Unha das moitas actividades feitas para obter cartos para a excursión de 4º ESO de este curso consistiu na venda de camisetas cun debuxo alusivo á excursión. As profesoras responsables da organización e desenvolvemento das actividades (a vicedirectora, Ana Mª Cadórniga – Cuca - e a secretaria do centro, María Rancaño) propuxeron a organización dun concurso de deseño para elixir o mellor debuxo para ilustrar a viaxe deste curso. Este foi o resultado.
Eu, como profesor de Plástica, propuxen aos meus alumnos de 3º e 4º o exercicio do debuxo para a camiseta.
Despois da deliberación do xurado, foi elixido como deseño ganador o de Lúa Muíño Rega, de 4º ESO B. Aquí tedes o debuxo base, o debuxo coloreado e a camiseta estampada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario