DESPEDIDA E
PECHE...TEMPORAL...!!!
BO DESCANSO, BOAS
VACACIÓNS, GRAZAS E
SAÚDE!!!
DISCURSOS DE GRADUACIÓN
MAIO, 2019
LUGO
2º BAC A
En primeiro lugar dar as
grazas ao equipo directivo do Centro, a todos os departamentos, ao profesorado
que fixo posible que chegaramos ata aquí, a todas as persoas que fan que
esteamos cómodos no centro día tras día, e atodos os compañeiros que
organizaron e decoraron este lugar un día tan importante como hoxe.
Este día supón o fin dunha etapa escolar moi moi longa, e
quería facer unha mención especial a todos aqueles profesores ou profesoras que
nos achegaron os seus coñecementos dunha maneira amena (as veces non tanto) e
que lles apasiona o seu traballo. Apoiáronnos cando choramos cando non sabiamos
que facer, cando pensábamos que non dábamos para máis, eles estaban aí, non
lless importaba perder parte das súas clases para darnos unha charla que nos
motivase e calmase, e que na maior parte das veces funcionaba.
Eles víronnos medrar e medrar. Chegamos aquí con 12 anos,
pensando que eramos moi maiores, pero aínda así atopámonos cun lugar que nos
viña grande.
Lembro como o último día de clase unha profesora díxome “cando
vos ides, unha parte de min vaise tamén”, poi hoxe, unha parte de min quédase
aquí con vós. Grazas, sen vós esto tampoco sería posible.
E por outro lado están os compañeiros. Moitos de nós levamos
xuntos como mínimo 6 anos, vémonos todos os día e estamos máis tempo xuntos que
coas nosas familias.
Neste tempo aprendemos moito mos uns dos outros, aprendemos a
escoitarnos, a respetarnos a dialogar, a querernos. Moitas veces as cousas
solucionáronse a berros e enfados, o paro inda así aos cinco minutos estabamos
rindonos. Non sei se falo en nome de todos pero polo menos a min non me
disgustaba a idea de vir ás nove da mañá a clase se estabades vós.
Logo están as persoas que levan aquí dous anos pero moitos
foron como se levasen aquí toda a vida. Estes dous anos coñecemos a xente
impresionante, que nos fixo rir e chorar, fixemos moi bos amigos e espero que o
sigan a ser moitos anos máis. Disfrutamos da vosa compañía, disfrutamos das
excursións, das que nos levamos moitos recordos moi bonitos, e disfrutamos
tamén doutros recordos que fomos formando todos nós fóra do ámbito educativo,
porque ao fin e o cabo o importante non é levarnos ben aquí, senón sobrepasar
ese límite e crear amizades fortes. É difícil facer este discurso en nome de
todos porque gustaríame falar de todas as persoas ás que quero e que estades
aquí sentadas, pero todo non se pode.
Lembro un día no que unha compañeira e amiga miña dixo que,
hoxe á noite cando rematemos o postre e os profesores se vaian para a súa casa
todo rematará! Non paro de pensar nesa frase nese momento de dentro dunhas
horas. Intento autoconvencerme de que non será un adeus definitivo a todo isto
e a todos vós. Pero hai que ser realistas e para moitos isto si que é un adeus.
Espero que todos nos levemos amizades e recordos que duren toda a vida e espero
que non perdamos o contacto coas persoas que realmente nos importan e que
acompáñanos hoxe e todos os días durante moitos anos.
Quen sabe qué será de nós dentro de quince anos, nunha destas
ceas de alumnos, cando moitos teñan fillos ou estean casados, as vidas na outra
punta do país ou do mundo e recordemos todas as cousas que fixemos xuntos.
Espero que esta tarde e hoxe a noite non sexa o noso último
día nin a nosa última festa porque creo que os sentimentos que hai hoxe aquí
son moito máis forte que uha simple relación de compañeiros de clase.
E para rematar só quero que saibades que estou moi orgullosa
do que somos e do que cheguemos a ser, sexa cal sexa a nosa situación hoxe
Moitas grazas a todos os profesores e a pais, irmáns e demais
persoas por vir.
Perdón por non expresar ben con palabras o que sinto...pero quero
dicirvos tanto, que non vos digo nada, quérovos.
ALUMNA DE 2º DE BAC DO IES XOÁN MONTES DE LUGO
2º BAC B
Profesores,
familiares, compañeiros, amigos e invitados; boas tardes. É unha honra para
min, como delegado, poder representar aos alumnos da clase de 2º BAC B da
promoción 2018/2019, a cual, sen dúbida algunha é e será a mellor promoción de
todo o instituto.
Hai
que ver como pasa o tempo, para algúns son 6 anos os que levan neste instituto,
para outros 2 anos, pero todos nos temos cousas en común; que son o traballo
duro e a dedicación que tivemos nestes anos no instituto Xoán Montes. Durante
todos este anos fumos acumulando experiencias, momentos xeniais nas clases,
recordos. Cada un de nós deixou a súa propia marca, ben sexa por unha
presentación nunha clase, por unhar esposta que deu a algún profesor, por esa
nota que sacou nunha asignatura, ou o máis importante, a pegada que nos
deixamos uns a outros, simplemente polo feito de coñecernos, e como o feito de
coñecer a unas persoas en poucos anos, fai que nunca os esquezas e que os levas
sempre contigo.
Deixamos
atrás grandes momentos compartidos pero cómpre destacar as excursións a
Londres, Roma, Berlín e Florencia. A excursión a Berlín foi sen dúbida unha
experiencia inesquecible. Alí coñecimos a Edi, vos acordades? Ese guía
turístico que nos acompañou na nosa estancia en Berlín. Recordades o último día
da excursión que fumos nun barco turístico, e todos, pero cando digo todos, son
todos, íamos durmindo e o pobre guía turístico que estaba falando non lle
facíamos nin caso; podía dicirnos que o mundo ía acabar o día seguinte, e todos
nos seguiríamos durmindo.
E
bueno non podemos esquecernos dos profesores e as vosas clases. Antes de nada
agradecervos a vosa axuda cando alguén a necesitaba e moitas grazas por estes
anos que estivemos no centro. Que decir de Mari Fe, a titora de 2º BAC B; nunca
esqueceremos cando entraches na clase un luns a tarde e dixeche: sepáranse, e
todos empezamonos a mirar uns a outros sen saber o que estaba a pasar. Marta,
profesora de galego, dime unha cousa: Eva é con “e” aberto ou “e” pechado.
David Vale, en ningunha clase o pasamos tan ben como na túa e esperamos verte
de festa algún día e nos invites a algunha consumición. Xusto, que ademáis de
ensinarnos filosofía, mostrounos tamén a súa obsesión cas mesas. Meri, bueno
nenos antes de seguir facemos un kit-kat. Queque, nunca esqueceremos as túas
clases de relixión e ese sonido tan característico que che facía especial
(ieeee). María, profesora de educación física, que saibas que fartámonos de
correr a muralla. Mila, grazas a ti adquirimos cultura musical pero os vídeos
que poñías eran un coñazo e non sabemos como non te aburrías de ver sempre o
mesmo. Cuca e Veiga, ambos profesores de inglés que nos serviron para darnos
conta de que unha materia pódese darse de dúas formas distintas. Beatriz, nunca
se nos vai esquecer o que é un balance, e estamos agradecidos polas piruletas,
pins e bolígrafos que nos deches. Marcelino, grazas a ti e as túas clases
poderemos estudar unha carreira de matemáticas. Gerardo, profesor de tic e
tecnoloxía, aínda non sabe os nosos nomes.Anxos, que ten
unha relación moi cercana cos seus alumnos. Ana Rico a túa metodoloxía de
ensinanza é moi boa e aprender contigo era moi sinxelo.Rafa, as túas clases
tentaban ó sono, e Diego Gallego quere darche unhaaperta. Santos: “la vie est
belle”; como podes ver sei francés e iso que non collín a túa asignatura. A
parte de estes profesores, tamén están os de ciencias ou outras materias, que
por sorte ou por desgracia non nos deron clase a algunhos, pero aínda así
queremos darvos as grazas pola vosa cordialidade polos pasillos.
Todo
isto non sería posible sen o personal que traballa no centro, con isto refírome
os conserxes, ou a xente que se encarga de que todas as instalacións do centro
estén en perfectas condicións, para que se poida facer un uso adecuada de
estas.
Debemos
dedicar este triunfo a nosa familia e principalmente aos nosos pais, xa que se
non fora por eles, non estaríamos aquí. Eles son os principais responsables dos
nosos logros, porque son aqueles que sempre están ao noso carón para que demos
o mellor de nos mesmos. Debemos estar sempre agradecidos con eles e sentirnos
afortunados de ter unha familia que nos apoia e se preocupa por nos, porque
nunca nos van fallar e a pesar de todo, sempre nos van a desexar o mellor para
as nosas vidas e teñamos o mellor futuro posible.
Debemos
sentirnos orgullosos de nos mesmos por dar finalizada unha das mellores etapas
da nosa vida. Agora queda prepararnos porque o que se ven non será fácil;
vámonos a enfrontar á vida, vamos a encontrarnos con moitos obstáculos e imos a
tropezar no camiño. Pero está en nos
superar esos obstáculos, e con esforzo e dedicación estou seguro de que todos
os superaremos. E non vos veñades abaixo se fracasades, xa que o fracaso non é
unha derrota, senón que é algo novo que nos servirá para ser máis fortes.
Bueno,
chega o momento de dicir adiós ao bacharaleto, chega o momento de comezar unha
nova etapa, mirar e ir cara adiante, pero eso si, sen olvidar o pasado. Por
último estamos moi agradecidos de que o último ano de Mari Fe fose como titora
de 2ª BAC B, por iso en nome de todo o alumnado queremos darche as grazas polos
teus anos na ensinanza, por apoiarnos e axudarnos. Desexamos que a partir de
hoxe a túa vida esté chea de moita felicidade, saúde e prosperidade.
Moitas
grazas a todos por estar neste acto tan especial, unha aperta moi forte e daros
a noraboa a todos, que nolo merecemos.
GRAZAS E BOAS TARDES.
ALUMNO DE 2º DE BAC DO IES XOÁN MONTES DE LUGO
No hay comentarios:
Publicar un comentario