11 abr 2021

CERTAMES LETRAS GALEGAS

 


O EQUIPO DE  DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO DO I.E.S. XOÁN   MONTES de LUGO CONVOCA OS

CERTAMES  DAS LETRAS GALEGAS

 O Equipo de  Dinamización da Lingua Galega do do I.E.S. Xoán Montes  convoca  CERTAMES DE NARRATIVA, POESÍA,  TEATRO, ENSAIO e ENCRUCILLADAS (INCLÚE SOPAS DE LETRAS E AUTODEFINIDOS),   rexido polas  seguintes  BASES

 

Primeira.Poderán participar todos os alumnas e alumnos deste centro.

 Segunda.- Os textos terán que ser orixinais, inéditos e en lingua galega. O tema é  libre. Os convocantes poderán reproducir os  TRABALLOS PRESENTADOS nas súas páxinas web, nas súas publicacións, carteis, blogs, etc ou noutros soportes propagandístico ou informativos, aparecendo sempre a autoría segundom a lexislacion vixente. Os participantes renuncian a calquera dereito de autor sobre os traballo presentados.  A extensión máxima non excederá de 3 páxinas. O prazo de entrega de traballos  dende o día 12 de abril ata o  día 30 de abril de 2021

 Terceira.- Cada participante poderá presentar como máximo dous traballos por modalidade.

 Cuarta.- Os textos serán enviados á dirección mail,

queque.sanchez@iesxoanmontes.gal

 

Poderán ser entregadis directamente tamán a calquera membro do equipo EDLG.

 

Quinta.- PODERÁNSE OUTORGAR ATA 4 PREMIOS por modalidade. Den non haber premiados/as nalgunha modalidade, os posibles premios correspondentes  sumaranse ás demais modalidades  Estes consistirán  en  vales por  un  importe económico utilizable para  adquirir MATERIAL DIDÁCTICO, material escolar  funxible. Tamén poderá ser outorgado un diploma.

 

Sexta.- O fallo do xurado será inapelable. A presentación ao certame presupón a aceptación plena das presentes bases.

 

 

 En Lugo, 12 de abril  de 2021






No hay comentarios:

Publicar un comentario