21 may 2021

“Xela Arias. A Poesía do retrato” INVITACIÓN DA ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN DE LUGO TRANSMITIMOS!!!I

 

 INVITACIÓN DA ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN DE LUGO  TRANSMITIMOS!!!

 "Bo día, dende Vicepresidencia - Área de Cultura da Deputación de Lugo, queremos convidalas/os á exposición exterior “Xela Arias. A Poesía do retrato” que estará ubicada na Praza de San Marcos dende o 21 de maio ao 21 de xuño de 2021.

Hoxe, venres 21-05-2021 ás 19:30 h realizarase o acto de inauguración da exposición diante da Deputación, e contaremos cunha actuación dun grupo da Tradescola de música. As/os asistentes agasallarémolos cun catálogo da exposición.

Xela Arias é a quinta muller homenaxeada nos máis de 50 anos de celebración das Letras Galegas. Muller creadora cuxa voz singular contribuíu a renovar a poesía galega dos anos 80 en temas, estilo e forma. Unha voz profunda, reflexiva e transgresora que a través da palabra procura novos espazos para afirmar a perspectiva feminista ou para denunciar a orde social opresora.
Xela Arias representa unha muller anticipada ao seu tempo e por iso ten a capacidade de conectar coas xeracións do século XXI. Desde os seus fascinantes retratos en branco e negro, realizados por Xulio Gil, a súa mirada chea de mocidade e valentía, é capaz de espertar o interese de quen a observa.
Xela Arias supón unha oportunidade para chegar aos novos públicos da literatura galega e para reconectar a celebración das Letras coa sociedade.
Unha imaxe icónica, unha voz poderosa e aire fresco para renovar a celebración das Letras.

A exposición “Xela Arias. A Poesía do retrato” recompila unha colección de poemas da autora xunto aos retratos realizados polo fotógrafo Xulio Gil nos anos 80 e 90 cando ambos os dous eran parella. Xulio foi Premio da Crítica de Galicia das Artes Plásticas 2013 e autor das imaxes máis emblemáticas de Xela. Trátase de 20 retratos en branco e negro e de excelente calidade coidadosamente seleccionados por Xosé Enrique Acuña entre as máis de 400 fotografías de Xela Arias, que forman parte do arquivo persoal do fotógrafo, hoxe doado ao fillo de ambos os dous, Darío Gil Arias.
A colección de imaxes que forman parte desta exposición permítennos mergullarnos no universo máis íntimo da autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas. Unha serie de fotografías que retratan a poeta Xela posando con determinación e sen artificios ante o obxectivo de Xulio Gil, no seu período vital dos 26 aos 40 anos. Imaxes cargadas de poesía, onde a mirada penetrante de Xela nos observa de fronte e con honestidade.
20 retratos dialogando con 20 textos poéticos. Queremos presentar unha potente interacción entre poesía e fotografia que non deixará indiferentes ás persoas visitantes.

 

Reciban un cordial saúdo."

18 may 2021

UNHA PALABRA PARA XELA ARIAS

 

Unha palabra para Xela Arias

No marco da programación institucional Letras Galegas 2021 a Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha a segunda edición do espazo audiovisual Unha palabra para..., en colaboración con Arraianos Producións e coas persoas participantes, co obxectivo de celebrar as Letras Galegas 2021 e de divulgar a vida a figura e a obra da autora homenaxeada, Xela Arias Castaño.

9 may 2021

MOSTRA SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO E LINGUA

 EDLG XOÁN MONTES

MOSTRA “CAMIÑO DE SANTIAGO E LINGUA” DO 10 AO 14 DE MAIO

Estamos en Ano Xacobeo….

     


  


 



Neste  enlace poderemos atopar unha mostra completa sobre que é o camino, o que significa, as súas varientes, a súa relación coa nosa cultura!!!!

https://www.caminodesantiago.gal

 

 

A FRECHA AMARELA DE ELÍAS VALIÑA

A frecha amarela - Camiño de Santiago en Galicia: web oficial (caminodesantiago.gal)

 

CÓMIC SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO

  O Portal da Lingua Galega

 


MOSTRA SOBRE ONOMÁSTICA E TOPONIMIA

 

 

EDLG XOÁN MONTES

 

MOSTRA SOBRE TOPONIMIA E ONOMÁSTICA “A LINGUA E O HOME,” DO 10 AO 14 DE MAIO

 

 

 









         A toponimia e a onomástica galega forman parte da nosa linngua, da nosa cultura, as xentes e a terra.

