Ciencia
en Galego: conferencia de Luís Liz Marzán en Lugo
Achégase
xa a celebración de Ciencia en Galego. Como podedes ver
en cienciaengalego.org o
cartel,
Aínda
que en todas as actividades que desenvolve a asociación ao longo do
ano, están sempre presentes o galego e a ciencia, destacamos especialmente
o Día da Ciencia en Galego que vimos celebrando desde o 2010.
O noso lema é A
prol da ciencia galega e do galego na ciencia. O
caso é que para desenvolver o obxectivo da asociación de promover o
interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso,
ao tempo que buscamos que se animen, especialmente as rapazas, a
facer carreiras científicas, celebramos en novembro o día da
ciencia en galego, facendo actividades de diverso tipo.
Este
ano por ser o Ano Internacional da táboa periódica centraremos as
actividades en Mendeleiev e, abrindo o abano á ciencia actual, como
científico galego homenaxeamos a Liz Marzán.
Consideramos
que o campo no que está a traballar entronca co presente e futuro da
xente nova, e que pode ser un referente no que se miren e lles anime
a mergullarse no mundo da ciencia, amais de ter en consideración os
premios á investigación recibidos. A boa nova é que teremos
o gusto de telo como conferenciante en Lugo, o día 8 de novembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario