22 abr 2024

Charla de Aresa (programa Empresa familiar nas aulas)

Hoxe contamos coa colaboración de Elena Pérez López, de 1º bacharelato C, para relatar a experiencia do pasado 15 de xaneiro:

A charla foi impartida por Carlota López, a vicedirectora da empresa Aresa. Nela explicounos que a empresa ARESA é unha empresa familiar, que quere dicir que a propiedade da empresa pertence a familia e vai de xeración en xeración. Explicou que o que caracteríza a este tipo de empresas son os valores que transmiten dunha xeracións a outras. Xeralmente, transmiten cercanía co cliente, mellora do emprendemento, liderazgo, esforzo e contratos de longa duración cos seus empleados. Ademais destes, ARESA conta cun gran compromiso cos proovedores e clientes, dalle moita importancia á tradición familiar e á innovación a través da sostenibilidad do medio ambiente.

O fundador desta empresa foi Álvaro Rodríguez Eiras no 1971 e a día de hoxe traballa nela a segunda xeración. É unha SL de Galicia que se dedica a fabricar e distribuir piensos, fertilizantes e semillas para a agricultura e a gandaría polo noroeste de España. Este grupo está composto por diferentes compañías, ARESA, que importa e envasa os fertilizantes (ten dúas marcas: FERTIMON e AGROLAND); Cecoagro, que fabrica e distribúe os piensos; Todocampo, que é unha pequena cadea de tendas de produtos agrícolas; e Uman, que se dedíca á promoción, venda e aluguer de inmobles. Esta última, forma parte da campaña de diversificación dos beneficios do grupo ARESA.

A parte disto, goza dunha participación empresarial do 30% no grupo SOAGA (que lideran outras tres familias). Este outro grupo adícase tamén á distribución de produtos agrícolas e gandeiros, e conta cunha facturación de 266 millóns de euros e 150 traballadores.

En canto ás cifras, esta empresa no 2023 tivo unha facturación de 50 millóns de euros. Conta con 15.000 m2 de superifcie entre todas as súas fábricas, ten 3 centros de produción e neles traballan 75 empleados directos e 25 indirectos, como poden ser os transportistas ou os proveedores.

Carlota López tamén nos falou sobre a organización da empresa. O primeiro pilar é o consello de administradores (liderado pola familia) que deseña a estratexia da empresa, despois está o director xeral que neste caso é alguén externo á familia, e que se ocupa do día a día e leva o área das vendas.

Por outra parte temos ao director comercial que se responsabiliza das vendas dos fertilizantes, pienso e semillas; ao director de produción de ARESA, Cecoagro e Todocampo, que se encarga da loxística, as fábricas e o mantemento destas. Ademáis, están os directores xurídicos, administrativos, laborais e de contabilidade e o director técnico e de innovación de Lugo e de Foz, que leva a cabo proxectos sostibles para o medio ambiente.

Por último, contounos os diferentes retos que tiña a empresa, centrados todos para a mellora desta. Algúns deles eran a continuidade xeneracional, a internacionalización da empresa e chegar a ofrecer nun futuro novos produtos e servizos para os seus clientes.

En concusión, foi unha actividade moi interesante e últil para aprender novas cousas sobre a xestión das empresas e poder aplicar os coñecementos dados nas clases de Economía. Por outra parte, permitiunos coñecer mellor a unha das empresas máis importantes da nosa cidade e tivemos a oportunidade de poder falar coa vicedirectora desta e preguntarlle as n
osas dúbidas.


Elena Pérez López (1º bacharelato C)

No hay comentarios:

Publicar un comentario