16 abr 2013

OS PERIGOS DA INTERNET

Brenda, alumna de 3º B, quere advertirnos no seguinte artigo dos perigos que supón unha ferramenta tan útil como INTERNET. Se pinchas sobre a palabra poderás obter máis información na rede.

 A Internet, aparte de ter aspectos positivos como atopar rápidamente información, tamén ten perigos. Hoxe vou falar dos 6 principais:
MALWARE: O obxectivo deste tipo de aplicacións é danar a computadora. Na maioría dos casos, a infección ocorre por “errores” cometidos polos usuarios, ao ser engañados polo atacante. Existen moitas ferramentas: antivirus, gusanos, troyanos, etc.
SPAM: É o fenómeno “correo basura”. Son aquelas mensaxes que non foron solicitadas polos usuarios e que chegan á bandexa de entrada. Normalmente este tipo de correos conteñen propagandas –moitas veces engañosas- que incitan ao usuario a ingresar as páxinas, con ofertas milagrosas, cuxo contido é potencialmente dañino para o usuario.
SCAM: Son enganos ou estafas que se levan a cabo a través da Internet. Realízanse de diversas formas, por exemplo, a través de correos non solicitados, que xa mencionei. Outras veces tentan convencer ao usuario da prestación dun servizo, cando en realidade só queren acceder a información confidencial, por exemplo a contraseña e clave das redes sociais.
CIBERACOSO: É unha conducta hostil por Internet ou teléfono móbil, por exemplo hacia os nenos. A vítima é sometida a ameazas e humillacións na web, para atormentalas e desfacelas emocionalmente. O termo ingles é cyberbullying. Pode ser realizado por adultos ou, moi frecuentemente, por adolescentes.
GROAMING: Trátase da persuasión dun adulto a un neno coa finalidade de obter unha conexión emocional e xerar un ambiente de confianza para que o neno realice actividades sexuais. Moitas veces os adultos fanse pasar por nenos da idade da vítima e entablan unha relación para poder chegar a un encontro persoal.
ROUBO DE INFORMACIÓN: Toda a información que viaxa pola web e redes dociais sen as medidas de precaución necesarias, corre o risco de ser interceptada por un terceiro. A información atopada apunta normalmente a datos persoais. Iso pode supor para un menor de idade perda de diñeiro familiar ou roubo de identidade.
Así que, INTERNET sí, pero prestade moita atención aos posibles perigos!

                                                               Brenda Retazzi Ascariz                 3ºB

No hay comentarios:

Publicar un comentario