Coñece outras culturas
As festividades que máis se celebran no meu país, Colombia, son aquelas que teñen maior transcendencia nas nosas vidas, como por exemplo, os aniversarios. Unha das datas máis importantes é cando a muller e o home cumpren os seus 15 anos, pero no caso da muller (as súas 15 primaveiras, o paso de nena a muller). Ela leva un vestido “pomposo”, xeralmente de cor rosa. Celébrase en familia e cos amigos máis próximos. Normalmente lévase unha serenata xa sexa con mariachis ou organeta. Invítase a 15 rapaces, un por un van entregándolle unha rosa e a súa vez, bailando o valse con ela. Por último, ela baila co seu pai e fánselle honra cunhas palabras por parte da nai. É típico que nesta reunión se ofreza como prato principal unha comida tradicional do lugar no que se celebre ou unha comida como a “lechona”. A festa conclúe coa entrega de agasallos dos seus amigos.
Tamén hai unha festa relixiosa moi importante en Colombia, é a celebración do “Día de las velitas”. Esta é celebrada na noite do 7 de Decembro e remata na madrugada do 8 de Decembro, como vixilia da festa da Inmaculada Concepción da Virxe María. É moi abraiante xa que ese día consiste en acender farois e candeas que alumean as rúas, centros comerciais e fogares de pobos e cidades. Esta celebración marca o principio das festas do Nadal no país.
Por outra parte, nalgúns lugares fanse procesións da mesma, o que da lugar a reunións familiares e de amigos. Apréciase moito esta data xa que neste espectáculo nocturno saen a percorrer as rúas grandes figuras que representan os diferentes mitos e lendas colombianas, como: “El mohán”, “La llorona”, “El padre sin cabeza”, “La madremonte”, “El hojarasquín de monte”, “El ánima sola”, entre outros grandes personaxes. Móvense a ritmo da música cobrando vida por algunhas horas, pero isto se fai nas cidades principais. Nas cidades máis pequenas as familias reúnense para acender as candeas fóra das súas casas acompañadas de veciños ou amigos, a moitos nenos gústanlle esta data xa que a súa vez poden apreciar fogos pirotécnicos e formar certas figuras con a cera que produce a candea. É moi importante porque é a única celebrada en toda Latinoamérica.
UN ARTIGO DE YEIMI V. BURGOS MANCILLA
Chámome Laura, tamén son de Colombia e vou falarvos das festas do meu país.
As principais festas son os cumpreanos, o día de Defuntos, o día da Nai, a batalla de Boyacá, a feira das Flores, a Semana Santa e o Nadal.
O cumprenanos é unha festa que soe realizarse en casas ou fincas, onde se comparten piñatas, globos, tartas e sorpresiñas. A comida principal é a carne enrolada e o arroz con polo.
O día da Nai é unha celebración onde a familia se reúne e lle da un detalle a súa nai. Celébrase o 16 de maio.
O día de Defuntos é unha celebración onde a familia se reúne para levar flores, rézanse oracións e visítanse as tumbas. Celébrase o primeiro de Novembro.
Unha das celebracións máis importantes de Colombia é “La batalla de Boyacá”, que commemora un feito histórico.
O sábado, 7 de agosto de 1819, os exércitos español e criollo enfrontáronse no campo de Boyacá. Cada un tiña como misión tomar Santa Fe de Bobotrá e o exército liberador desexaba impedir a toda costa esa maniobra. O exército Liberador, formado por 2850 cambatentes, entre criollos, mulatos, mestizos, zambos, indíxenas e negros, estaba comandado polo xeneral Simón Bolívar, a vanguardia, por Francisco de Paulo Santander e a retaguardia, polo xeneral José Antonio Anzoátegui. E por este motivo celebramos a liberación do noso pobo.
Unha das festas que máis me gusta é a Feria de las Flores, que se celebra en Medellín. É unha festa comunitaria que dura 10 días. A feira é a celebración emblémática desta cidade e todo está envolto nos olores da sempreviva, o clavel, o xirasol e a orquídea. As actividades que dan vida á feira son tablados musicais, desfiles de arrieros, mulas, desfiles silleteros e cabalgata. A primeira celebración fíxose no ano 1957.
A Semana Santa empeza exactamente 40 días antes, é o chamado tempo de Cuaresma; logo temos a Semana Mayor. Empezamos o domingo de Ramos; o venres, morte de Xesús, non se pode comer carne; o sábado bendícese a auga e o lume e, por último, o domingo é o día da resurrección victoriosas do noso señor Xesucristo.
O Nadal é a festa máis importante para os colombianos. Empezamos o 8 de decembro co alumeado da Santísima Virxe, que consiste en alumear as rúas con candeas, figuras da virxe e máis elementos decorativos. Os nenos soen saír á rúa a tirar globos con auga e tamén se tiran fariña.
Nestas datas decoramos as casas con árbores de nadal, pechamos algunha rúa para decoralas con todo tipo de detalles e, por suposto, os pesebres (o Belén) son unha parte importante do Nadal, pois alí reunimos familiares e vecinos para facer a novena ó neno Xesúa, onde empregamos pandeiretas e maracas para cantar villancicos e darle a benvida ó neno. Ó rematar as novenas damos aos nenos un caramelo e o último día de novena repártense entre os nenos uns regaliños. O día 24 de decembro é o día no que chega o neno Xesúa, reparte os regalos e ponos debaixo da árbore. O 25 facemos unha cea familiar, logo o 30 fanse bonecos coa cara dalgún famoso, e enchémolos de pólvora. O último día do ano facemos o desfile de ano vello (o boneco) e queimámolo, despedindo así o ano vello e dándolle a benvida ó novo.
Laura Torres Gil
Magnífico artículo parabens Yeimy!
ResponderEliminar