Os alumnos de LATÍN I están preparando unha celebración moi especial: o Día da Nai do Galego. Ademais dunha sorpresa na que están a pór moito empeño, fixeron a presentación sobre as semellanzas e diferenzas co castelán e portugués, que tedes na seguinte entrada, e tamén esta carta do galego a súa nai.
CARTA DO GALEGO A SÚA NAI
Hoxe, día da nai, quero lembrarme da miña, o latín. Lembrarme daquel nacemento no reino Suevo da Gallaecia e daquela infancia co meu irmán xemelgo, o Portugués. Eramos iguais! Só o feito de vivir en reinos separados, aló polo século XII, nos foi distanciando en aparencia.
O meu irmán tivo máis sorte ca min, porque el sempre foi un protexido e eu non tiven rei nen corte que me protexera, porque cando no s. XIII, era lingua de brillante literatura, Galicia ía someterse ao reino de Castela, e o meu prestixio desapareceu, porque fun a lingua dos aldeáns fronte ó castelán, que o era da nobleza.
No s. XIX, no Rexurdimento, aqueles autores que tanto loitaron por min empregaron a ortografía do Castelán, que era o único que coñecían, e esa nova vestimenta apartoume máis do meu irmán xemelgo. Tanto tempo vivín co Castelán que me acabei parecendo a él.
Pero, despídome por hoxe de ti contento, porque cada vez hai máis xente que se fixa nas moitas semellanzas que teño co Portugués. E iso convérteme nunha lingua internacional falada por máis de 200 millóns de persoas.
Tanto falas, tanto vales.
EU VALO MOITO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario