26 sept 2019

DIA DA CIENCIA EN GALEGO



Ciencia en Galego: conferencia de Luís Liz Marzán en Lugo

 
Achégase xa a celebración de Ciencia en Galego. Como podedes ver
en cienciaengalego.org o cartel,  
Aínda que en todas as actividades que desenvolve a asociación ao longo do ano, están sempre presentes o galego e a ciencia, destacamos  especialmente o Día da Ciencia en Galego que vimos celebrando desde o 2010.  

O noso lema é A prol da ciencia galega e do galego na ciencia. O caso é que para desenvolver o obxectivo da asociación de promover o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso, ao tempo que buscamos que se animen, especialmente as rapazas, a facer carreiras científicas, celebramos en novembro o día da ciencia en galego, facendo actividades de diverso tipo.
 
Este ano por ser o Ano Internacional da táboa periódica centraremos as actividades en Mendeleiev e, abrindo o abano á ciencia actual, como científico galego homenaxeamos a Liz Marzán.
Consideramos que o campo no que está a traballar entronca co presente e futuro da xente nova, e que pode ser un referente no que se miren e lles anime a mergullarse no mundo da ciencia, amais de ter en consideración os premios á investigación recibidos.  A boa nova é que teremos o gusto de telo como conferenciante en Lugo, o día 8 de novembro.


23 sept 2019

BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 
2019-2020



XA ESTAMOS DE VOLTA!!!



NOVO EQUIPO EDLG!!!  ÁNIMO RENOVADO!!

Composicion do Equipo de Dinamización da Lingua Galega
Curso 2019-20

PROFESORADO
Consuelo Burgo Fernández
Ana Rico Gómez
Anxos Vidal Suárez
América  García Fernández

ALUMNADO

+

PERSONAL NON DOCENTE


Fabio Gacio Iglesias



COORDINADOR
Enrique-Luís Sánchez Arias
(Queque)




        DÍA EUROPEO DAS LINGUAS




Por iniciativa do Consello de Europa, desde o ano 2001 celébrase o Día Europeo das Linguas para poñer en valor a diversidade lingüística da UE e para promover a aprendizaxe de idiomas entre a cidadanía do Vello Continente. 
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, súmase a esta festa que, cada 26 de setembro, nos lembra a importancia e mais a necesidade de preservar e fomentar a rica diversidade cultural e lingüística de Europa, así como de incrementar o grao de entendemento intercultural e lingüístico a través do impulso da aprendizaxe de linguas.
Este ano, Política Lingüística celebra esta data en colaboración co Instituto Camões de Vigo, en cuxa sede terá lugar un concerto multilingüe a cargo de Carolina Rubirosa, compoñente do grupo The Funkles, acompañada polo guitarrista Rafael Otero.
Ademais, para posibilitar que toda a cidadanía poida celebrar o Día Europeo das Linguas, desde esta páxina pódese acceder aos recursos elaborados polos equipos de dinamización da lingua galega e mais aos materiais que ofrece o Consello de Europa.
Obxectivos da celebración
Os obxectivos xerais do Día Europeo das Linguas son:
  • Destacar a importancia da aprendizaxe de linguas e diversificar a variedade de idiomas que se aprenden co obxectivo de incrementar o plurilingüismo e a comunicación intercultural.
  • Promover a riqueza da diversidade lingüística e cultural de Europa, que debemos preservar e potenciar.
  • Promover a aprendizaxe permanente de linguas tanto dentro como fóra dos centros educativos.

Diversidade lingüística en Europa
  • En todo o continente europeo existen arredor de 200 linguas nativas.
  • A Unión Europea é a institución do mundo máis plurilingüe ao recoñecer 24 linguas oficiais, ás que cómpre sumar arredor de 60 linguas denominadas rexionais ou minoritarias.
  • Por outra banda, no territorio da Unión fálanse algo máis de 100 linguas procedentes doutros continentes do mundo que usan a diario persoas inmigrantes.

(FONTE SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA)



19 jun 2019


DESPEDIDA E PECHE...TEMPORAL...!!!
BO DESCANSO, BOAS VACACIÓNS, GRAZAS E
SAÚDE!!!

DISCURSOS DE GRADUACIÓN
MAIO, 2019
LUGO
                    2º BAC A
En primeiro lugar dar as grazas ao equipo directivo do Centro, a todos os departamentos, ao profesorado que fixo posible que chegaramos ata aquí, a todas as persoas que fan que esteamos cómodos no centro día tras día, e atodos os compañeiros que organizaron e decoraron este lugar un día tan importante como hoxe.
       Este día supón o fin dunha etapa escolar moi moi longa, e quería facer unha mención especial a todos aqueles profesores ou profesoras que nos achegaron os seus coñecementos dunha maneira amena (as veces non tanto) e que lles apasiona o seu traballo. Apoiáronnos cando choramos cando non sabiamos que facer, cando pensábamos que non dábamos para máis, eles estaban aí, non lless importaba perder parte das súas clases para darnos unha charla que nos motivase e calmase, e que na maior parte das veces funcionaba.
       Eles víronnos medrar e medrar. Chegamos aquí con 12 anos, pensando que eramos moi maiores, pero aínda así atopámonos cun lugar que nos viña grande.
       Lembro como o último día de clase unha profesora díxome “cando vos ides, unha parte de min vaise tamén”, poi hoxe, unha parte de min quédase aquí con vós. Grazas, sen vós esto tampoco sería posible.
       E por outro lado están os compañeiros. Moitos de nós levamos xuntos como mínimo 6 anos, vémonos todos os día e estamos máis tempo xuntos que coas nosas familias.
       Neste tempo aprendemos moito mos uns dos outros, aprendemos a escoitarnos, a respetarnos a dialogar, a querernos. Moitas veces as cousas solucionáronse a berros e enfados, o paro inda así aos cinco minutos estabamos rindonos. Non sei se falo en nome de todos pero polo menos a min non me disgustaba a idea de vir ás nove da mañá a clase se estabades vós.
       Logo están as persoas que levan aquí dous anos pero moitos foron como se levasen aquí toda a vida. Estes dous anos coñecemos a xente impresionante, que nos fixo rir e chorar, fixemos moi bos amigos e espero que o sigan a ser moitos anos máis. Disfrutamos da vosa compañía, disfrutamos das excursións, das que nos levamos moitos recordos moi bonitos, e disfrutamos tamén doutros recordos que fomos formando todos nós fóra do ámbito educativo, porque ao fin e o cabo o importante non é levarnos ben aquí, senón sobrepasar ese límite e crear amizades fortes. É difícil facer este discurso en nome de todos porque gustaríame falar de todas as persoas ás que quero e que estades aquí sentadas, pero todo non se pode.
       Lembro un día no que unha compañeira e amiga miña dixo que, hoxe á noite cando rematemos o postre e os profesores se vaian para a súa casa todo rematará! Non paro de pensar nesa frase nese momento de dentro dunhas horas. Intento autoconvencerme de que non será un adeus definitivo a todo isto e a todos vós. Pero hai que ser realistas e para moitos isto si que é un adeus. Espero que todos nos levemos amizades e recordos que duren toda a vida e espero que non perdamos o contacto coas persoas que realmente nos importan e que acompáñanos hoxe e todos os días durante moitos anos.
       Quen sabe qué será de nós dentro de quince anos, nunha destas ceas de alumnos, cando moitos teñan fillos ou estean casados, as vidas na outra punta do país ou do mundo e recordemos todas as cousas que fixemos xuntos.
       Espero que esta tarde e hoxe a noite non sexa o noso último día nin a nosa última festa porque creo que os sentimentos que hai hoxe aquí son moito máis forte que uha simple relación de compañeiros de clase.
       E para rematar só quero que saibades que estou moi orgullosa do que somos e do que cheguemos a ser, sexa cal sexa a nosa situación hoxe
       Moitas grazas a todos os profesores e a pais, irmáns e demais persoas por vir.
       Perdón por non expresar ben con palabras o que sinto...pero quero dicirvos tanto, que non vos digo nada, quérovos.

ALUMNA DE 2º DE BAC DO IES XOÁN MONTES DE LUGO


2º BAC B

       Profesores, familiares, compañeiros, amigos e invitados; boas tardes. É unha honra para min, como delegado, poder representar aos alumnos da clase de 2º BAC B da promoción 2018/2019, a cual, sen dúbida algunha é e será a mellor promoción de todo o instituto.
       Hai que ver como pasa o tempo, para algúns son 6 anos os que levan neste instituto, para outros 2 anos, pero todos nos temos cousas en común; que son o traballo duro e a dedicación que tivemos nestes anos no instituto Xoán Montes. Durante todos este anos fumos acumulando experiencias, momentos xeniais nas clases, recordos. Cada un de nós deixou a súa propia marca, ben sexa por unha presentación nunha clase, por unhar esposta que deu a algún profesor, por esa nota que sacou nunha asignatura, ou o máis importante, a pegada que nos deixamos uns a outros, simplemente polo feito de coñecernos, e como o feito de coñecer a unas persoas en poucos anos, fai que nunca os esquezas e que os levas sempre contigo.
       Deixamos atrás grandes momentos compartidos pero cómpre destacar as excursións a Londres, Roma, Berlín e Florencia. A excursión a Berlín foi sen dúbida unha experiencia inesquecible. Alí coñecimos a Edi, vos acordades? Ese guía turístico que nos acompañou na nosa estancia en Berlín. Recordades o último día da excursión que fumos nun barco turístico, e todos, pero cando digo todos, son todos, íamos durmindo e o pobre guía turístico que estaba falando non lle facíamos nin caso; podía dicirnos que o mundo ía acabar o día seguinte, e todos nos seguiríamos durmindo.
       E bueno non podemos esquecernos dos profesores e as vosas clases. Antes de nada agradecervos a vosa axuda cando alguén a necesitaba e moitas grazas por estes anos que estivemos no centro. Que decir de Mari Fe, a titora de 2º BAC B; nunca esqueceremos cando entraches na clase un luns a tarde e dixeche: sepáranse, e todos empezamonos a mirar uns a outros sen saber o que estaba a pasar. Marta, profesora de galego, dime unha cousa: Eva é con “e” aberto ou “e” pechado. David Vale, en ningunha clase o pasamos tan ben como na túa e esperamos verte de festa algún día e nos invites a algunha consumición. Xusto, que ademáis de ensinarnos filosofía, mostrounos tamén a súa obsesión cas mesas. Meri, bueno nenos antes de seguir facemos un kit-kat. Queque, nunca esqueceremos as túas clases de relixión e ese sonido tan característico que che facía especial (ieeee). María, profesora de educación física, que saibas que fartámonos de correr a muralla. Mila, grazas a ti adquirimos cultura musical pero os vídeos que poñías eran un coñazo e non sabemos como non te aburrías de ver sempre o mesmo. Cuca e Veiga, ambos profesores de inglés que nos serviron para darnos conta de que unha materia pódese darse de dúas formas distintas. Beatriz, nunca se nos vai esquecer o que é un balance, e estamos agradecidos polas piruletas, pins e bolígrafos que nos deches. Marcelino, grazas a ti e as túas clases poderemos estudar unha carreira de matemáticas. Gerardo, profesor de tic e tecnoloxía, aínda non sabe os nosos nomes.Anxos, que ten unha relación moi cercana cos seus alumnos. Ana Rico a túa metodoloxía de ensinanza é moi boa e aprender contigo era moi sinxelo.Rafa, as túas clases tentaban ó sono, e Diego Gallego quere darche unhaaperta. Santos: “la vie est belle”; como podes ver sei francés e iso que non collín a túa asignatura. A parte de estes profesores, tamén están os de ciencias ou outras materias, que por sorte ou por desgracia non nos deron clase a algunhos, pero aínda así queremos darvos as grazas pola vosa cordialidade polos pasillos.
       Todo isto non sería posible sen o personal que traballa no centro, con isto refírome os conserxes, ou a xente que se encarga de que todas as instalacións do centro estén en perfectas condicións, para que se poida facer un uso adecuada de estas.
       Debemos dedicar este triunfo a nosa familia e principalmente aos nosos pais, xa que se non fora por eles, non estaríamos aquí. Eles son os principais responsables dos nosos logros, porque son aqueles que sempre están ao noso carón para que demos o mellor de nos mesmos. Debemos estar sempre agradecidos con eles e sentirnos afortunados de ter unha familia que nos apoia e se preocupa por nos, porque nunca nos van fallar e a pesar de todo, sempre nos van a desexar o mellor para as nosas vidas e teñamos o mellor futuro posible.
       Debemos sentirnos orgullosos de nos mesmos por dar finalizada unha das mellores etapas da nosa vida. Agora queda prepararnos porque o que se ven non será fácil; vámonos a enfrontar á vida, vamos a encontrarnos con moitos obstáculos e imos a tropezar no  camiño. Pero está en nos superar esos obstáculos, e con esforzo e dedicación estou seguro de que todos os superaremos. E non vos veñades abaixo se fracasades, xa que o fracaso non é unha derrota, senón que é algo novo que nos servirá para ser máis fortes.
       Bueno, chega o momento de dicir adiós ao bacharaleto, chega o momento de comezar unha nova etapa, mirar e ir cara adiante, pero eso si, sen olvidar o pasado. Por último estamos moi agradecidos de que o último ano de Mari Fe fose como titora de 2ª BAC B, por iso en nome de todo o alumnado queremos darche as grazas polos teus anos na ensinanza, por apoiarnos e axudarnos. Desexamos que a partir de hoxe a túa vida esté chea de moita felicidade, saúde e prosperidade.
       Moitas grazas a todos por estar neste acto tan especial, unha aperta moi forte e daros a noraboa a todos, que nolo merecemos.
GRAZAS E BOAS TARDES.


