20 dic 2012

QUE O APALPADOR VOS TRAIA UN AGASALLO

Non pode faltar no Nadal o Apalpador, o noso peculiar Papá Noel, que na noite do 24 vai apalpar as barrigas dos nenos, por ver se están mantidos, e déixalles como agasallo unha presa de castañas ou xoguetes de madeira.
 Aquí tedes a Cantiga do Apalpador, que gravou Malvela. Ana Senlle púxolle música a unha letra tradicional. O video está composto con imaxes do conto O Apalpador de Xoán G.
A letra é a seguinte:

Vaite logo, meu meniño
marcha agora para a camiña
 que vai vir o apalpador
a apalparche a barriguiña.
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.
Mañá é día de cachela,
que haberá gran nevarada
 e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
 para darvos o aguinaldo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario