O domingo, 24 de febreiro, data de nacemento de Rosalía de Castro, é o Día de Rosalía.
Hogano ten unha importancia especial, porque se cumpren 150 anos da publicación de Cantares Gallegos (1863). Este libro supuxo o renacer da literatura galega. Foi precisamente ó celebrarse o prmeiro centenario da súa publicación cando a Real Academia Galega instituiu o Día das Letras Galegas, que dende entón se celebra tódolos anos o 17 de maio.
Esa flor ben pode ser unha desas rosas que aparecen na súa poesía.
Aquí a temos nunhas estrofas de Follas Novas:
Mais ve que o meu corazón
é unha rosa de cen follas
i é cada folla unha pena
que vive apegada noutra.
Quitas unha, quitas dúas,
penas me quedan de abonda;
hoxe dez, mañán coarenta,
desfolla que te desfolla...
¡O corazón me arrincaras
desque as arrincaras todas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario