O Nadal é para compartir!
Parece o lema dun anuncio publicitario, pero os alumnos de 4º ESO-B fixérono realidade.
A semana pasada puxeron en marcha unha campaña de recollida de alimentos para unha organización humanitaria. A campaña denomínase"Doa e razoa", porque ademais de recoller donativos, tamén incitan á reflexión persoal pedindo aos doadores que escriban nunha tarxeta as razóns polas que doan.
Noraboa, rapaces, pola iniciativa e grazas por sacrificar o voso tempo de lecer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario