A táboa periódica publícase en
galego cadrando co seu 150 aniversario
Dmitri Mendeleev presentou a súa
táboa periódica en 1869. Cento cincuenta anos despois, aquela primeira achega
pasou de 63 elementos a 118 e traduciuse a moitas linguas, pero ata o momento
non se contaba cunha versión en galego. Desde este xoves xa é posible acceder a
ela grazas á colaboración de distintas institucións. A táboa dos elementos
químicos pode descargarse nesta ligazón e distribuirase en formato físico
entre a comunidade científica e educativa cunha tiraxe de 13.000 exemplares.
A edición da
táboa periódica en galego é froito da colaboración do Consello da Cultura
Galega, o grupo de investigación da USC CienciaNOSA, a Secretaría Xeral de
Política Lingüística, a Real Academia Galega de Ciencias e a propia Real
Academia Galega, que a presentaron onte no marco dunha xornada de conmemoración
do seu 150 aniversario celebrada no Consello da Cultura Galega.
A iniciativa
partiu dos químicos da Universidade de Santiago de Compostela Manuel Bermejo,
Ana González Noya e Marcelino Maneiro, autores do volume Guía dos elementos químicos. Historia, propiedades e
aplicacións. Os tres participaron na presentación xunto ao
presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; a presidenta do CCG, Rosario Álvarez; e
o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García
(FONTE
R.A.G.)
No hay comentarios:
Publicar un comentario