14 feb 2021

UNHA DE SAN VALENTÍN, UNHA DE ROSALÍA

 VAI DE AMOR....

EU EN TI

Eu xa te busquei                                                         
cando o mundo era unha pedra intaita.
Cando as cousas buscaban os seus nomes,
eu xa te buscaba.

Eu xa te procurei
no comezo dos mares e das chairas.
Cando Deus procuraba compañía
eu xa te procuraba.

Eu xa te chamei
cando soio a voz do vento soaba.
Cando o silenzo chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba.

Eu xa te namorei
cando o amor era unha folla branca.
Cando a lúa namoraba as outas cumes,
eu xa te namoraba.

Sempre,
dende a neve dos tempos,
eu, na túa ialma.

Celso Emilio Ferreiro (1991) O soño sulagado. Vigo. Edicións Xerais de Galicia.


VAI DE ROSALÍA...


¡PRA A HABANA!

I

Vendéronlle os bois,
vendéronlle as vacas,
o pote do caldo
i a manta da cama.
Vendéronlle o carro
i as leiras que tiña,
deixárono soio,
coa roupa vestida.
«María, eu son mozo,
pedir non me é dado,
eu vou polo mundo
pra ver de ganalo.
Galicia está probe,
i á Habana me vou...
¡Adeus, adeus, prendas
do meu corazón!»

Rosalía de Castro (1972) Follas Novas.Vigo. Edicións Castrelos.


 

 

 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario