15 may 2013

VIDAL BOLAÑO

O xoves, no recreo,  lembramos no Instituto a Vidal Bolaño representando no patio, se o mal tempo non o impide, un pequeno diálogo do autor.
A actividade está organizada por un grupo de alumnas de 4º ESO-B e o seu titor, Xosé Lois.
Mentres non temos a gravación dese diálogo, déixovos o enlace da gravación dun monólogo do propio Bolaño, Sen ir máis lonxe, ese que representou co famoso nariz de pallaso. Nel interprétase a sí mesmo nunha visita ó  Apóstolo Santiago para lle pedir algunhas explicacións. Nel atopamos o clientelismo político, a submisión da prensa ao poder, o papel da Igrexa catolica, ... e moitos outros temas de total actualidade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario