Os concellos de Meira e Ritotorto coa colaboración da Asociación Cultural "Avelino Díaz" convocan o I CERTAME DE DEBUXO E POESÍA “AVELINO DÍAZ".
Consulta as
bases.
O prazo de presentación de orixinais remata o 16 de marzo de 2017.
A Asociación Cultural "Avelino Díaz" pretende poñer en valor a vida e a obra de Avelino Díaz Díaz, nacido en Santa Comba da Órrea - Riotorto, pero que pasou boa parte da súa nenez en Meira. O "Poeta de Meira" emigrou sendo adolescente a Buenos Aires, onde desenvolveu un intensa actividade xornalística e literaria. Nunca regresou á Terra, e precisamente por iso a súa obra é, se cadra, máis coñecida en América que en Galicia. A pesar diso, trátase dunha obra de calidade que sen dúbida merece unha investigación demorada, sobre todo se temos en conta que, á marxe dos seus catro volumes publicados, uns 850 poemas están pendentes de localización. Precisamente por iso, a Asociación Cultural "Avelino Díaz", formada por un importante número de colectivos de toda índole dos concellos de Riotorto e Meira, ademais de por persoas particulares, pretendía conseguir para el o Día das Letras de 2017, cando cumpriría 120 anos. Dado que iso non foi posible, a candidatura de Avelino será presentada de novo para o Día das Letras de 2018. (Información da páxina da asociación)
No hay comentarios:
Publicar un comentario