13 ene 2016

CONCURSO RECITADO DE POESÍA "ROSALÍA SEMPRE VIVA"

A casa-museo Manuel María convoca o concurso de recitado de poesía "Rosalía sempre viva".

DESTINATARIOS: Alumnado de ESO e BAC


PROBA: Recitado dunha única poesía escollida libremente de entre a obra en galego de Rosalía de Castro ou Manuel María.
Valorarase a autenticidade e naturalidade do recitado, ton, timbre, ritmo, pausas, dicción, inflexión da voz e expresividade. Tamén se valorará a súa memorización e o seu nivel de dificultade.

FASE LOCAL
SELECCIÓN DO ALUMNADO NO CENTRO:
5 de febreiro, ás 11:30, na aula 10. 
2 alumnos por nivel (ESO e BAC). 
Premio: un diploma e un vale de 20 euros para gastar nunha libraría, para cada un dos seleccionados.

FASE FINAL
Casa Museo Manuel María Sábado, 27 de febreiro
Premio: 1 tablet e 1 diploma

No hay comentarios:

Publicar un comentario