12 mar 2020

CERTAME DE CONTOS "COMO CHO CONTO"


O EQUIPO DE  DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO DO I.E.S. XOÁN   MONTES CONVOCA O
CERTAME DE CONTOS 

COMO CHO CONTO

Primeira.Poderán participar todos os alumnas e alumnos deste centro.

Segunda.- Os textos terán que ser orixinais, inéditos e en lingua galega. O tema é  libre.  A extensión máxima non excederá de 3 páxinas.

 Terceira.- Cada participante poderá presentar como máximo dous relatos.

Cuarta.- Os textos entregaranse, por  separado, dende o 17 ao  do día 27 de marzo, venres, ás 14:30 hs  na Secretaría do Instituto. Cada  un irá dentro dun sobre grande,  en cuxo exterior figurará, ben  visible, un lema ou pseudónimo, que  en ningún caso coincidirá co nome ou apelidos do autor. No interior deste sobre grande, ademais do texto que se presenta a concurso irá tamén  un sobre  pequeno, en cuxa parte exterior consignarase así mesmo o lema ou pseudónimo antes aludido; no interior deste sobre pequeno irá unha folla cos datos do autor: nome, apelidos, curso e grupo.

Quinta.- PODERÁNSE OUTORGAR ATA 4 PREMIOS.  Estes consistirán  en  vales por  un  importe económico utilizable para  adquirir MATERIAL DIDÁCTICO, , material escolar e funxible ou instrumentos de debuxo e pintura. Tamén será outorgado un diploma.

Sexta.- O fallo do xurado será inapelable. A presentación ao certame presupón a aceptación plena das presentes bases.


 En Lugo, 17 de marzo de 2020
logotipo.JPG



No hay comentarios:

Publicar un comentario