30 ene 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Como xa todos sabedes, hogano adícaselle o Día das Letras Galegas a Roberto Vildal Bolaño, dramaturgo, actor, director, guionista…Ou, como deixou dito, “Eu son un home … que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas”.

Para axudar a coñecelo un pouco mellor, o EDL quere elaborar actividades para colgar no blog. Poden ser actividades de Quiz Revolution, Hot Potatoes, etc. Na páxina da Asociación Roberto Vidal Bolaño, creada para poñer en valor a obra deste autor, podedes, por exemplo,  atopar a información necesaria para face-la actividade.


11 ene 2013

OS DEPORTES DOS NOSOS ALUMNOS

Andrea Ferreiro Gómez é alumna de 2º BAC e xogadora de hóckey liña en Lugo. Practicar un deporte como este en Lugo e, por riba, sendo muller é difícil, pero non imposible. Ata é posible, con moito traballo, triunfar nel, como o demostra Andrea neste artigo.