         Vaian ai un par de exemplos de estudos sobre esta importante temática, rúas, apelidos e nomes!!!!

publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/book/360

publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/download/323/…

https://galicianomeada.xunta.gal/sixtop/inicio

PARA MÁIS INFORMACIÓN,

 Actas do I Congreso Internacional de Onomástica Galega “Frei Martín Sarmiento” | Toponimia (xunta.gal)

MOSTRA NAIS E PAIS TAMÉN CONTAN

 

 

 

EDLG XOÁN MONTES

 

MOSTRA DE CONTOS, "NAIS E  PAÍS TAMÉN CONTAN", DO 10 AO 14 DE MAIO

E ben que contan, un exemplo, UN PAI….!!!!

 MORRIÑA

A nai de Sabela dicía da sua filla que nacera para ser cosmonauta, que xa de pequena amosaba interese polo Universo e aprendía máis axiña do que medraba. Tamén dicía que durmía no faiado porque tódalas noites contaba estrelas pola fiestra do tellado, metida na cama ata prender no sono, como se puidera velas e sentilas de memoria mesmo que houbera nubes ou chovera. Daquela soñaba que voaba polo ceo para colleitalas unha por unha coma froitos de orballo e cristal. Despois, ó se erguer pola mañá, o primeiro que facía era prometer que algún día sería quen de acadalas.

Se cadra aquela nai esaxeraba, malia que tampouco lle faltaba razón. De feito, co tempo, Sabela puido viaxar a Marte para facelo habitable, logo viviu nas colonias da Lúa, e agora traballaba arreo no laboratorio de inxeniería botánica avanzada, na Estación Orbital Naciones Unidas.

Nembargantes, facía moito que Sabela deixara de soñar coas estrelas. Cando tiña que durmir, no canto de contalas, miraba a través da pequena xanela do seu cubículo e buscaba na lonxana superficie da Terra os contornos do seu lar, a derradeira pinga verde dun planeta case que desértico. Nun día despexado non tiña problemas para atopalos; de noite era quen de distinguir cadanseu punto de luz cos ollos pechados, fose cidade, pobo ou aldea; e se había nubes, tamén podía ver e sentir de memoria a sua terra. Despois, o primeiro que facía cando espertaba era prometer que arranxarían o mundo e algún día voltaría ó seu fogar porque Sabela nacera para ser, sobre todo, galega.

 R. L. Expósito

 

 

LETRAS GALEGAS 2021, XELA ARIAS

 

EDLG XOÁN MONTES

 

LETRAS GALEGAS 2021, XELA ARIAS

 

     Durante o curso temos colgado neste blog numerosas noticias, informacións, enlaces, materiais… sobre Xela Arias.

     Nesta semana, remitimos a eles e presentamos algunha cousiña máis, esperamos que podan ser de interese e utilidade.

 

 

 

CELEBREMOS QUE A NOSA LINGUA ESTÁ VIVA!!!

 

VIDEO

https://www.youtube.com/watch?v=fcgrxjPcutU

 

                A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) acaba de publicar no Portal da Lingua Galega as exposicións e as guías didácticas das dúas mostras gañadoras do Concurso-exposición das Letras Galegas deste curso: 

E….

https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas

 

TAMÉN NA WEB DA SECRETARÍA XERAL

         Están dispoñibles nunha versión web e noutra de calidade que é máis apropiada para descargar e imprimir. Na mesma ligazón atoparedes outras actividades relacionadas con Xela Arias que se están a realizar nos centros educativos.

         Neste ano no que homenaxeamos a Xela Arias, tampouco deixamos de lembrar a don Ricardo e as actuacións que aínda se seguen desenvolvendo arredor da súa figura. Entre outras, cómpre destacar: 

A Compostela de Scórpio. A Compostela de Ricardo Carvalho Calerohttps://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/equipos-dinamizacion/contido_1557.html, e Cantando a Carvalho Calerohttps://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0022.html.

 

TRASLADAMOS TAMÉN ESTA INICIATIVA

Este próximo luns, día 10 de maio, ás 17:30 horas, no salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado (Av. Ramón Ferreiro, s/n LUGO), terá lugar un acto en homenaxe a Xela Arias, co gallo da conmemoración do Día das Letras Galegas 2021 á súa traxectoria a prol da nosa lingua. No acto falarase do seu percorrido vital e literario, e presentarase o libro Non te amola! de Xela Arias, ilustrado por Luz Beloso e publicado na Editorial Galaxia. Non te amola! é un libro infantil que permaneceu inédito dende a súa escrita nos anos 90 ata este 2021, e que permite coñecer moito mellor á nena Xela, especialmente a súa infancia en Sarria e Lugo e as súas relacións familiares.  Intervirán Francisco Castro, editor de Galaxia, Darío Gil Arias, fillo da escritora, e Montse Pena Presas, profesora da facultade e biógrafa de Xela Arias.  Agradécese difusión.

 PD: para asistir hai que avisar o luns pola mañá no teléfono 982-821009/5 (José Manuel).