O libro de artista é, en si mesmo, unha obra de arte que pode ter forma de libro ou de libreta de debuxo e pintura. Non hai unha forma nin un criterio concreto; cada libro de artista é coma o artista que o fai quere que sexa.
Ao longo da historia recente da arte, da arte moderna e contemporánea, moitos artistas, coñecidos ou non, gustaron de facer libros de artista, onde ían plasmando ideas segundo aparecían, ou debuxos e apuntamentos do natural das súas viaxes.
Un libro de artista tamén pode ser un libro ilustrado, con textos (propios ou de outro autor) e debuxos inspirados neles.
Aquí podedes ver algúns exemplos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario