BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO
2019-2020
XA ESTAMOS DE VOLTA!!!
NOVO EQUIPO EDLG!!! ÁNIMO RENOVADO!!
Composicion do Equipo de Dinamización da
Lingua Galega
Curso 2019-20
PROFESORADO
Consuelo Burgo
Fernández
Ana Rico Gómez
Anxos Vidal Suárez
América García
Fernández
ALUMNADO
+
PERSONAL NON DOCENTE
Fabio Gacio Iglesias
COORDINADOR
Enrique-Luís Sánchez Arias
(Queque)
(Queque)
DÍA EUROPEO DAS LINGUAS
Por
iniciativa do Consello de Europa, desde o ano 2001 celébrase o Día Europeo das
Linguas para poñer en valor a diversidade lingüística da UE e para promover a
aprendizaxe de idiomas entre a cidadanía do Vello Continente.
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de
Política Lingüística, súmase a esta festa que, cada 26 de setembro, nos lembra
a importancia e mais a necesidade de preservar e fomentar a rica diversidade
cultural e lingüística de Europa, así como de incrementar o grao de
entendemento intercultural e lingüístico a través do impulso da aprendizaxe de
linguas.
Este ano, Política Lingüística celebra esta data en
colaboración co Instituto Camões de Vigo, en cuxa sede terá lugar un concerto
multilingüe a cargo de Carolina Rubirosa, compoñente do grupo The Funkles,
acompañada polo guitarrista Rafael Otero.
Ademais, para posibilitar que toda a cidadanía poida
celebrar o Día Europeo das Linguas, desde esta páxina pódese acceder aos
recursos elaborados polos equipos de dinamización da lingua galega e mais aos
materiais que ofrece o Consello de Europa.
Obxectivos da celebración
Os obxectivos xerais do Día Europeo das Linguas son:
- Destacar a importancia da aprendizaxe de linguas e diversificar a variedade
de idiomas que se aprenden co obxectivo de incrementar o plurilingüismo e
a comunicación intercultural.
- Promover a riqueza da diversidade lingüística e cultural de Europa,
que debemos preservar e potenciar.
- Promover a aprendizaxe permanente de linguas tanto dentro como fóra
dos centros educativos.
Diversidade lingüística en Europa
- En todo o continente europeo existen arredor de 200 linguas nativas.
- A Unión Europea é a institución do mundo máis plurilingüe ao recoñecer
24 linguas oficiais, ás que cómpre sumar arredor de 60 linguas denominadas
rexionais ou minoritarias.
- Por outra banda, no territorio da Unión fálanse algo máis de 100
linguas procedentes doutros continentes do mundo que usan a diario persoas
inmigrantes.
(FONTE SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA)
No hay comentarios:
Publicar un comentario