A Real Academia Galega de Ciencias nomeou o matemático Domingo
Fontán (1788-1866) Científico Galego 2018, tras cumprírense en 2017 dous
séculos do momento en que iniciou a elaboración da Carta geométrica de Galicia, un
mapa moderno e rigoroso do territorio galego que levantou mediante medicións
xeodésicas e traballo de campo.
O mapa de Fontán foi un traballo sen precedentes en España, un
fito na historia da cartografía peninsular e un símbolo para Galicia. A pretensión
desta unidade didáctica elaborada por un equipo coordinado por Xosé A. Fraga
Vázquez e Elena Vázquez Cendón é dar a coñecer a figura de Fontán e a
importancia da súa obra.
Fonte.
lingua.gal
No hay comentarios:
Publicar un comentario