23 abr 2024

Visita á sede de Pull&Bear

Hoxe contamos ca colaboración de Nuria Fernández López, de 1º de bacharelato C, para relatarnos a experiencia da visita á sede de Pull&Bear en Narón:

O martes 6 de febreiro durante toda a mañá visitamos a sede de Pull&Bear en Narón (A Coruña). Dende 2016 Pull&Bear conta con unha nova sede central en Narón, que cumple cos estándares medioambientales máis exixentes. Así o acredita a súa certificación Ledd Oro, o maior recoñecemento de sostenibilidade de edificios e construccións.

A empresa Pull&Bear está engolbada no sector do comercio ao por maior é ao por menor. En canto a súa forma xurídica sería unha Sociedade Anónima. Pull&Bear pertence ao grupo Iditex que o forman sete marcas comerciais: Zara, Zara Home, Pull&Bear, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius e Oysho.

As coleccións de Pull&Bear teñen o fin de vestir a homes e mulleres xóvenes de mentalidade tendo en conta que a idade xa non é unha barreira no momento de elixir o noso vestuario.

En canto a parte de recursos humanos de Pull&Bear, os horarios son de 10:00 a 22:00. Esta empresa conta con 12.501 empleados. Para poder formar parte da empresa de pull, búscase xente que teña ganas de aprender cousas novas é tamén iniciativa e actitude. A cultura corporativa de Pull&Bear baséase no traballo en equipo, a comunicación aberta é un bó nivel de esixencia. A maior parte do equipo directivo comenzou traballando nas tendes e familiarizándose coa marca. Pull&Bear está dividida en varias seccións nas que podes traballar; nas plataformas online, departamente de sostenibilidade, nas oficinas, no departamente tecnolóxico, na área de loxística, nos equipos de producto ou en tenda. No grupo de Inditex hay 182 nacionaloidades participantes.

Foto de Beatriz López CC BY-SA

Actualmente a tecnoloxía está moi presente nos nosos días e Pull&Bear ten que estar ao día. A tecnoloxía é unha parte fundamental desde negocio, que lles permite acelerar e innovar na forma na que traballan.

Dende 2016, Pull&Bear conta coa sede central de Narón , que compre todos os estándares medioambientais máis esixentes. O parking inclúe prazas reservadas a bicicletas e coches eléctricos, tamén crearon un un amplo espacio de xardín para o uso dos empleados que se rega con auga reciclada e por último restaurouse a parcela anexa a sede utilizando especies autóctonas para dar continuidade aos hábitats esixentes da zona.

O diseño de este edificio permite o aforro enerxético é a calidade do ambiente interior garantízase con diversos sistemas e accións que permiten optimizar a calidade do aire nas oficinas.

En 1991 é cando nace a cadea de Pull&Bear e ao ano seguinte empezan a abrir tendas en Portugal. Tres anos despois en 1995 chegan a países como Malta e Grecia onde se afianzan rápidamente en ambos mercados. Dous anos despois chegan a Israel, é un ano despois esta marca únese a Xdye, que ofrece prendas deportivas é tecnolóxicas, e neste mesmo ano ábrense as primeiras tendas en Chipre. A partir do ano 2000 empezar a parecer tiendas por varias cidades e países e é no 2012 cando deciden crear unha línea masculina.

Foto de Beatriz López CC BY-SA

Foi en 2018 cando Pull&Bear lanzou a súa primeira colección cápsula Join Life, cunha etiqueta utilizada por Inditex para identificar os artículos producidos usando materiais e procesos máis sostenibles. E por últimno no ano 2019 Pull convertiuse en partner do Primavera Sound, que é un festival de músical internacionalmente coñecido.

Para eles o cliente é o centro do seu modelo de negocio, que está basado na innovación é flexibilidade. A forma de eles de entender a moda ten as bases na creatividade e no diseño de calidade e unha resposta áxil cara as demandas de mercado.

Entre as claves do éxito de Inditex a principal estratexia é priorizar as ventas sobre as ganancias e en canto a súa política de promocións internas, para os seus empleados, ten un gran papel.

Un aspecto importante sería o nome, xa que Pull&Bear significa en inglés, Pull (tira) e Bear (aguanta). A idea de atopar un nome silábico que tiña que ser fácil de recordar para a xente. Aínda que tamén podemos relacionar o nome coa idea das súas prendas e telas que son resistentes ao estirarse.

Nuria Fernández López (1º de bacharelato C)


No hay comentarios:

Publicar un comentario