23 ene 2021

CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

 COMPARTIMOS PROGRAMA DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO POR SE FOSE DO VOSO INTERESE


Prezada/o profesora/o:

Poñémonos en contacto con vós, a pesares da actual situación sanitaria que nos impide vernos en persoa, para informarvos das novas visitas interactivas en liña ao Salón Teatro para centros educativos. (Enviamos información adxunta).

                Este novo programa de visitar fai posible que continuemos ofrecendo ao centros de ensino de Galicia un servizo de gran potencial educativo e tamén reforzar a nosa aposta por achegar a cultura a vós aproveitando o uso das novas tecnoloxías

                Co programa educativo ?Os segredos do Salón Teatro? queremos tamén compartir convosco a conmemoración do Centenario do Salón Teatro, edificio no que temos a nosa sede desde hai 22 anos e que xa compartimos en numerosas ocasión con moitos centros de ensino de toda Galicia.

                Esperamos afondar nos coñecementos sobre o edificio e a historia do Centro Dramático Galego, e que sirva tamén para orientar e abrir novos campos profesionais para o alumnado que queira desenvolver nun futuro as numerosas profesión artísticas e técnicas que interveñen na creación dun espectáculo teatral a nivel profesional.

Comezamos con moitísima ilusión esta experiencia novidosa para todos, que iremos perfeccionando e enriquecendo coa práctica e as vosas achegas ao longo deste curso.

O plan de visitas darán comezo todos os mércores desde o mes de febreiro ata maio de 2021 (salvo festivos) con dúas conexión diarias. A conexión farase a través da plataforma WEBINAR (Seminario en Liña) que permite a conexión con varias aulas dun mesmo centro e incluso con varios centros diferentes de distintas localidades ao mesmo tempo.  

As visitas serán ás 10:30 horas (para primaria) e ás 12:30 horas (para secundaria e bacharelato) nas seguintes datas:

- Días 3, 10 e 24 de febreiro

- Días 3, 10, 17 e 24 de marzo

- Días 7, 14, 21 e 28 de abril

- Dias 5, 12, 19 e 26 de maio

 

Se estades interesados nesta actividades podedes facer a vosa reserva telefonicamente no 881 867 229 (de 9 a 14 h) ou a través do enderezo electrónico centro.dramatico.galego@xunta.gal. O prazo de inscrición estará aberto a partires do día 18 de xaneiro. As reservas anotaranse por rigoroso orde de solicitude.

 

Esperando que o noso traballo sexa do voso interese, recibide un agarimoso saúdo escénico,

 

 

 

Centro Dramático Galego

17 ene 2021

PALABRAS NA RÚA EN LUGO

 

As palabras do ano distinguirán unha rúa de Lugo

A elección da Palabra do Ano promovida polo Portal das Palabras deixará pegada nunha rúa de Lugo. O goberno municipal anunciou que os termos elixidos por votación popular na iniciativa creada en 2014 pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié serán inseridos no pavimento dunha rúa emblemática, indicando tamén o ano en que foron escollidas.

 

Fonte

academia.gal