Somos tres, Brenda Retazzi de 3º B, Natalia Seoane de 2º-B e
Lucía Fernández de 3º-A.
Somos as alumnas mediadoras do IES XOÁN MONTES. Levamos dous anos formándonos para poder
mediar en conflitos. A nosa mediación é voluntaria, confidencial e está baseada
no diálogo.
O proceso de mediación supón varias fases:
Na fase previa créanse as condicións que
facilitan o acceso á mediación. Nela fálase coas partes por separado, explícase
o proceso a seguir e solicítase o seu consentimento para acudir a premediación.
Os mediadores debemos, en todo momento, mostrar interés e
neutralide con unha escoita activa. Para iso aclaramos, parafraseamos,
relectimos e resumimos.
O da escoita activa debe ser explicado un pouco mellor, porque nela distínguense cinco técnicas:
· Amosar interere: non estar dacordo nen en desacordo, empregando para elo palabras neutrais.
· Clarificar: aclarar o dito e obter máis información.
· Parafrasear: demostrar que estamos comprendendo o que pasa, repetindo as ideas e feitos básicos.
· Reflectir: axudar a que a outra persoa sexa máis consciente do que sinte.
· Resumir: xuntar feitos e ideas importantes repetindo as ideas principais.
Despois disto hai que intentar aclarar o problema e propor solucións chegando a un acordo, avaliando as propostas, vantaxes e dificultades de ambas
partes en conflito.
Os estilos de afrontamento do conflito son catro:
· Competición: Eu gaño/ti perdes.· Cooperación: Ti gañas/eu gaño.
· Evasión: Eu perdo/ti perdes.
· Acomodación: Eu perdo/ti gañas.
O vindeiro curso temos pensado crear un blog, para que tanto
profesores/as como alumnos/as poidan plantexarnos os seus problemas e nós
poidamos axudalos.
Natalia
Seoane, 2º ESO-B
No hay comentarios:
Publicar un comentario