10 may 2013

ANIMADA PARTICIPACIÓN DO IES “XOAN MONTES” NO CORRELINGUA´13





Seguro que se poden decir moitas cousas sobre o desenvolvemento da edición deste ano do Correlingua na nosa cidade pero ningunha será tan relevante como o feito evidente -e ben manifesto- da nosa participación. A mocidade de 1º ESO do noso centro foi, xunto aos seus compañeiros de Sarria, os que máis animaron a celebración dos actos previstos no Correlingua en Lugo.



Participamos, si, e con moita enerxía. Fixemos a volta de rigor pola muralla, encabezados coa faixa máis reivindicativa deste ano: a do IES “As Mercedes”. Xunto cos resto dos centros de secundaria que participaron este ano, quixemos apoiar a loita dos nosos compañeiros de As Mercedes.



Logo de deixarnos ver e facer piña na andaina, voltamos a Praza de Santa María onde aínda nos agardaba o mellor do acto: as actuacións. De inicio o Gobernador deixounos ver como se “testea” un “pariaguas” cun trebello propio que desafía calqueira proxecto mundial de I+D. O Gobernador tamén nos falou da fala dos afiadores, o barallete, e aproveitou para lembrar que o galego aínda é máis útil que a propia lingua dos afiadores, vaiche boa! Logo subiu ao escenario a histriónica Balbina e hai rachouse todo: bailes, risos e moita, moita diversión. Os nosos compañeiros Samuel e Carla mesmo se atreveron a “estomballar” un chisco, seguindo a febril enerxía da Balbina. Tan ben que o pasamos que ficamos alí ata o final do acto, saudando aos artistas e apurando ao máximo a saída. Agardamos que o ano que vén poidamos repetir!



No hay comentarios:

Publicar un comentario