Mostrando entradas con la etiqueta LETRAS GALEGAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LETRAS GALEGAS. Mostrar todas las entradas

30 ene 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Como xa todos sabedes, hogano adícaselle o Día das Letras Galegas a Roberto Vildal Bolaño, dramaturgo, actor, director, guionista…Ou, como deixou dito, “Eu son un home … que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas”.

Para axudar a coñecelo un pouco mellor, o EDL quere elaborar actividades para colgar no blog. Poden ser actividades de Quiz Revolution, Hot Potatoes, etc. Na páxina da Asociación Roberto Vidal Bolaño, creada para poñer en valor a obra deste autor, podedes, por exemplo,  atopar a información necesaria para face-la actividade.