26 abr 2020

R.A.G




 

 

A biblioteca da Real Academia Galega estrea micrositio en Galiciana


A Real Academia Galega reforza a súa presenza en Galiciana - Biblioteca Dixital de Galicia cun novo micrositio que facilita o acceso a máis de 800 libros e folletos do século XIX. As obras dixitalizadas suman máis de 120.000 páxinas entre as que se atopan títulos de grandes figuras das letras galegas. O espazo permite un acceso máis sinxelo a edicións históricas de Rosalía de Castro, Curros Enríquez ou Eduardo Pondal, autores esenciais do Rexurdimento, e a libros destacados de autores e autoras que crearon en castelán como Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán ou Sofía Casanova.

En pleno confinamento, a biblioteca da Real Academia Galega convida o público a celebrar hoxe o Día do Libro descubrindo esta fiestra virtual, unha vía de entrada directa dende calquera lugar do mundo a parte do patrimonio que custodia na súa sede da rúa Tabernas da Coruña, nestes momentos pechada por mor da pandemia de coronavirus. O novo espazo visibiliza a identidade propia deste referente bibliográfico fundamental para calquera persoa interesada na cultura e na lingua galegas e convida a navegar polos seus andeis dixitais a través de listaxes por orde alfabética de autores e títulos.
Cantares gallegos, A mi madre, El caballero de las botas azules o En las orillas del Sar son algúns dos títulos de Rosalía de Castro, autora fundacional das letras galegas contemporáneas, dispoñibles en copia dixital xunto aos Aires d'a miña terra de Curros Enríquez, o Catecismo do labrego de Valentín Lamas Carvajal ou A fada dos montes de Eduardo Pondal.
La mujer del porvenir, La mujer de su casa e El visitador del preso son parte do legado da intelectual ferrolá Concepción Arenal, de quen este ano se celebra o bicentenario do seu nacemento, dispoñible tamén en copia dixital a través do micrositio da RAG na Biblioteca de Galicia. Tampouco faltan obras de Emilia Pardo Bazán, cos seus Cuentos de Marineda, e algún exemplo da pluma de Sofía Casanova como El doctor Wolski.
O novo micrositio da RAG tamén facilita o acceso dixital a máis dun cento de publicacións periódicas históricas de fondo galego conservadas na hemeroteca da Academia, entre as que figuran O Tío Marcos d'a Portela e revistas editadas pola comunidade galega en América.

FONTE, ACADEMIA.GAL

23 abr 2020

DIA DO LIBRO



O LIBRO COMO

 ANTÍDOTO 

CONTRA O CONFINAMENTO



"PARA VIAXAR LONXE, NON HAI MELLOR NAVE QUE UN LIBRO"

EMILY DICKINSON



20 abr 2020

CERTAMES LL GG 2020 EN CURSO


CERTAMES LETRAS GALEGAS 2020



EDLG IES XOÁN MONTES

CERTAMES LETRAS GALEGAS 2020



AS NOSAS LETRAS NON SE RENDEN FRONTE AO COVID-19


logotipo.JPG






O Equipo de  Dinamización da Lingua Galega do do I.E.S. Xoán convoca  CERTAME DE NARRATIVA, POESÍA,  TEATRO e ENCRUCILLADAS (INCLÚE SOPAS DE LETRAS E AUTODEFINIDOS),   rexido polas  seguintes  BASES*



Primeira.- Poderán participar todos os alumnas e alumnos deste Centro.



Segunda.- Os textos terán que ser orixinais, inéditos e en lingua galega. O tema é  libre. 

 Terceira.- Cada participante poderá presentar como máximo dous  TRABALLOS  EN CADA ESPECIALIDADE. A EXTENSIÓN É LIBRE.



Cuarta.-  OS TRABALLOS SERÁN  REMITIDOS POR CORREO ELECTRÓNICO Á DIRECCIÓN


endlxoanmontes8@gmail.com  


QUE É O CORREO DO NOSO BLOG “AS TRASNADAS DO XOÁN”

Con data tope 10 de maio.



En cada categoría poderán adxudicarse ata  catro premios. Estes consistirían  en  vales  por  un  importe  utilizable para  adquirir libros, material escolar e funxible ou instrumentos de debuxo e pintura…. Tamén poderá ser  outorgado un diploma.



Sexta.- O fallo do xurado será inapelable. A presentación ao certame presupón a aceptación plena das presentes bases.


Lugo, 20 de abril de 2020  
                          

*O CERTAME DE CONTOS TIÑA O PRAZO DO 17 AO 27 DE MARZO, , PERO AO QUEDAR DETIDO POLO ESTADO DE ALARMA, PASA A TER O MESMO PRAZO QUE OS CONCURSOS E CERTAMES ANTEDITOS.

AS CONVOCATORIAS E ANUNCIOS DE ACTIVIDADES CONCRETAS, DESTAS OU DOUTRAS QUE XURDAN. COLGARANSE NESTE BLOG, “AS VTRASNADAS DO XOÁN”

DE CAMBIAR ALGUNHA DATA, ou modificación dalgún aspecto   da  ACTIVIDADE,  AVISAREMOS NO NOSO BLOG “AS TRASNADAS DO XOÁN”



EDLG

DOSSIETR CARVALHO CALERO LETRAS GALEGAS 2020


BREVE DOSSIER  SOBRE 
                                       CARVALHO CALERO

                                                    LETRAS GALEGAS 2020


AS NOSAS LETRAS NON SE RENDEN FRONTE AO COVID-19



Ademais do xa publicado neste Blog sobre o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020, adicado a CARVALHO CALERO, achegamos os seguintes enlaces onde poderemos atopar distintas iniciativas didácticas en lembanza do persoeiro este ano homenaxeado.

Esperamos sexan de utilidade…!!!



 

logotipo.JPG



https://academia.gal/

https://www.lingua.gal/portada

http://primaveradasletras.gal/

https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/ricardo-carvalho-calero

https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas



https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=4675559&name=DLFE-20308.pdf



https://carballocaleroenlugo.org/don-ricardo-de-fingoi



https://carballocaleroenlugo.org/o-estrano-colexio-fingoi



https://carvalho2020.gal/gl/unidades-didacticas/

bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=RicCarba&solapa=obras



https://carvalhocalero2010.net/cronologia/



https://academia.gal/a-trabe-de-ouro





NESTE SENTIDO SINALAR QUE VARIAS INSTITUCIÓSNS CULTURAIS GALEGAS, ENTRE ELAS A AELG, A MESA…solicitaron á R.A.G que, dada a situación excepcional que estamos a vivir,  ALONGUE A HOMENAXE A CARVALHO CALERO durante o  ANO 2021

9 abr 2020

A Real Academia Galega traslada o pleno do Día das Letras Galegas ao 31 de outubro


A Real Academia Galega traslada o pleno do Día das Letras Galegas ao 31 de outubro


  

A Real Academia Galega traslada o pleno do Día das Letras Galegas ao 31 de outubro

A Real Academia Galega acordou pospoñer o pleno extraordinario e público do Día das Letras Galegas dedicado a Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990) ante a situación provocada pola pandemia da COVID-19. A sesión mantense no lugar previsto, o teatro Jofre de Ferrol, pero trasladarase do domingo 17 de maio ao sábado 31 de outubro, xusto un día despois do 110 aniversario do nacemento do homenaxeado. De igual xeito, os demais actos presenciais que a institución tiña previsto celebrar nas vésperas e nas datas posteriores ao Día das Letras Galegas terán lugar á volta do verán.

A Real Academia Galega tomou esta decisión ante a evidencia crecente de que a mediados do mes de maio non será recomendable, nin quizais aínda posible, celebrar actos públicos concorridos. A medida, inédita nos cincuenta e sete anos de historia do Día das Letras Galegas, adóptase dende a responsabilidade ineludible, que esixe priorizar a seguridade do público asistente e de todas as persoas implicadas na organización dun acto destas características. O cambio de data desta e doutras iniciativas pretende tamén prolongar a celebración do Ano Carballo Calero ao longo do último cuadrimestre deste 2020, procurando minimizar o impacto desta situación de emerxencia na celebración da gran festa da cultura galega.

Malia os cambios no calendario de actividades presenciais arredor do Día das Letras Galegas, a RAG quere que o 17 de maio sexa igualmente unha gran celebración colectiva, e fai un chamamento a toda a cidadanía galega para que sexa así valéndose das posibilidades do mundo dixital que tanto se están a aproveitar nestes tempos de obrigado afastamento social. Nesta liña, a institución reforzará nas vindeiras semanas na Rede as iniciativas de divulgación da figura e da obra do filólogo, escritor e profesor Carballo Calero, tanto a través desta páxina e do proxecto para o público infantil Primavera das Letras como do Portal das Palabras.

A entrada en vigor do estado de alarma o pasado 15 de marzo xa obrigara a Real Academia Galega a adiar o acto centrado no labor como dramaturgo de Ricardo Carballo Calero que estaba a organizar da man de Santiago Fernández, que xunto con Manuel Lorenzo dirixe o estudio teatral Casa Hamlet. O programa ía desenvolverse na sede da institución, na rúa Tabernas da Coruña, o pasado 25 de marzo, cadrando co trixésimo cabodano do autor e nas vésperas do Día Mundial do Teatro.

Outro acto que terá que ser reprogramado á volta do verán é a homenaxe ao labor de Ricardo Carballo Calero como docente, e como parte da resistencia galeguista na posguerra, que a RAG ía celebrar o 7 de maio en colaboración co Colexio Fingoi, o centro educativo lugués que o autor dirixiu dende 1950 ata o seu regreso en 1965 a Santiago de Compostela, onde se fixo cargo das primeiras aulas de galego na universidade. Tamén no outono, como vén sendo habitual, terá lugar o Simposio das Letras Galegas.

Tendo en conta o impacto que pode estar a ter a suspensión das clases presenciais no desenvolvemento de parte dos proxectos escolares dedicados a Ricardo Carballo Calero, a RAG ampliará ata despois do outono o prazo de participación no concurso Contádenos o voso Día das Letras –convocado ao abeiro do proxecto Primavera das Letras– e anima o profesorado a que, alén de promover accións virtuais nas vésperas do propio 17 de maio, estenda as iniciativas arredor da figura e a obra do homenaxeado ao primeiro trimestre do curso próximo.

FONT RAG

1 abr 2020

COVID-19




                                                             COVID-19



POR MOR DA SITUACIÓN DE EMERXENCIA QUE ESTAMOS A VIVIR PEOVOCADA POLA PANDEMIA COVID-19

O EDLG MODIFICARÁ NALGÚNS TERMOS E DATAS ALGUNHA DAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS E XA PUBLICADAS NESTE MEDIO.
         ESTAS MODIFICACIÓNS SERÁN PUBLICADAN NESTE BLOG, PRESUMIBLEMENTE, AO LONGO DOS  VINDEIROS DÍAS OU SEMANAS E  EN VIRTUDE DO DESENVOLVEMENTO DOS ACONTECEMENTOS.
     POLO DE PRONTO AS ACTIVIDADES PRESENCIAIS,OBVIAMENTE, QUEDAN EN SUSPENSO!!! SEGUIREMOS INFORMANDO



A COIDARSE, E COMO SEMPRE, SAÚDE!!