22 abr 2016

AFORRANDO GAÑAMOS TODOS


CERTAME "AFORRANDO GAÑAMOS TODOS"

Alumnado ao que vai dirixido: ESO 
Data límite de entrega de traballos: 30 de maio 
Data inicio control aulas: 2 maio
Data límite control  aulas: 30 de maio
Entrega do premio: 5 DE XUÑO, DÍA DO MEDIOAMBIENTE
Premio: Un único premio para a aula gañadora
Xurado: 4 profesores/as do centro


Elementos que se van valorar:

  • UN LEMA(en galego) PARA O DÍA DO MEDIOAMBIENTE: Valorarase a creatividade, a mensaxe transmitida e a orixinalidade. (Puntuarase ata 5)
  • IDEAS (en galego) PARA CONCIENCIAR E AFORRAR, reciclando, reusando e reducindo, no centro e na casa, para elaborar un plan de acción que se levará a cabo no vindeiro curso. Valorarase a orixinalidade e as posibilidades que teña o proxecto de poñerse en marcha. (Puntuarase ata 10)
  • AFORRO NA AULA e, xa postos, limpeza e orden: Valorarase   cada un dos seguintes aparados:
1.     Luces (2 controis diarios: un ao rematar a xornada e outro a unha hora non fixa ao longo da mañá)
2.     Ordenador e pantalla (Ao rematar a xornada e/ou no recreo… Avisade ao profe!!!)
3.     Limpeza (ao rematar a xornada)

Este apartado terá unha puntuación máxima global de 20 puntos.


Os venres, durante o recreo, exporase na pantalla do corredor da planta baixa o rexistro semanal por aula.





No hay comentarios:

Publicar un comentario