26 sept 2019

DIA DA CIENCIA EN GALEGO



Ciencia en Galego: conferencia de Luís Liz Marzán en Lugo

 
Achégase xa a celebración de Ciencia en Galego. Como podedes ver
en cienciaengalego.org o cartel,  
Aínda que en todas as actividades que desenvolve a asociación ao longo do ano, están sempre presentes o galego e a ciencia, destacamos  especialmente o Día da Ciencia en Galego que vimos celebrando desde o 2010.  

O noso lema é A prol da ciencia galega e do galego na ciencia. O caso é que para desenvolver o obxectivo da asociación de promover o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso, ao tempo que buscamos que se animen, especialmente as rapazas, a facer carreiras científicas, celebramos en novembro o día da ciencia en galego, facendo actividades de diverso tipo.
 
Este ano por ser o Ano Internacional da táboa periódica centraremos as actividades en Mendeleiev e, abrindo o abano á ciencia actual, como científico galego homenaxeamos a Liz Marzán.
Consideramos que o campo no que está a traballar entronca co presente e futuro da xente nova, e que pode ser un referente no que se miren e lles anime a mergullarse no mundo da ciencia, amais de ter en consideración os premios á investigación recibidos.  A boa nova é que teremos o gusto de telo como conferenciante en Lugo, o día 8 de novembro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario