27 nov 2019

POESÍA CON HISTORIA

 
 A R.A.G LEMBRA EN PONTEVEDRA A PRIMEIRA COLECCIÓN QUE PUBLICOU EN GALEGO TRAS A GUERRA CIVIL
PONTEVEDRA, VENRES 22 DE NOVEMBRO DE 2019
 
A primeira colección de poesía que acubillou versos en galego tras a guerra civil naceu na Pontevedra de 1949 co nome do pirata da Moureira, Benito Soto. Entre a primavera dese ano e a de 1952 sairían do prelo de Gráficas Torres un total de 15 poemarios, grazas ao entusiasmo do fillo do propietario da imprenta, Sabino Torres (1924-2016), e os seus colegas Emilio Álvarez Negreira (1926-2002) e Manuel Cuña Novás (1926-1992). "A colección Benito Soto inaugurou unha etapa de esperanza para a poesía e para a literatura galega nun contexto histórico moi difícil, en plena ditadura de Franco. Se repasamos os títulos que a integran, vemos autores de enorme significación que son aínda hoxe referencias obrigadas da nosa literatura", salienta o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes. A institución celebrou o venres no Museo de Pontevedra, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, os 70 anos do inicio daquela aventura.
 
FONTE, RAG WEB

No hay comentarios:

Publicar un comentario