18 abr 2021

DE INTERESE PARA O PROFESORADO, LETRAS GALEGAS

 A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) e o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) están organizando as Xornadas das Letras Galegas 2021 que se desenvolverán o 22 e 29 de abril e 5 e 13 de maio. Durante estes días, en horario de tarde, poderemos asistir virtualmente (por webex) a exposicións teóricas e relatorios de experiencias didácticas sobre a traxectoria vital e literaria de Xela Arias. Se queredes consultar o programa (http://www.edu.xunta.gal/portal/node/33627) e inscribirvos, debedes facelo a través de fprofe: https://www.edu.xunta.es/fprofe/



No hay comentarios:

Publicar un comentario