 ALUMNO DE 2º DE BAC DO IES XOÁN MONTES DE LUGO



21 may 2019

LETRAS GALEGAS

CO GALLO DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS,  DO 13 AO  16 DE MAIO,  O NOSO CENTRO LEVOU  A CABO VARIAS ACTIVIDADES CO ALUMNADO...
CONFERENCIAS, ENTREGA DE PREMIOS...
MÁIS INFORMACIÓN EN BREVE NA NOSA REVISTA
"A SOMBRA DA MURALLA"

11 abr 2019

CERTAMES LETRAS GALEGAS 2019


IES XOÁN MONTES
CERTAMES LETRAS GALEGAS 2019


O Departamento  de  Lingua e galega E Literatura  e o Equipo de  Dinamización da Lingua galega do do I.E.S. Xoán   Montes convocan un  CERTAME DE NARRATIVA, POESÍA,  TEATRO e ENCRUCILLADAS (INCLÚE SOPAS DE LETRAS E AUTODEFINIDOS),   rexido polas  seguintes  BASES:

Primeira.- Poderán participar todos os alumnos e alumnos deste centro.

Segunda.- Os textos terán que ser orixinais, inéditos e en lingua galega. O tema é  libre.  A extensión deberá ser de entre dúas e cinco páxinas, formato A4, mecanografadas, con letra Times Roman en corpo 12 con interliñado de 1,5.

 Terceira.- Cada participante poderá presentar como máximo dous  TRABALLOS  EN CADA ESPECIALIDADE

Cuarta.- Os textos entregaranse, por  separado, antes do día 6 de maio, LUNS, ata as 14:30., na Secretaría do Instituto. Cada  un irá dentro dun sobre grande,  en cuxo exterior figurará, ben  visible, un lema ou pseudónimo, que  en ningún caso coincidirá co nome ou apelidos do autor. No interior deste sobre grande, ademais do poema que se presenta a concurso irá tamén  un sobre  pequeno, en cuxa parte exterior consignarase así mesmo o lema ou pseudónimo antes aludido; no interior deste sobre pequeno irá unha folla cos datos do autor: nome, apelidos, curso e grupo.

Quinta.- Establécense  edúas  categorías : 1º, 2º e 3ºda ESO,  e 4º  da ESO  e  Bacharelato. En cada categoría poderán adxudicarse ata  tres premios. Estes consistirán  en  vales  por  un  importe económico utilizable para  adquirir libros, material escolar e funxible ou instrumentos de debuxo e pintura. Tamén será outorgado un diploma.

Sexta.- O fallo do xurado será inapelable. A presentación ao certame presupón a aceptación plena das presentes bases.
                                                             En Lugo, 23  de abril de 2019

PROGRAMA LETRAS GALEGAS 2019


IES XOÁN MONTES

 LETRAS GALEGAS, 2019

13 DE MAIO, LUNS
CONFERENCIA SOBRE ANTÓN FRAGUAS

"ANTÓN FRAGUAS E A CIENCIA DO HOME"
1º DE BAC
DE 12   A   12:50
POR MARÍA DEL ROSARIO FERNÁNDEZ GONZÁLEZ
MUSEÓLOGA NO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
XIMNASIO DO CENTRO

14 DE MAIO, MARTES
DE 10:40 A 11:30
1º E 2º DA ESO
CONFERENCIA DO PROFESOR SENÉN OLANO: "HISTORIA DO CÓMIC"
XIMNASIO DO CENTRO

15 DE MAIO, MÉRCORES
DE 12:50 A 13:40
3º E 4º DA ESO
CONFERENCIA DO PROFESOR SENÉN OLANO: "A LINGUAXE CINEMATOGRÁFICA"
XIMNASIO DO CENTRO

16 DE MAIO, XOVES
DE 10:40 A 11:30
XIMNASIO DO CENTRO
ESO E BAC
ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS SEMANA DAS LETRAS GALEGAS E DEMÁIS ACTIVIDADES DO EDLG