Segunda.- Os textos deberán ser orixinais e inéditos, e estar escritos en lingua galega.
Terceira. –Cada participante poderá presentar, como máximo, dous poemas.
Cuarta. – Os textos entregaránse, por separado, antes do día 3 de maio, venres, ata as 14:30, na Secretaría do Instituto. Cada un irá dentro dun sobre grande, en cuxo exterior figurará, ben visible, un lema ou pseudónimo, que en ningún caso coincidirá co nome ou apelidos do autor. No interior deste sobre grande, a máis do poema que se presenta a concurso, irá tamén un sobre pequeno, en cuxa parte exterior consignarase así mesmo o lema ou pseudónimo antes aludido; no interior deste sobre pequeño irá unha folla cos datos do autor: nome, apelidos, curso e grupo.
Quinta. – Establécense tres categorías: Primeiro Ciclo da ESO, Segundo Ciclo da ESO e Bacharelato. En cada categoría poderán adxudicarse tres premios. Estes consistirán en vales por un importe económico utilizable para adquirir libros, material escolar e funxible ou instrumentos de debuxo e pintura.
Sexta.- O fallo do xurado será inapelable. A presentación ao certame presupón a aceptación plena das presentes bases.
CERTAME DE NARRATIVA-LETRAS GALEGAS
Primeira.-Poderán participar todos os alumnos e alumnas deste centro.
Segunda.- Os relatos terán que ser orixinais, inéditos e en lingua galega. O tema é libre. A extensión deberá ser de entre dúas e cinco páxinas, formato A4, mecanografadas, con letra Times New Roman en corpo 12 e cun interliñado de 1, 5.
Cuarta. – Os textos entregaránse, por separado, antes do día 3 de maio, venres, ata as 14:30, na Secretaría do Instituto. Cada un irá dentro dun sobre grande, en cuxo exterior figurará, ben visible, un lema ou pseudónimo, que en ningún caso coincidirá co nome ou apelidos do autor. No interior deste sobre grande, ademais do relato que se presenta a concurso irá tamén un sobre pequeno, en cuxa parte exterior consignarase así mesmo o lema ou pseudónimo antes aludido; no interior deste sobre pequeño irá unha folla cos datos do autor: nome, apelidos, curso e grupo.
Quinta. – Establécense tres categorías: Primeiro Ciclo da ESO, Segundo Ciclo da ESO e Bacharelato. En cada categoría poderán adxudicarse tres premios. Estes consistirán en vales por un importe económico utilizable para adquirir libros, material escolar e funxible ou instrumentos de debuxo e pintura.
Sétima.-O fallo do xurado seá inapelable. A presentación ao certame presupón a aceptación plena das presentes bases.
Os departamentos de Grego e Latín e o Equipo de Dinamización Lingüística do IES Xoán Montes convocan un certame para a elaboración dun tríptico turístico do Lugo romano, rexido polas seguintes bases:
Primeira.-Poderán participar todos os alumnos e alumnas do centro.
Segunda.- Os participantes deberán elaborar, individualmente ou en grupo de dúas personas, un tríptico turístico do Lugo romano, mencionando restos arqueolóxicos, museos e posibles rutas, e estará ilustrado con fotografías orixinais.
Terceira.- Os textos deberán ser orixinais e estar escritos en lingua galega.
Cuarta.- Os traballos deberán entregarse antes do 30 de abril na Secretaría do Instituto. Deberán ir dentro dun sobre grande, en cuxo exterior figurará, ben visible, un lema ou pseudónimo, que en ningún caso coincidirá co nome ou apelidos do autor. No interior deste sobre grande, ademais do tríptico que se presenta a concurso irá tamén un sobre pequeno, en cuxa parte exterior consignarase así mesmo o lema ou pseudónimo antes aludido; no interior deste sobre pequeño irá unha folla cos datos do autor: nome, apelidos, curso e grupo.
Quinta.- Establécense dúas categorías: ESO e Bacharelato. En cada categoría adxudiranse un premio e un accésit. Estes consistirán en vales para adquirir material escolar nunha librería da cidade.
Sexta.- Se a calidade dos traballos non é a axeitada, o xurado pode declarar o premio deserto.
Sétima.-O fallo do xurado será inapelable. A presentación ao certame presupón a aceptación plena das presentes bases.
En Lugo, 21 de febreiro do 2013
No hay comentarios:
Publicar un comentario