21 dic 2021

á volta das vacacións de nadal, máis...

 á volta das vacaións de Nadal, máis!

Cos mellores desexos...!!!!

edlg


as cinco finalistas...

Tras a recollida de suxestións, as palabras finalistas son as cinco seguintes: coada, gromo, resiliencia, tanxugueiras e vacinódromo. As persoas que desexen participar na elección popular poderán facelo ata as 23:59 horas do sábado 25 de decembro a través do Portal das Palabras, o proxecto que impulsan as dúas institución para a difusión do léxico galego.

 

fonte, academia.gal 

12 dic 2021

 

Un concerto da cantiga de Santa María 115 poralle o ramo á celebración dos 800 anos de Afonso o Sabio

A Real Academia Galega pechará o martes 14 de decembro (19:00 horas) a conmemoración dos 800 anos do nacemento de rei Afonso o Sabio cun concerto a cargo de Paloma Gutiérrez del Arroyo e Manuel Vilas. Os dous músicos interpretarán con voz e arpa a cantiga 115 das Cantigas de Santa María, unha obra singular da lírica medieval europea composta por máis de catrocentos cantares en lingua galega recollidos en catro códices. A actuación acompañarase da proxección da versión en galego moderno dos versos escolmados acompañados das miniaturas coas que se iluminaron no chamado Códice Rico. Prégase confirmación de asistencia no teléfono 981 207 308 ou no correo electrónico secretaria@academia.gal. O concerto poderá seguirse ademais en directo dende academia.gal e a canle de Youtube da RAG.

fonte: academia.gal

8 dic 2021

ARQUIVO DIXITAL DE GALICIA


ARQUIVO DIXITAL DE GALICIA


ARQUIVO

PALARA DO ANO

 

O Portal das Palabras abre a campaña para elixir a Palabra do Ano 2021



ALABRA DO ANO



XELA ARIAS

 

O ano de Xela Arias entra na recta final cun novo traballo musical inspirado nos seus poemas


PULO AO GALEGO

 

O número de alumnos/as que estudan galego no Bierzo e Sanabria repunta no curso 2021-2022

11 nov 2021

IV Premios Mil Primaveras

 A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) acaba de presentar os seus galardóns anuais: os IV Premios Mil Primaveras, co fin de recoñecer e divulgar accións, programas, campañas ou proxectos que promovan o uso e prestixio da lingua galega. O prazo de inscrición finalizará o 31 de xaneiro de 2022. Atoparedes todos os datos en:

https://www.lingua.gal/recursos/todos?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/equipos-dinamizacion/contido_1638.html


cfr. lingua.gal

10 nov 2021

Biblioteca da Real Academia Galega

 A colección da Biblioteca da Real Academia Galega ten a súa orixe en decembro de 1905 con doazóns feitas por membros da institución ou tamén polos propios autores que foron remitindo as súas obras. É salientable, entre outras, a importante colección de folletos editada pola comunidade galega en América e mais polo tecido asociativo co que se contaba en Galicia a comezos do século XX, a Biblioteca do Convento de Montefaro ou as bibliotecas individuais como a de Pardo Bazán ou a de Manuel Murguía.

 BIBLIOTECA DA RAG ENLACE




 

En canto a temática, trátase dunha biblioteca especializada na área das humanidades, sobre todo, nos campos da historia, folclore, literatura e lingua de Galicia. É, polo tanto, de consulta obrigada para calquera achega á cultura galega, xa que se configura como un servizo esencial no fomento do estudo e no apoio á docencia ou á investigación de toda a comunidade galega, reunindo, conservando e espallando todos aqueles recursos bibliográficos e informativos dos que dispón. A Biblioteca da RAG conta cunha importante sección de Hemeroteca na que conserva fondos de máis de 2.500 cabeceiras de revistas publicadas ao longo dun período de douscentos anos.

 

 

 

Galiciana-Biblioteca Dixital reúne neste novo micrositio, arredor de 900 títulos de monografías e publicacións periódicas fruto da dixitalización dos fondos da RAG. 76 destes títulos de publicacións periódicas corresponden á dixitalización realizada dentro da primeira convocatoria, 2018-2019, de subvencións de AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) para a dixitalización do patrimonio cultural galego.

A selección que fixo a Real Academia para o seu proxecto reúne títulos tan significativos da prensa galega como O Tío Marcos d'A Portela, As BurgasMondarizO Vello do Pico-SagroA Nosa TerraNós: páxinas gallegas do diario da Cruña El Noroeste ou Alfar. Por outra parte, foron seleccionadas un conxunto de revistas americanas, editadas as máis delas polas colectividades galegas que viviron na emigración cubana e arxentina a finais do século XIX e principios do XX, como o Boletín oficial del Centro Gallego de Buenos AiresEco de GaliciaFollas novas ou A Fouce. En total foron dixitalizadas nesta primeira convocatoria de subvencións da AMTEGA máis de 135.000 páxinas que contan cun proceso de OCR que permitirá a busca a texto completo.

 


fonte rag academia.gal

 

XVII Xornada de Dinamización Lingüística

A XVII Xornada de Dinamización Lingüística, organizada por Ferega coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, é unha actividade aberta tanto a docentes de centros 

  • XVII Xornada de Dinamización Lingüística

Realizarase o día 26 de novembro, de 09:30 a 14:00 horas, na sede do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela e presentará, entre outros contidos, interesantes relatorios e experiencias sobre Florencio Delgado Gurriarán.

Para participar, cómpre cubrir o formulario correspondente.


ENLACE LINGUA.GAL

fonte lingua.gal

secretaría xeral de política lingüística



2 nov 2021

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

 ENCONTROS PARA A DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA




XXIII ENCONTROS PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Desde o berce: a transmisión interxeracional da lingua galega


referencia e datos: consello da cultura galega web

xela arias, simposio NOVEMBRO 21

SIMPOSIO XELA ARIAS


PROGRAMA NA WEB DA RAG







11, 18 E 25 DE NOVEMBRO, 18:00 HORAS

Simposio Xela Arias

SALÓN DE ACTOS DA REAL ACADEMIA GALEGA




EMISIÓN EN DIRECTO:
 ACADEMIA.GAL

27 oct 2021

CIENCIA EN GALEGO E OUTRAS CONVOCATORIAS DE INTERESE

        O Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) organiza a xornada Aproximación á vida e á obra de Florencio Delgado Gurriarán (código fprofe G2103016). Desenvolverase os xoves, do 28 de outubro ao 18 de novembro. A data límite de inscrición en https://www.edu.xunta.gal/fprofe/ é o 27 de outubro de 2021

        O 4 de novembro tamén podedes asistir aos Encontros para a Normalización Lingüística promovidos polo Consello da Cultura Galega (CCG) co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), que este ano volven ser presenciais e se van centrar na transmisión interxeracional do galego. Tedes o programa e toda a información nesta ligazón.

        Por outra banda, con motivo da conmemoración do Mes da Ciencia en Galego, a Institución Galega da Ciencia (Igaciencia), en colaboración coa SXPL, ofrécevos a posibilidade de ver a videoconferencia de Senén Barro Ameneiro, director do CiTIUS na Universidade de Santiago de Compostela: "Poden pensar as máquinas?". Podedes inscribir o voso centro (ata o 31 de outubro) ou seguir o webinario por streaming a través da canle de Youtube da entidade. Tedes máis información na páxina web lingua.gal/ciencia-en-galego do Portal da lingua galega, onde tamén podedes atopar outros materiais de interese relacionados con este ámbito. Así mesmo, no web http://igaciencia.eu/gl/node/370/ atoparedes outros interesantes relatorios.





16 oct 2021

"GALICIA NOMEADA"

 

Galicia Nomeada

    Galicia Nomeada é unha plataforma colaborativa para a recolleita, xeorreferenciación e difusión da microtoponimia galega e de toda a tradición oral asociada a ela. Esta ferramenta informática permite que o voluntariado cultural de Galicia (particulares, asociacións veciñais e culturais, comunidades de montes, centros de ensino, confrarías, entidades públicas e privadas...), desde un PC, tableta ou smartphone conectado a internet, poidan achegar os topónimos da súa aldea, parroquia ou concello, segundo unha metodoloxía predefinida.


MÁIS REFERENCIA:

GALICIA NOMEADA

MUSEOS QUE FALAN GALEGO

 

Servizos virtuais do Museo do Pobo Galego (MPG) e mais do Museo Pedagóxico Galego (Mupega). 


Estas entidades continúan ofrecéndolles aos centros visitas guiadas, exposicións, solicitudes en liña de préstamo de materiais etc. Temos máis información na seguinte ligazón:

 

http://www.museodopobo.gal/index.php/gl/nova/programa-escolar-para-infantil-e-primaria

https://mupega.edu.xunta.gal/es/visitas-e-actividades/recursos-dixitais-para-aula



29 sept 2021

ESTAMOS DE VOLTA!!!!

 

ESTAMOS DE VOLTA!

NOVO CURSO, EQUIPO RENOVADO, E MOITAS GAÑAS DE SEGUIR DÁNDOLLE PULO AO GALEGO...

...A NOSA LINGUA, A LINGUA DA NOSA TERRA, DA NOSA PAISAXE, DAS NOSAS EMOCIÓNS!!!!

IMOS ALÓ!!!!


24 jun 2021

FOI TODO. BO VERÁN...!!!

......pero antes, DAR AS GRAZAS a todas as persoas da comunidade educativa que fixeron posible que as actividades deseñadas polo EDLG do noso Centro fosen levadas a bo fin. Grazas!! 


 A MODO DE DESPEDIDA COMPARTIMOS O MANIFESTO CORRELINGUA ELABORADO POR ALUMNADO DE 1º DA ESO DO NOSO CENTRO

 

21 may 2021

“Xela Arias. A Poesía do retrato” INVITACIÓN DA ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN DE LUGO TRANSMITIMOS!!!I

 

 INVITACIÓN DA ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN DE LUGO  TRANSMITIMOS!!!

 "Bo día, dende Vicepresidencia - Área de Cultura da Deputación de Lugo, queremos convidalas/os á exposición exterior “Xela Arias. A Poesía do retrato” que estará ubicada na Praza de San Marcos dende o 21 de maio ao 21 de xuño de 2021.

Hoxe, venres 21-05-2021 ás 19:30 h realizarase o acto de inauguración da exposición diante da Deputación, e contaremos cunha actuación dun grupo da Tradescola de música. As/os asistentes agasallarémolos cun catálogo da exposición.

Xela Arias é a quinta muller homenaxeada nos máis de 50 anos de celebración das Letras Galegas. Muller creadora cuxa voz singular contribuíu a renovar a poesía galega dos anos 80 en temas, estilo e forma. Unha voz profunda, reflexiva e transgresora que a través da palabra procura novos espazos para afirmar a perspectiva feminista ou para denunciar a orde social opresora.
Xela Arias representa unha muller anticipada ao seu tempo e por iso ten a capacidade de conectar coas xeracións do século XXI. Desde os seus fascinantes retratos en branco e negro, realizados por Xulio Gil, a súa mirada chea de mocidade e valentía, é capaz de espertar o interese de quen a observa.
Xela Arias supón unha oportunidade para chegar aos novos públicos da literatura galega e para reconectar a celebración das Letras coa sociedade.
Unha imaxe icónica, unha voz poderosa e aire fresco para renovar a celebración das Letras.

A exposición “Xela Arias. A Poesía do retrato” recompila unha colección de poemas da autora xunto aos retratos realizados polo fotógrafo Xulio Gil nos anos 80 e 90 cando ambos os dous eran parella. Xulio foi Premio da Crítica de Galicia das Artes Plásticas 2013 e autor das imaxes máis emblemáticas de Xela. Trátase de 20 retratos en branco e negro e de excelente calidade coidadosamente seleccionados por Xosé Enrique Acuña entre as máis de 400 fotografías de Xela Arias, que forman parte do arquivo persoal do fotógrafo, hoxe doado ao fillo de ambos os dous, Darío Gil Arias.
A colección de imaxes que forman parte desta exposición permítennos mergullarnos no universo máis íntimo da autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas. Unha serie de fotografías que retratan a poeta Xela posando con determinación e sen artificios ante o obxectivo de Xulio Gil, no seu período vital dos 26 aos 40 anos. Imaxes cargadas de poesía, onde a mirada penetrante de Xela nos observa de fronte e con honestidade.
20 retratos dialogando con 20 textos poéticos. Queremos presentar unha potente interacción entre poesía e fotografia que non deixará indiferentes ás persoas visitantes.

 

Reciban un cordial saúdo."

18 may 2021

UNHA PALABRA PARA XELA ARIAS

 

Unha palabra para Xela Arias

No marco da programación institucional Letras Galegas 2021 a Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha a segunda edición do espazo audiovisual Unha palabra para..., en colaboración con Arraianos Producións e coas persoas participantes, co obxectivo de celebrar as Letras Galegas 2021 e de divulgar a vida a figura e a obra da autora homenaxeada, Xela Arias Castaño.

9 may 2021

MOSTRA SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO E LINGUA

 EDLG XOÁN MONTES

MOSTRA “CAMIÑO DE SANTIAGO E LINGUA” DO 10 AO 14 DE MAIO

Estamos en Ano Xacobeo….

     


  


 



Neste  enlace poderemos atopar unha mostra completa sobre que é o camino, o que significa, as súas varientes, a súa relación coa nosa cultura!!!!

https://www.caminodesantiago.gal

 

 

A FRECHA AMARELA DE ELÍAS VALIÑA

A frecha amarela - Camiño de Santiago en Galicia: web oficial (caminodesantiago.gal)

 

CÓMIC SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO

  O Portal da Lingua Galega

 


MOSTRA SOBRE ONOMÁSTICA E TOPONIMIA

 

 

EDLG XOÁN MONTES

 

MOSTRA SOBRE TOPONIMIA E ONOMÁSTICA “A LINGUA E O HOME,” DO 10 AO 14 DE MAIO

 

 

 









         A toponimia e a onomástica galega forman parte da nosa linngua, da nosa cultura, as xentes e a terra.

         Vaian ai un par de exemplos de estudos sobre esta importante temática, rúas, apelidos e nomes!!!!

publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/book/360

publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/download/323/…

https://galicianomeada.xunta.gal/sixtop/inicio

PARA MÁIS INFORMACIÓN,

 Actas do I Congreso Internacional de Onomástica Galega “Frei Martín Sarmiento” | Toponimia (xunta.gal)

MOSTRA NAIS E PAIS TAMÉN CONTAN

 

 

 

EDLG XOÁN MONTES

 

MOSTRA DE CONTOS, "NAIS E  PAÍS TAMÉN CONTAN", DO 10 AO 14 DE MAIO

E ben que contan, un exemplo, UN PAI….!!!!

 MORRIÑA

A nai de Sabela dicía da sua filla que nacera para ser cosmonauta, que xa de pequena amosaba interese polo Universo e aprendía máis axiña do que medraba. Tamén dicía que durmía no faiado porque tódalas noites contaba estrelas pola fiestra do tellado, metida na cama ata prender no sono, como se puidera velas e sentilas de memoria mesmo que houbera nubes ou chovera. Daquela soñaba que voaba polo ceo para colleitalas unha por unha coma froitos de orballo e cristal. Despois, ó se erguer pola mañá, o primeiro que facía era prometer que algún día sería quen de acadalas.

Se cadra aquela nai esaxeraba, malia que tampouco lle faltaba razón. De feito, co tempo, Sabela puido viaxar a Marte para facelo habitable, logo viviu nas colonias da Lúa, e agora traballaba arreo no laboratorio de inxeniería botánica avanzada, na Estación Orbital Naciones Unidas.

Nembargantes, facía moito que Sabela deixara de soñar coas estrelas. Cando tiña que durmir, no canto de contalas, miraba a través da pequena xanela do seu cubículo e buscaba na lonxana superficie da Terra os contornos do seu lar, a derradeira pinga verde dun planeta case que desértico. Nun día despexado non tiña problemas para atopalos; de noite era quen de distinguir cadanseu punto de luz cos ollos pechados, fose cidade, pobo ou aldea; e se había nubes, tamén podía ver e sentir de memoria a sua terra. Despois, o primeiro que facía cando espertaba era prometer que arranxarían o mundo e algún día voltaría ó seu fogar porque Sabela nacera para ser, sobre todo, galega.

 R. L. Expósito

 

 

LETRAS GALEGAS 2021, XELA ARIAS

 

EDLG XOÁN MONTES

 

LETRAS GALEGAS 2021, XELA ARIAS

 

     Durante o curso temos colgado neste blog numerosas noticias, informacións, enlaces, materiais… sobre Xela Arias.

     Nesta semana, remitimos a eles e presentamos algunha cousiña máis, esperamos que podan ser de interese e utilidade.

 

 

 

CELEBREMOS QUE A NOSA LINGUA ESTÁ VIVA!!!

 

VIDEO

https://www.youtube.com/watch?v=fcgrxjPcutU

 

                A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) acaba de publicar no Portal da Lingua Galega as exposicións e as guías didácticas das dúas mostras gañadoras do Concurso-exposición das Letras Galegas deste curso: 

E….

https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas

 

TAMÉN NA WEB DA SECRETARÍA XERAL

         Están dispoñibles nunha versión web e noutra de calidade que é máis apropiada para descargar e imprimir. Na mesma ligazón atoparedes outras actividades relacionadas con Xela Arias que se están a realizar nos centros educativos.

         Neste ano no que homenaxeamos a Xela Arias, tampouco deixamos de lembrar a don Ricardo e as actuacións que aínda se seguen desenvolvendo arredor da súa figura. Entre outras, cómpre destacar: 

A Compostela de Scórpio. A Compostela de Ricardo Carvalho Calerohttps://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/equipos-dinamizacion/contido_1557.html, e Cantando a Carvalho Calerohttps://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0022.html.

 

TRASLADAMOS TAMÉN ESTA INICIATIVA

Este próximo luns, día 10 de maio, ás 17:30 horas, no salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado (Av. Ramón Ferreiro, s/n LUGO), terá lugar un acto en homenaxe a Xela Arias, co gallo da conmemoración do Día das Letras Galegas 2021 á súa traxectoria a prol da nosa lingua. No acto falarase do seu percorrido vital e literario, e presentarase o libro Non te amola! de Xela Arias, ilustrado por Luz Beloso e publicado na Editorial Galaxia. Non te amola! é un libro infantil que permaneceu inédito dende a súa escrita nos anos 90 ata este 2021, e que permite coñecer moito mellor á nena Xela, especialmente a súa infancia en Sarria e Lugo e as súas relacións familiares.  Intervirán Francisco Castro, editor de Galaxia, Darío Gil Arias, fillo da escritora, e Montse Pena Presas, profesora da facultade e biógrafa de Xela Arias.  Agradécese difusión.

 PD: para asistir hai que avisar o luns pola mañá no teléfono 982-821009/5 (José Manuel).