26 feb 2018

CERTAME DE GRAFFITIS


BASES DO CERTAME 

1. Convocatoria e participantes
O ENDL DO IES XOÁN MONTES DE LUGO convoca un CERTAME de graffitis,
que comprende dúas categorías:
- Categoría A, dirixida ao alumnado DOS CURSOS 1º, 2º E 3ºde Educación Secundaria Obrigatoria matriculados no IES XOÁN MONTES
- Categoría B, alumnado de 4º DA ESO e Bacharelato, matriculados no IES XOÁN MONTES

2. Premios e condicións
Outorgaranse dous premios por categoría
- O primeiro premio de cada categoria será de 25 euros en material escolar
- O segundo premio de cada categoria será de 15 euros en material escolar

3. Presentación de bosquexos.
Cada alumno/a  poderá presentar un  só Graffiti,  que deberá ser orixinal, inédito e non premiado anteriormente. Cada bosquexo irá identificado co nome, apelidos e curso do autor/a. A entrega dos mesmos efectuarase por correo electrónico, no enderezo  ies.xoan.montes@edu.xunta,esindicando no asunto da mensaxe “CERTAME DE GRAFFITI”. Os convocantes resérvanse o dereito de rexeitar aqueles bosquexos que atenten contra á dignidade persoal, colectiva ou inciten á violencia, á xenofobia, ou calquera tipo de discriminación ou resulten vexatorios.

4. Prazo de presentación
O prazo de presentación será dende o día 26 de febreiro ao día 19 de marzo de 2018.

5. Tema.
O tema versará sobre o uso e a promoción da lingua galega no centro educativo e na sociedade.

6. Técnica
A técnica utilizada para a realización do graffiti será calquera que o autor/a considere oportuna e que poida ser reproducida en tañaño A3 ou maior. Logo de ser dixitalizada, enviarase por correo electrónico ao devandito enderezo mail. (Os primeiros e segundos permios de cada categoría serán reproducidos en maior tamaño e expostos nos corredores do Centro). Aqueles traballos non premiados poderán, de ser o caso, expostos en tamaño A3 nos corredores do centro xunto aos premiados.)

7. Xurado e fallo do concurso
O xurado do Certame estará formado por tres  membros da comunidade educativa. O xurado procederá á elección dos proxectos premiados.
Calquera das dúas categorías do certame poderá quedar deserta.
O fallo do Certame será inapelable.
A efectos do Certame o xurado valorará: a orixinalidade, calidade artística, dificultade de execución e fidelidade ao tema do Certame.

8. Dereitos de autor
Os convocantes poderán reproducir os graffitis
nas súas páxinas web, nas súas publicacións, carteis, blogs, etc
ou noutros soportes propagandístico ou informativos, aparecendo sempre a autoría.
Os participantes renuncian a calquera dereito de autor sobre os traballos presentados.

9. Aceptación das bases.
A participación na presente convocatoria obriga
 a aceptación destas bases. Tanto os
organizadores como o xurado poderán interpretar estas bases en todos aqueles aspectos non previstos nas mesmas. Calquera modificación destas bases será
anunciada debidamente.

10. Entrega de premios
A data e hora de entrega de premios será comunicada na Web do centro e no blog do ENDL “As Trasnadas do Xoán”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario