBrönte e encantoume polo seu realismo; estou comezando con Saramago, portugués que obtivo o Premio Nobel de Literatura e que ten un estilo formal e informal ao mesmo tempo,...).

Se tivese que facer unha recomendación para ler nestas próximas vacacións, escollería O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas (autor coruñés). Lino en verán; cóntanos a historia dunha relación entre un republicano e unha moza que transcorre ao longo da Guerra Civil e que ten como fío condutor un lapis de carpinteiro que un camareiro garda anos despois dos sucesos transcorridos. Está fantasticamente contada, é un estilo sinxelo que di moito en poucas palabras. Encantoume, e penso que é axeitado para calquera curso de Bacharelato, cuarto ou incluso terceiro de secundaria.

4. Como dirías que se relaciona a escrita coa lectura? Cres que é posible contar un bo relato sen ter escoitado ou lido moitos outros antes?

A escrita é a manifestación nun papel de como nos expresamos. Para levala a cabo é imprescindible, baixo o meu punto de vista, ler antes. Sen unha base de vocabulario, expresións ou recursos narrativos, a mensaxe que queremos transmitir perde moito contido. De feito, desde que somos pequenos a lectura precede á escrita ou ben son completamente simultáneas. Desde a miña perspectiva, non se pode contar un bo relato sen ter aprendido mediante a lectura como o contan outras persoas.




28 ene 2024

Reapertura das Trasnadas do Xoán

Volta ás Ondas do Blog: Renovados e Cheos de Enerxía!

Unha Nova Etapa Comeza

Tras 18 meses de pausa, é un pracer inmenso darvos a benvida de novo ao noso blog! Sentimos moitísimo a ausencia, pero estamos de volta, e con máis forza que nunca. O 2024 marca un novo comezo para nós, cargado de novidades, historias, e sobre todo, moita lingua galega.


Actividades Destacadas do Xoan Montes

As actividades do Xoan Montes son o corazón da nosa comunidade. Este ano, dentro do programa de Dinamización da Lingua Galega, temos preparadas sorpresas e eventos que farán palpitar a cultura galega nas veas de cada estudante. Teremos concursos de debuxo e pintura, encontros sobre autores galegos e escritos de estudantes que queren amosar a súa cultura.

Aberto a todos

Somos unha gran familia, e a cada día, a nosa comunidade crece máis. Queremos que vos sintades parte disto, que a vosa voz sexa escoitada e as vosas ideas, compartidas. Por iso, non dubidedes en participar, comentar e engancharvos con todo o que temos preparado para vós!

O blog renace con máis enerxía e ilusión que nunca. Convidámosvos a mergullarvos nesta aventura, a aprender e gozar xuntos da nosa cultura e lingua.