12 nov 2019

CIENCIA EN GALEGO




CIENCIA EN GALEGO
NOVEMBRO


A Asemblea Xeral da ONU decidiu declarar 2019 Ano Internacional da Táboa Periódica. De acordo con isto,  Igaciencia (Institución Galega de Ciencia) propón dedicarlle o Mes da Ciencia aos científicos Dmitri Mendeleiev, químico ruso que deseñou a táboa periódica, e Luis Liz Marzán,químico lucense experto en nanopartículas que recibiu en 2018 o Premio Nacional de Investigación.
Por outra banda, por ser tamén para as Nacións Unidas o Ano Internacional das Linguas Indíxenas, Igacienia quere renderlle homenaxe tamén ao lingüista norteamericano Noam Chomsky e ao historiador galego Manuel Murguía, destacado galeguista do século XIX pioneiro en atribuírlle un papel central á lingua na definición da nosa identidade colectiva e autor dunha monumental Historia de Galicia en que se percibe o seu coñecemento da investigación histórica europea do momento, o estudo e análise das fontes documentais e a toma en consideración das achegas de diversas disciplinas como a lingüística, a arqueoloxía, a paleografía ou a epigrafía para o progreso do coñecemento histórico.
Os equipos de dinamización da lingua galega traballan co seu alumnado en diferentes actividades referidas a estes persoeiros e o seu labor ou que se orientan a mostrar o valor da ciencia e da lingua galega para a súa creación e divulgación.


REFERENCIA E MÁIS INFORMACIÓN EN 
LINGUA.GAL

No hay comentarios:

Publicar un comentario